MEDIO AMBIENTE

RECURSOS PARA O DÍA DO MEDIO AMBIENTE (5 DE XUÑO)

Selección de fondos bibliográficos actualizados aquí.











TABOLEIRO DE RECURSOS E FONDOS DA BIBLIO EN PINTEREST






QUE FACEMOS NO VALLE-INCLÁN?

MURAL ÁRBORE CON ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO (2023)



COCHES DE XOGUETE REUTILIZANDO CARTÓNS E PLÁSTICOS (2023)




PROXECTO HORTO ESCOLAR. 
Proxecto que naceu no curso 2016-2017 co PDI Mans de Terra e continúa a día de hoxe (21-22), baixo a coordinación do Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias. Cada curso ten a súa parcela onde plantan diferentes vexetais: plantas aromáticas, verduras, hortalizas e froitas.

SEPARACIÓN DE RESIDUOS
Todos os residuos xerados no cole sepáranse nos diferentes contedores. Así cada curso nomea uns encargados para recoller o lixo en diferentes papeleiras: para cartón, para plásticos e os restos orgánicos lévanse ao composteiro sito no horto dende 2017.



CAMPAÑA DE MOBILIDADE SOSTIBLE E NON CONTAMINANTE
Unha das actividades dentro do Proxecto Deportivo de Centro é a campaña de mobilidade sostible e non contaminante que se realiza no terceiro trimestre do curso. Consiste en animar ás familias a que acompañen aos seus fillos e fillas ao cole camiñando, en bicicleta, patinete... calquera forma non contaminante. Toda a información no blog do proxecto "Poñémonos en forma". 


Para motivar a campaña fíxose un concurso de mascota e lema. Nesta exposición están os finalistas do concurso e a mascota gañadora: a centola patinadora e o lema gañador: Corre, corre, que chegamos ao cole.



MANUALIDADES CON MATERIAL RECICLADO (2021)


FABRICACIÓN DE MATERIAL EN EDUCACIÓN FÍSICA (2021)
 
Suavibol (Cesta-punta con botellas de plástico)
Deslizamentos (patinando sobre cartóns)

Discos voadores personalizados con cartóns (Frisbee Ultimate)


INSTRUMENTOS NA CLASE DE MÚSICA (2021)

TRABALLOS DE AULA(2021)
Mural de 3º de Educación Primaria

XOGANDO CO ESCORNABOT DA AULA MAKER (2019-2022)

CREACIÓN DE CHAPAS CON MENSAXE DE CONCIENCIACIÓN (2022)

MURAL ÁRBORE CON ROLOS DE PAPEL HIXIÉNICO (2023)






















Ningún comentario:

Publicar un comentario