miércoles, 20 de junio de 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

E xa está aquí a nova guía de lecturas con recomendacións para ler no verán.
Preme aquí

TONO CAMPOS, UN CAMPIÓN NA BIBLIO

A semana pasada visitounos Tono Campos, piragüista e gañador de moitos campionatos de Europa e do Mundo. O alumnado dende 3º ata 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de coñecelo e mesmo de facerlle unha entrevista na nosa radio escolar. Explicoulles as diferentes modalidades dentro do deporte do piragüismo e os materiais que empregan nelas. Animou sobretodo aos rapaces e rapazas a probar e practicar este deporte agora que comeza o verán e o bo tempo.




martes, 19 de junio de 2018

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Para rematar estes últimos días de curso, os Padriños e madriñas lectoras acudiron aos recunchos de Educación Infantil para lerlles contos aos seus afillados e afilladas. Pasaron unha sesión divertida escoitando aos mais maiores do cole: os voluntarios de 6º que ensaiaron durante toda a semana pasada as lecturas, as entoacións, os xestos e sobretodo aprenderon a facer partícipes aos pequenos dos seus contos. Grazas axudantes de biblio! Sodes estupend@s.



lunes, 18 de junio de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS EN INFANTIL

Hoxe os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria foron visitar as aulas de Educación Infantil para ensinarlles a facer marcalibros con material de refugallo. Traballo en equipo e aprendizaxe-servizo como metodoloxía de ensinanza coordinado por unha mestra do Equipo de biblioteca e a colaboración das titoras de Educación Infantil. Boa combinación, bos resultados.
  A principios do vindeiro curso os novos axudantes de biblioteca ensinarán a estes pequenos e pequenas o seu uso na biblioteca.

viernes, 15 de junio de 2018

REVISTA ESCOLAR 2018

Recén sacada do forno polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co traballo e colaboración de todo o alumnado do centro dende Infantil ata Primaria publicamos a nova revista escolar.

Recorda que na pestana OS NOSOS TRABALLOS podedes ver mais publicacións do cole.

jueves, 14 de junio de 2018

VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe recibimos no noso centro ao alumnado da Escola Infantil de O Grove. Co fin de familiarizarse coas instalacións, as profes da Escola Infantil acompañaron aos seus pequerrechos na gran aventura de coñecer o que será o seu cole para o vindeiro curso. Primeiro fixeron unha visita guiada co noso Director Ramón e despois coñeceron aos nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, xuntos foron á biblioteca onde os máis maiores do cole tiñan preparada unha sesión de contacontos. De seguro que marcharon contentos e con gañas de empezar con nós en Setembro.
 


miércoles, 13 de junio de 2018

Novo traballo do alumnado para á nosa biblioteca

O alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou un libro informativo sobre as mesturas. Nel aparecen recollidos os experimentos que fixeron no laboratorio coa ficha correspondente de cada un deles e unha fotografía do momento de traballo. Grazas pola vosa aportación ao Proxecto Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía. O documento xa está a vosa disposición no expositor das novidades na biblioteca e na pestana OS NOSOS TRABALLOS.