venres, 26 de marzo de 2021

LEMOS ATA PARA ESPERAR O BUS

 A espera do autobús ás veces faise longa pero os nosos pequerrech@s de Educación Infantil saben moi ben aproveitar o tempo.

Un venres na saída do cole

mércores, 24 de marzo de 2021

NOVO EPISODIO NO ENGLISH PROGRAME EN RADIO V.I.

 


O alumnado de 6º de Educación Primaria fala do seu país no Programa de Inglés que emiten en Radio V.I. No seguinte enlace podedes escoitar a Sabela, Kayla, Diego, Matías e Alejandra falando de España e Galicia e tamén escoitaredes a Sasha falando do seu país de nacemento, Inglaterra.

Enlace a RADIO V.I:  https://www.ivoox.com/about-my-country-audios-mp3_rf_67334391_1.html



luns, 22 de marzo de 2021

OBRA DE TEATRO "O XIGANTE GANDULFO"

 Celebramos o Día do Teatro (27 de Marzo) cunha nova obra titulada "O Xigante Gandulfo". 

Non podemos xuntarnos todos na biblioteca como outros anos, pero o alumnado de 5º A preparou e gravou esta obra para que a poidades ver nas aulas e nas vosas casas.  Disfrutádea!



 

xoves, 18 de marzo de 2021

AUDIOCONTO NA RADIO DE 2º A

 

O alumnado de 2ºA de Educación Primaria realizou un audioconto polo Día dos Dereitos do Consumidor. Podédelo escoitar na nosa canle de RADIO V.I.

mércores, 17 de marzo de 2021

O escornabot vai de compras en Educación Infantil

 Con motivo da conmemoración do 15 de Marzo, Día dos Dereitos do Consumidor, esta semana o alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil estiveron cos escornabots xogando ás tendas en pequenos grupos na biblioteca. Aprenderon a programar o pequeno robot e moito vocabulario relacionado coas tendas e os produtos que podemos mercar nelas. 

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos


luns, 15 de marzo de 2021

CONTACONTOS EN 3 ANOS

 


Hoxe na sesión de biblioteca de 4º de Educación Infantil, ademáis de facer os préstamos de libros, aproveitamos para contarlles o conto de Crispín, el cerdito que lo tenía todo do autor Ted Dewan, traballando deste modo a conmemoración dos Dereitos do Consumidor, educando na nosa obriga de ser consumidores responsables e de valorar as amizades máis ca cantidade de obxectos que temos. Logo falamos do conto e cada un imaxinou que podería facer cunha caixa de cartón baleira coma a de Crispín.

venres, 12 de marzo de 2021

GUÍA DE ORIENTACIÓNS PARA AS FAMILIAS

 


A Deputación de Pontevedra e a Asociación Socio Pedagóxico Galega acaban de editar a guía: A familia, núcleo das primeiras aprendizaxes. Como non temos exemplares para toda a comunidade educativa, o Equipo de Biblioteca decidiu incluíla na mochila viaxeira que todos os nenos e nenas de Primaria levan para a casa. Nesta guía  podedes atopar temas como a motivación, a disciplina, a lectura, as emocións, a xestión de conflitos, e a educación afectivo sexual. Esperamos que sexa do voso interese.

Quedan dous exemplares na biblioteca a disposición dos usuarios.

xoves, 11 de marzo de 2021

SEMANA DA PRENSA E 8 M

 

O Equipo de Biblioteca preparou o mural Mulleres que son noticia para conmemorar o Día da muller (8 de Marzo) e a Semana da prensa (do 8 ao 12 de Marzo). 

Tamén podedes atopar máis recursos para traballar nesta semana no taboleiro de Pinterest e na pestana SEMANA DA PRENSA.

xoves, 4 de marzo de 2021

mércores, 3 de marzo de 2021

ESCORNABOTS MATEMÁTICOS EN 2º PRIMARIA

 

Galería de fotos 

E os escornabots chegaron a 2º de Primaria para repasar a suma. Empregamos o dado dixital on-line para tirar dados e sumar dúas cantidades, despois programar o escornabot para que chegue ao resultado correcto da suma. 

martes, 2 de marzo de 2021

RECURSOS E ACTIVIDADES PARA O DÍA DA MULLER, 8 DE MARZO


 No Equipo de Biblioteca seleccionamos varios recursos que podedes empregar para traballar o Día da Muller:

- Albúm de imaxes dos fondos bibliográficos actualizado.

- Carpeta de recursos atopados en Internet listos para imprimir (Cómic, Xogos de cartas, Libros informativos...)

- Xogo de Mulleres Olímpicas e paraolímpicas para escornabot  composto de plantilla e tarxetas coa información sobre as deportistas. (Podedelo pedir á responsable da biblioteca).

Por outra banda temos en marcha varias ACTIVIDADES:

- Proposta ás familias por Abalar para que nos envíen ao correo biblio@vinclan.com fotos das mulleres facendo deporte co obxectivo de elaborar un vídeo relacionado co Proxecto Ardia 2021 de todas para o 8 de Marzo.

- Exposición Mural na entrada do colexio sobre "Mulleres que son noticia" (Elaborado polo Equipo de biblioteca)

- Exposición de traballos artísticos do alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria "Retratos de mulleres importantes".

Na pestana MULLER atoparedes as actividades feitas en cursos anteriores.


luns, 1 de marzo de 2021

Ciencias Divertidas en 6º Primaria

 

GALERÍA DE FOTOS

O alumnado de 6º de Educación Primaria estivo a visualizar cos microscopios os diferentes tipos de células e tecidos que están a estudar na área de Ciencias Naturais.