mércores, 27 de maio de 2026

OBRADOIROS DE FORMACIÓN EN PROGRAMACIÓN COMPUTACIONAL

 No mes de maio realizáronse os cursos de formación co alumnado de 6º de Educación Infantil e con 4º de Educación Primaria programados ano tras ano dentro do Programa de Biblioteca Creativa.

Galería de fotos 4º Educación Primaria

Galería de fotos de 6º Ed. Infantil


mércores, 20 de maio de 2026

Actividades pola semana da prensa e o día da muller.

 

Xa tedes no blog do PDI Voces de Ardia as actividades realizadas pola semana da prensa e o Día da muller:

-Xogos de memory e puzzles sobre mulleres da prensa en Educación Infantil.


 

-Mural-xornal colaborativo sobre mulleres da prensa en Educación Primaria.

-The Voices of Ardia, mural de noticias en lingua inglesa. 


 

 

Obradoiro de Xadrez en Primaria

 

Durante a segundo quincena do mes de Abril fixéronse varios obradoiros de xadrez para todos os nenos e nenas de Educación Primaria que quixeran participar durante o seu tempo de lecer. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

 

Saída do Club de lectura a Santiago de Compostela

 Visitamos o Centro dramático galego con motivo da lectura de varias obras de teatro. Alí puidemos descubrir todo o que acontece detrás dos telóns, o funcionamento das poleas que moven decorados e telóns, a importancia do atrezzo, visitamos os camerinos, subimos ao escenario e a sala de control de sons e luces. Despois da merenda, percorrimos as rúas do casco histórico e os nenos e nenas experimentaron unha xornada de convivencia co alumnado do Club de Lectura do Ceip As Bizocas, compartindo unha actividade de busca de prazas no noso percorrido pola cidade. Finalmente paramos na Alameda para tomar o xantar. 

Podes consultar todas as actividades do club de lectura na súa pestana. 

Galería de fotos 

 

 

 

Creación de Bookface polo mes do Libro en Infantil e Primaria

 

Durante o mes de Abril o Equipo de Biblioteca propuxo a todo o centro a creación de Bookfaces para conmemorar o Día do Libro. Cada aula realizou diferentes fotografías cos libros da biblioteca. Preme na imaxe para ver o resultado.