xoves, 31 de xaneiro de 2019

VISITA DE LEDICIA COSTAS

Os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria recibiron na nosa biblioteca a unha escritora que gusta moito no noso cole: Ledicia Costas. Esta escritora galega xa ten un repertorio importante de libros de narrativa de aventuras, de mortos, de misterios e sempre cunha pizca de humor porque as súas historias son moi divertidas. 
Ao principio da charla fixeron preguntas sobre o libro que estiveron a ler e a "cociñar" no primeiro trimestre: "Escarlatina, a cociñeira defunta". Despois foi o momento das firmas, das fotos e de ensinarlle a exposicion dos scrapbooks feitos polo noso alumnado sobre o libro. 
Eles mesmos nolo contan no seu blog de aula Conecta Cuarto.

Galería de fotos premendo na imaxe


DÍA DA PAZ NA BIBLIO

No Día Escolar da Non Violencia e da Paz por inclemencias do tempo non puidemos realizar a actividade prevista. Posponse ata que deixe de chover. Mentres decirvos que todos os cursos están preparados para facer unha actividade conxunta e a biblio decorada para esta celebración especial.
Día da paz na biblio


venres, 25 de xaneiro de 2019

SEGUNDO EPISODIO DE " A que sabe o mundo?"


Publicado xa o noso segundo episodio do Programa "A que sabe o mundo?" dende a nosa canle de RADIO V.I. (Proxecto Radio na biblio)

CERTAME DE RELATO CURTO




Xa temos na biblioteca dous exemplares cos relatos curtos seleccionados no VI Certame de relato curto que promoveu FANPA o curso pasado. Tamén repartimos uns marcapáxinas para que vos animedes a participar no Certame deste ano. 


Preme na imaxe para ver as bases do concurso


xoves, 24 de xaneiro de 2019

AXUDANTES DE BIBLIO PREPARANDO DECORACIÓN

Hoxe, no tempo de lecer, tres alumnas do equipo de Axudantes de biblio foron as encargadas de comezar os letreiros decorativos para o Día da Paz. Nos vindeiros días os diferentes membros do equipo seguirán elaborando carteis e pronto veremos o resultado final.
Foto no noso laboratorio

mércores, 23 de xaneiro de 2019

FORMACIÓN USUARIOS 4 ANOS

Hoxe continuamos as sesións de formación de usuarios co alumnado de 5º de Educación Infantil. Despois de elaborar os seus marcalibros no primeiro trimestre, agora levamos á práctica o seu uso na biblioteca cunha segunda sesión. Cantos libros colleron!
Pasárono tan ben que xa querían volver mañá. Terán que esperar unha semana para practicar na próxima hora de biblioteca. 


xoves, 17 de xaneiro de 2019

RECURSOS PARA O DÍA DA PAZ ESCOLAR

Como todos os anos á volta do Nadal xa estamos a preparar a celebración do Día escolar da non violencia e a paz que será o próximo 30 de Xaneiro. Este ano imos facer algo diferente e moi divertido. Estade ben atentos que xa quedan poucos días.
Mentras tanto, tedes a vosa disposición o expositor de libros relacionados con esta conmemoración na biblioteca.
Na pestana PAZ atoparedes outros recursos e unha memoria das actividades feitas en cursos anteriores.

mércores, 16 de xaneiro de 2019

REANUDAMOS AS XUNTANZAS DOS CLUBES DE LECTURA

Esta semana comezamos as reunións cos membros dos clubes de lectura. Hoxe os de 6º levaron para casa un novo exemplar para ler. Deixamos o teatro para adentrarnos no mundo da narrativa, elexindo un libro cun título chamativo; Los diez magníficos e cunha temática cercana ao alumnado: as mates. O lote de libros foi cedido pola Biblioteca do CPI San Vicente de A Baña, que un curso máis está a colaborar coa nosa aportando varios lotes de libros para o club.
Máis información sobre o noso clube de lectura aquí.

martes, 15 de xaneiro de 2019

ESCORNABOT EN 3 ANOS

No día de onte un dos nosos escornabot baixou do laboratorio á aula dos nenos e nenas de 3 anos para xogar á orientación espacial. Un pequeno robot, unha plantilla transparente e pequenos papeis de cores con debuxos é todo o que empregamos. O xogo consistiu en programar ao robot para chegar ao debuxo do sol, do globo, da flor, da cara sorrindo ou ao número 1. Algúns acertaron ao primeiro intento e outros o conseguiron cun pouquiño de axuda. 
Toda a información do Proxecto Biblioteca Creativa aquí.

luns, 14 de xaneiro de 2019

DOCUMENTAL COMO SE FIXO...

O alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou un documental onde explican como fixeron a súa aportación ao Programa Especial do Proxecto na Radio Escolar. Podedes velo no blog A que sabe o mundo?

NOVIDADES NO EXPOSITOR DO PROXECTO

Para comezar este segundo trimestre temos novidades importantes no expositor adicado a PDI deste curso: A que sabe o mundo?. Tamén vos recordamos que no taboleiro de Pinterest da nosa biblioteca encontraredes máis recursos para o proxecto: receitas, cancións, disfraces para ir xa preparando o desfile do Entroido e por suposto moitos libros coas súas reseñas. 

venres, 11 de xaneiro de 2019

LOTERÍA DE NADAL EN RADIO V.I.

O alumnado de 5º de Educación Primaria fixo un programa especial no que retransmitiu o sorteo da Lotería de Nadal. Pincha no logo da nosa radio para escoitalos.

xoves, 10 de xaneiro de 2019

NOVO NÚMERO DO PAPAGAIO

Hoxe o equipo de axudantes de biblioteca repartiu un novo número do xornal O Papagaio. Unha lectura diferente e amena dirixida ao alumnado dende 3º de Educación Primaria. As familias tedes varios exemplares no voso recuncho na entrada á biblioteca. Disfrutádea!

mércores, 9 de xaneiro de 2019

MÍRAME A LOS OJOS

Un agasallo chegou á nosa biblioteca das mans de Olga Andrés. Aquí todos e todas no cole a coñecemos ben porque leva con nós moito tempo ensinando a música. Agora publica o seu primeiro libro de poesía: MÍRAME A LOS OJOS. Xa o tedes a vosa disposición na Sección de Poesía.