martes, 30 de abril de 2019

PREPARANDO UNHA NOVA OBRA DE TEATRO


O Club de lectura de 4º e 5º de Educación Primaria anda a preparar unha obra de teatro nas súas reunións. Estará lista para final de curso? Pronto o saberemos!

Podes ver todas as actividades que facemos na pestana do CLUB DE LECTURA.

luns, 29 de abril de 2019

VISITA DE GERMÁN PADÍN PRADO

Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a Germán Padín Prado na nosa biblioteca e coñeceron de primeira man a labor solidaria que se leva a cabo cos refuxiados e os inmigrantes na Comunidade Valenciana.
Germán, nacido no noso Concello e alumno do noso centro nos anos 70-72 estudou a carreira de inxeniería pero a súa vocación levouno a percorrer moitos países do mundo nas misións. Hoxe en día é sacerdote claretiano  nunha parroquia e traballa de profesor no colexio Claret de Fuensanta en Valencia.  Contounos a labor que están a facer non só dende a Iglesia senón no centro educativo onde dan clase de alfabetización aos inmigrantes e mesmo aos refuxiados de diferentes lugares.

Despois da charla na biblioteca, o invitamos ó noso estudio de RADIO V.I. para facerlle unha entrevista. Podedes escoitala aquí.

venres, 26 de abril de 2019

COLABORACIÓNS DOS AXUDANTES DE BIBLIO


Son moitas as actividades que fan os nosos axudantes de biblioteca: rexistran préstamos e devolucións, colocan, arranxan e forran os libros, fan contacontos para os pequenos, axudan nos ordenadores da biblio, preparan expositores temáticos con diferentes fondos bibliográficos, decoran a biblio... e hoxe tocou facer a portada do novo libro colaborativo do centro deste ano que vai de receitas. Mentres todos os cursos están a piques de rematar as súas aportacións, as axudantas de hoxe fixeron unha portada moi especial con diferentes legumes e pastas.

xoves, 25 de abril de 2019

CREACIÓN DUN NOVO XOGO PARA ESCORNABOT

Galería de fotos e vídeos

O alumnado de 4º de Educación Primaria inventou un xogo para o escornabot baseado no libro que leron no plan lector: "La vuelta al mundo en 80 días"
Entre todos os equipos elaboraron unha plantilla, pasaportes e dous tipos de tarxetas: unhas con ordes e outras con preguntas sobre a lectura do libro.  Se programas o escornabot cumprindo correctamente a orde terás que coller unha tarxeta de preguntas e se a respondes correctamente consegues un selo para o "pasaporte de viaxe".

No tempo de lecer ensinan a outros cursos a xogar e está a ter moito éxito, sobre todo estes días de choiva que a biblioteca ten moito movemento. 

Na pestana BIBLIOTECA CREATIVA poderás ver todo o que estamos a facer cos escornabots.

mércores, 24 de abril de 2019

INFANTIL INVESTIGA ITALIA

Galería de fotos

Na entrada ás aulas de Educación Infantil podemos atopar unha exposición elaborada polo alumnado destes cursos e coa colaboración de mestras e familias. No seu blog Aprendemos Sorrindo atoparedes moitas máis actividades que fixeron en torno ás comidas e lugares de Italia.  

martes, 23 de abril de 2019

EXPERIMENTO VI na revista AULA de Innovación Educativa

Hoxe recibimos da man da nosa mestra Laura un exemplar da revista AULA de Innovación Educativa na que ela explica a forma de traballar no centro e o que foi o proxecto do curso pasado: Experimento VI: Ciencia e Tecnoloxía. 

Moitas grazas compañeira por compartir.


Estará dispoñible na biblioteca moi pronto! 

VISITA DE PERE TOBARUELA

Para celebrar o Día do Libro que mellor actividade que a visita dun escritor como é Pere Tobaruela. O longo do curso o alumnado de 3º de Educación Primaria leron varios libros deste escritor: Catro pedras vellas e A boa e a avoa. 
Hoxe tiveron a sorte de escoitalo en primeira persoa, durante unha sesión moi entretida e divertida para o noso alumnado e ademais aproveitaron para que lles firmaran os libros. 
Grazas Pere pola túa visita!
Galería de fotos
Para máis información sobre o Día do Libro preme na pestana adicada a esta conmemoración. Nesta páxina atoparás a nosa selección de recursos educativos, libros dispoñibles da nosa biblioteca e actividades realizadas en cursos anteriores.

venres, 12 de abril de 2019

EPISODIO 4 PUBLICADO!!


Rematamos o 2º trimestre coa publicación do 4º Episodio do programa A que sabe o mundo? coa participación de 4º de Educación Infantil e as súas comidas favoritas, 5º de Ed. Primaria cun poema dunha receita moi divertida do libro As receitas de Rosaura da autora Isabel Blanco, seguido dun espazo informativo sobre a comida típica de Italia elaborado en inglés e traducido a castelán, un emocionante concurso de deletreo e para rematar unha entrevista elaborada polo alumnado de 4º de Ed. Primaria á cociñeira Vicky Fernández. Non esperes máis e escoita a nosa canle de RADIO V.I.

Máis información do Proxecto Radio na biblio aquí.

xoves, 11 de abril de 2019

MURAL IDADE MEDIA

E mentras no 4º están no tempo da prehistoria... en 5º xa chegaron a Idade Media: un traballo espectacular o que fixeron neste mural informativo.

mércores, 10 de abril de 2019

ACTUACIÓN MUSICAL NA BIBLIOTECA MUNICIPAL


Hoxe o alumnado de Educación Infantil acudiu á Biblioteca Municipal do noso Concello para ver unha actuación musical: Cores, contos e rock´n roll. 
Primeiro recibíronos na sala de lectura onde as responsables da biblioteca explicáronlles as normas de biblioteca e despois foron ao auditorio para cantar e bailar a ritmo de rock´n roll co músico Paco Cerdeira (Pakolas). 
Que ben o pasaron e canto aprenderon os nosos pequerrechos!


Galería de fotos

martes, 9 de abril de 2019

O Papagaio do mes de Abril

Xa temos o xornal de O Papagaio do mes de Abril nas aulas e na biblioteca co título especial : Non hai planeta B. 

venres, 5 de abril de 2019

HAI MOITO, MOITO TEMPO...

Galería de fotos

O alumnado de 4º de Educación Primaria fixo un proxecto sobre a Prehistoria partindo dunha selección de libros da nosa biblioteca ata transformar o corredor nun espazo creativo de aprendizaxes: fixeron recipientes con arxila, conseguiron facer unhas chispiñas con pedras, elaboraron os seus traballos de investigación en equipos, fixeron murais para expoñer aos compañeiros... e decoraron unha auténtica cova prehistórica. 

Eles mesmos nolo contan no seu blog Conecta Cuarto. Non deixes de visitalos e facer comentarios. Motivación e aprendizaxe van da man nestes proxectos. Noraboa rapaces e rapazas!!

xoves, 4 de abril de 2019

EXPOSITOR DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

O Equipo de axudantes estivo esta semana na procura de libros para traballar o Día Mundial da Saúde. Xa están dispoñibles no expositor temático diante da mesa de préstamos. Temos libros informativos, revistas e contos. 

Podes tamén atopar outros recursos dixitais no taboleiro de Pinterest.

mércores, 3 de abril de 2019

CONTACONTOS POLO DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos
Onte celebramos o Dia Internacional do Libro Infantil e Xuvenil cunha sesión de Contacontos que prepararon os axudantes de biblioteca para Educación Infantil. Un grupo de 5º de Primaria acudiu na última sesión da mañá ás aulas de 3, 4 e 5 anos e léronlles dous contos en cada aula. Gustaron tanto que a finais de curso voltaremos con mais Contacontos cos axudantes de 6º de Ed. Primaria.