SEMANA DA PRENSA

A Semana da Prensa na escola é unha conmemoración que aparece no Calendario Escolar de Galicia dende 1989 co fin de integrar os medios de comunicación na aula.

No taboleiro de Pinterest podedes atopar recursos e actividades para traballar na aula:




CURSO 23-24
MURAL "O COLE NA PRENSA NOS 50 ANOS DE HISTORIA"
Mural elaborado polo Equipo de Biblioteca coas noticias que atopamos sobre o cole na prensa.


CURSO 21-22
NOTICIERO EN RADIO V. I.
Os alumnos e alumnas de 4º de Ed. Primaria estiveron redactando noticias na área de Lingua castelá e logo graváronas no estudio de radio co obxectivo de publicalas na Semana da Prensa.
Podes escoitar os episodios no programa de NOTICIAS V. I. 


CURSO 20-21
MULLERES QUE SON NOTICIA


O Equipo de Biblioteca preparou este mural en homenaxe a todas as mulleres que saen na prensa por seren noticia importante e polo valor dos seus logros conmemorando deste xeito dúas datas do noso calendario escolar que coinciden na mesma semana: 8M DÍA DA MULLER E A SEMANA DA PRENSA ( Do 8 ao 12 de Marzo de 2021).

CURSO 19-20
PDI ARDIA 2020
Toda a prensa deportiva nun clic. Preme na imaxe do kiosco.



CURSO 2018-2019
PDI A QUE SABE O MUNDO?
Podes ver novas na prensa relacionadas co mundo da cociña e da alimentación nos seguintes enlaces:
https://elpais.com/tag/alimentacion/a/
https://www.eldiario.es/consumoclaro/comer/
https://www.abc.es/salud/habitos-vida-saludable/alimentacion/

https://gastronomiaycia.republica.com/tag/alimentacion-infantil/




CURSO 2017-2018
PDI EXPERIMENTO V.I.
Este ano propoñemos analizar as novas que aparecen na prensa relacionadas co mundo da ciencia e a tecnoloxía. Preme nas imaxes para ver as noticias de Ciencias.
 

 





CURSO 2016-2017
PDI MANS DE TERRA
Aquí vos deixamos unha lista dos enlaces para que analicedes con detalle as noticias do noso PDI Mans de terra nos diferentes xornais e medios de comunicación:

http://www.todogrove.es/2016/11/26/os-escolares-cambian-os-videoxogos-polo-xergon-no-quinteiro-de-temperan/
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/01/27/poner-tierra-contacto-naturaleza/1612264.html
http://mansdeterra.blogspot.com.es/2017/02/seleccionados-pola-diputacion.html
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2017/02/18/solidaridad-grove-pequenos-india/0003_201702A18C4994.htm
http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2017/01/27/estudiantes-grovenses-ayudan-plantar-semillas/1612266.html




Tamén o noso Proxecto Deportivo ten o seu espazo na prensa:

http://media.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/o-grove/2017/02/25/equipo-profesores-proyecto-colegio-aprende-correr/0003_201702A25C12993.htm



CURSO 2015-2016
PDI VIVIR TOCANDO O MAR
Este ano celebrarase entre os días 7 e 11 de Marzo. Entre as actividades propostas polos equipos de traballo do centro, están:
1. Recoller informacións sobre o proxecto Vivir tocando o mar.
2. Preparar preguntas sobre as actividades para o proxecto.
3. Intercambio de preguntas interclases e responder as doutros grupos.
4. Rolda de prensa.
5. Titulares das noticias sobre o proxecto para o mural da biblio.

Para a elección do título deste mural puxemos o buzón da biblio ao pé deste. Tedes esta semana para deixar as vosas suxerencias. O día 1 de Marzo os coordinadores dos equipos escolleremos un nome de entre todos os participantes.

E xa temos título para o mural da biblio. De entre todos os participantes o escollido foi:
"O eco do mar" , suxerencia do alumno Xurxo de 2º B
 O equipo de axudantes de biblioteca comezou o mural reciclando follas de xornais.

e decorando letras


E o resultado final da portada nas seguintes imaxes:















Ademais tedes a vosa disposición durante todo a semana da prensa nos expositores ao pé do mural, copias dos primeiros xornais en galego grazas á colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega. 





 E coma sempre un espazo destinado a xornais, revistas e libros sobre a prensa.




Ningún comentario:

Publicar un comentario