venres, 31 de maio de 2019

RECURSOS PARA DÍA DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de Xuño celebramos o Día do Medio Ambiente. Os axudantes de biblioteca xa prepararon o expositor adicado a esta conmemoración.


Máis información na pestana MEDIO AMBIENTE.

mércores, 29 de maio de 2019

FORMACIÓN DE USUARIOS E DINÁMICAS DE ANIMACIÓN Á LECTURA

Galería de fotos
Hoxe tivemos a visita das responsables da Biblioteca Municipal de O Grove. Todos os anos veñen a facer actividades de formación de usuarios e dinámicas de animación á lectura. Desta vez os alumnos e alumnas de 1º de Educación Primaria foron os afortunados en escoitar o contacontos  "La montaña de libros más alta del mundo" de Rocio Bonilla. Despois fixeron unha marioneta da persoaxe do conto que lles encantou. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

martes, 28 de maio de 2019

CHARLA INFORMATIVA SOBRE DROGAS

Hoxe pola tarde houbo unha charla informativa sobre drogas e alcohol dirixida ás familias. A Garda Civil informou das estadísticas en cando á idade de comezo de consumo de drogas, os tipos de drogas e os diferentes motivos polos que nenos e adolescentes poden caer nestas adiccións. 

xoves, 23 de maio de 2019

OS ESCORNABOTS VIAXAN Á AULA DE RELIXIÓN

Os alumnos e alumnas de 4º de Educación Primaria xogaron co escornabot na área de Relixión coñecendo símbolos, autoridades relixiosas, templos... Nas imaxes podedes ver as plantillas que elaboraron e as tarxetas do xogo.




 Grazas pola vosa aportación ao Proxecto Biblioteca Creativa!

martes, 21 de maio de 2019

NOVOS FONDOS POR UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

Continuamos coa compra de fondos bibliográficos relacionados coas diferentes capacidades do alumnado. Pronto estarán a disposición de toda a comunidade educativa. Non deixes de consultar os recursos para alumnos con necesidades de apoio educativo en BIBLIOTECA INCLUSIVA.

luns, 20 de maio de 2019

ACTIVIDADES POLAS LETRAS GALEGAS´19

O Equipo de Dinaminación da Lingua Galega propuxo a seguinte actividade a todos os cursos: cada un investigaría sobre unha escritora galega. O resultado foi unha estupenda exposición de todos os traballos na semana das Letras Galegas. 
Galería de fotos

Ademais, o xoves 16 de maio o alumnado de 6ºA  recitou unha escolma de poemas galegos para todo o centro na biblioteca. Fixeron dúas sesións, a primeira para os máis maiores e a segunda para os máis pequenos. 

Tamén presentaron o seu vídeo con versión rapera do poema "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.

xoves, 16 de maio de 2019

AUDIOCONTOS CLÁSICOS EN RADIO V.I.

O alumnado de 4º de Educación Primaria segue empregando o noso estudio de RADIO V.I. como ferramenta nos seus traballos das áreas de Lingua galega e Lingua castelán. 
Desta vez prepararon uns contos clásicos en lingua galega para o programa AUDIOLIBROS V.I. formando xa parte dos recursos do noso centro de cara a unha biblioteca inclusiva. Non deixes de visitar e seguir a nosa canle RADIO V.I. 

Máis información sobre o Proxecto RADIO NA BIBLIO aquí.

mércores, 15 de maio de 2019

O PAPAGAIO DO MES DE MAIO

Xa podedes disfrutar do novo número do xornal para xente miúda O Papagaio. Búscao na túa biblioteca de aula. Tamén temos varios exempleras na biblioteca.

martes, 14 de maio de 2019

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Na nosa canle de RADIO V.I. temos un programa especial de Recomendacións lectoras. O grupo de 6º de Educación Primaria do clube de lectura realizou a súa do último libro lido en lingua castelán : Los diez magníficos. Preme na imaxe para escoitalos.

luns, 13 de maio de 2019

Cómics en inglés

Preme na imaxe

Preme na imaxe

Novos traballos elaborados polo alumnado de 5º e 6º de Ed.Primaria na área de lingua inglesa coa profe Mela. Podes velos premendo na imaxe. Para ver outros traballos anteriores visita a pestana OS NOSOS TRABALLOS.

BOOKTRAILER "A RAPAZA DA FIESTRA"

O club de lectura de 6º de Educación Primaria fixo un booktrailer da última lectura: "A rapaza da fiestra" de Xavier Estévez Ferreiro. Empregaron a fotografía onde eles son os protagonistas, os audios grabáronos no Estudio de radio e a montaxe foi realizada cun creador de video co axuda da súa coordinadora. Esperemos que vos guste.

sábado, 11 de maio de 2019

Un día con...Rocío Garrido Caramés

Alumnado de 5º de Educación Primaria recibiron na nosa cociña á autora dos libros: Receitas Pequerrechas e Mel nas filloas! que temos na nosa biblioteca. Primeiro fixeron un xogo de cata a cegas onde tiveron que adiviñar os nomes dalgunhas especias e outros produtos. Despois puxéronse máns á obra e elaboraron unha das receitas do libro de Rocío: Trufas de chocolate. 
Por último, logo de degustar, tres representantes do curso foron ao noso estudio de radio para facerlle unha entrevista. Pódela escoitar aquí.

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE AS ACTIVIDADES DO PROXECTO EN
A QUE SABE O MUNDO?

xoves, 9 de maio de 2019

CELEBRANDO O DÍA DE EUROPA NO SPACE MAKER

Para celebrar o Día de Europa (9 de Maio) o alumnado de 3º de Educación Primaria fixo un novo xogo no Space Maker ou o que é o mesmo: o noso laboratorio creativo. Empregaron un mapa político de Europa, o forro transparente cuadriculado, un escornabot e fixeron as bandeiras dos países membros da Unión Europea con pezas Lego. Na sesión tiveron que investigar os países membros da Unión Europea, crear as súas bandeiras con pezas Lego e programar o escornabot para localizar no mapa o país da bandeira feita. Moitos deles aprenderon e localizaron países que descoñecían.
Galería de fotos
O Equipo de Biblioteca ofrece multitude de recursos educativos no seu taboleiro de Pinterest. Non deixes de consultalo. Atoparás libros, actividades, xogos... para conmemorar esta data.

Ademáis na pestana EUROPA podes ver as actividades feitas en anteriores cursos.
Máis información sobre os escornabot en BIBLIOTECA CREATIVA.

mércores, 8 de maio de 2019

CONTINUIDADE DE PROXECTOS

Galería de fotos
No curso 16-17 iniciamos co proxecto Mans de terra o horto escolar e que aínda despois de rematar a súa fase documental naquel curso, segue a día de hoxe tendo moi boa acollida entre o alumnado e o profesorado as actividades que alí se seguen a facer. Aquí temos os grupos de 3º de Educación Primaria preparando o seu bancal coa plantación de pementos, leitugas e tomates. A finais de curso esperemos ter unha boa colleita.

martes, 7 de maio de 2019

RECURSOS LETRAS GALEGAS


Xa está preparado o expositor cos recursos para conmemorar o Día das Letras Galegas. Antonio Fraguas é o autor homenaxeado este ano. Non perdas a ocasión de coñecer quen foi. Pasa pola biblioteca a investigar!!
Tamén chegaron ao cole os carteis gañadores que todos os anos envía a Secretaría Xeral de Política Lingüística xunto coa proposta didáctica do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo (A Coruña).
Búscaos polas paredes do cole. Aportan moita información.

Para saber máis sobre esta conmemoración preme na pestana LETRAS GALEGAS.

luns, 6 de maio de 2019

BOOKTRAILER "Meu irmán o xenio"

Por fin imos rematando proxectos. O booktrailer levounos moito tempo pero aquí está para todos vos. Da man do clube de lectura formado polo alumnado de 4º e 5º de Educación Primaria. Esperemos que vos guste.

Para máis información do que facemos nos clubes de lectura pincha aquí.

venres, 3 de maio de 2019

BIBLIOTECA INCLUSIVA

Este é un dos moitos recursos que temos na nosa biblioteca. Forma parte dos libros que valen para todos e todas. Se queres atopar máis podes preguntar aos encargados da biblioteca ou visitar o noso taboleiro Biblioteca Inclusiva en Pinterest. Seguro que xa coñeces máis dun.