Toda a información que precisas premendo nas imaxes.
LETRAS GALEGAS 2025
Prema na imaxe para ver a galería de fotos.
Celebramos as Letras Galegas cantando e tocando con Dunia, unha nai do noso centro que é pandereteira, do grupo Cinco en Zocas de O Grove. Foron unhas sesións moi divertidas onde todo o cole dende 4º de Educación Infantil ata 6º de Educación Primaria, en varias quendas, poideron tocar algúns dos instrumentos que se poden facer con cousas que temos na casa: as culleres, as cunchas, a tixola, as latas, o sacho... e por último os instrumentos tradicionais como o pandeiro e as pandeiretas.
O alumnado de 5º de Educación Primaria, trala visita da cantareira Dunia, decidiu facer unha recopilación de cantigas galegas. Cada alumno e alumna escolleu unha cantiga na que a primeria letra do título coincidira coa incial do seu propio nome. Finalmente fixeron este documento no que escribiron as letras das cantigas e puxeron un código QR onde podedes escoitala. Preme na imaxe da Carolina para ver o documento.
O alumnado de 2º, 3º e 6º de Educación Primaria sumexéronse de cheo en tres proxectos creativos que combinou a música tradicional galega, a expresión visual e a fotografía.
Inspirada nas Letras Galegas deste ano 2025 (nas cantareiras) a rapazada creou diversas creacións.
O curso de 2º de EP elaborou unha colaxe colaborativa traballando en grupos reducidos no que pegou diversos cachiños de papel nunha fotografía das cantareiras para darlles textura e expresión.
O cursos de 3º de EP deseñou colaxes de xeito individual nos que integrou imaxes que lles charaon a atención combinada coas destas mulleres que preservaron a nosa lingua e cultura.
Os grupos de 6º de EP, desenvolveron a técnica de bordado de fotografía, na que grazas ao uso de fíos de cores sobre fotografías en branco e negro, conseguiron crear unha ponte entre o pasado das cantareiras e o presente.
Estas diversas técnicas manuais favorecen que as nenas e nenos desenvolvan a súa paciencia, precisión e creatividade, transformando cada obra nunha peza única no que se establece unha unión entre o noso pasado e o noso presente.
En Educación Infantil fixeron as súas propias pandeiretas.
LETRAS GALEGAS 2024
LUÍSA VILLALTA
Máis recursos e actividades na páxina www.afiestradamestra.gal
Caricaturas e xogo do comecocos sobre Luísa Villalta en 1º Primaria
Páxina web con moitos recursos e actividades interactivas.
Participación de 4º B no V Concurso Radio na biblio
Xogo Adiviñas quen é cada profe? Cal é o intruso?
Actuación musical "Canta Contos" de Ollo Piollo
(Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega)
O grupo infantil Ollo Piollo actuou para os nenos e nenas do cole na nosa biblioteca, dentro da
xira do seu disco debut “Canta Contos”. Soaron cancións xa coñecidas polo público como:
Batea, Sandía ou Monos. Foi un concerto moi especial onde profesorado e alumnado
participaron entoando e bailando as melodías. Houbo tamén globoflexia, xogos e, por suposto,
música e contos.
LETRAS GALEGAS 2022 Florencio Delgado
Contacontos musical realizado por 6º Ed. Primaria
Expositor de fondos bibliográficos sobre Florencio Delgado Gurriarán
Gymkana Letras Galegas 2022 organizada polo EDLG
LETRAS GALEGAS 2021 Xela Arias
Galería de fondos actualizados na nosa biblioteca aquí.
MURAL COLABORATIVO ORGANIZADO POLO EDLG
Preme na imaxe para ver os traballos de investigación de todos os grupos
Mural de 5ºA
Debuxos de 2ºA
LETRAS GALEGAS 2020 Ricardo Carvalho Calero
LETRAS GALEGAS 2019 Antonio Fraguas Fraguas
EXPOSICIÓN ESCRITORAS GALEGAS (EDLG)
LETRAS GALEGAS 2018 María Victoria Moreno
MURAL PALABRAS GALEGAS(EDLG)
RECITAL POÉTICO MUSICAL MAR ADIANTE COA PROFE OLGA
CONTOS NO FAIADO (TEATRO NA BIBLIO)
LETRAS GALEGAS 2017 Carlos Casares
Obra de teatro: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas
LETRAS GALEGAS 2016 Manuel María
Títeres "Soños na gaiola"
Ningún comentario:
Publicar un comentario