DEREITOS DO CONSUMIDOR


O 15 de Marzo celébrase o Día Mundial dos Dereitos do Consumidor. 
No seguinte enlace atoparedes todos os fondos bibliográficos actualizados da nosa biblioteca que poden ser de utilidade para traballar esta temática:

Recursos e guía de lectura en Pinterest

Tamén podedes atopar outros recursos nos seguintes enlaces:

Conto (Publicado polo Instituto Galego de Consumo)

Cómic (Publicado polo Instituto Galego de Consumo)

Genially (Publicado polo Instituto Galego de Consumo e da Competencia)

Páxina web de Greenpeace

Corto de animación sobre o HOMO CONSUMUS (10 min)




ACTIVIDADES
15 M- 2023
Contacontos "Lo compro!" de Canizales para 1º de Ed. Primaria organizado polo Equipo de Biblioteca e realizado por alumnas e alumnos de 3º de Ed.Primaria.


Saída de 3º e 4º Primaria á Praza de Abastos de O Grove 
para aprender a ser uns consumidores responsables.




15 M- 2022

Vídeo informativo creado polos axudantes de biblioteca


Aproveitamos a plantilla do "Escornabot vai de compras" do curso pasado para xogar a mercar cos alumnos e alumnas de 1º Primaria no Espazo Creativo.



15 M- 2021
Contacontos en 4º de Educación Infantil "Crispín, el cerdito que lo tenía todo"
Podedes escoitar o conto no noso programa de radio: AUDIOLIBROS, gravado polo alumnado de 2º de Educación Primaria. https://www.ivoox.com/audiocuento-crispin-cerdito-lo-tenia-todo-audios-mp3_rf_67007445_1.html

Xogo "O escornabot vai de compras" en 5º e 6º Educación Infantil



15 M- 2018
Actividades sobre o consumo responsable e o aforro de enerxía con FUNGASTIC. Toda a información no blogue do PDI Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía.




15 M - 2016
Actividade proposta polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega



Ningún comentario:

Publicar un comentario