sábado, 28 de outubro de 2017

Programa de actividades polo SAMAÍN

Dende o Equipo de biblioteca informamos das actividades programadas polo Samaín en colaboración cos outros equipos de traballo do centro, as familias e os mestres.

Do 26 ao 31 de Outubro: Sesións de "Contacontos por un día" en Educación Infantil a cargo das familias que se ofreceron voluntarias. Durante catro días os nenos e nenas máis pequerechos do cole poderán escoitar as súas nais, pais, avoas, avós...como lles contan historias de medo.

Do 30 de Outubro ao 3 de Novembro:

1.Exposición de cabazas de Educación Infantil e Primaria.
A partires do día 30 os nenos e nenas que queiran poderán traer á escola unha cabaza decorada en relación ao noso proxecto documental: Experimento V.I.: Ciencia e tecnoloxía.

2.Ciclo de curtametraxes de medo.
Durante o tempo de lecer (12.10 a 12.40) haberá "cine de terror" na biblio. Os días 30 e 31 as curtas serán para 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
Os días 2 e 3 as curtas serán máis axeitadas para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
O alumnado de Ed. Infantil terá tamén as súas sesións de cine nas aulas.

Na pestana adicada o Samaín do noso blogue podedes atopar recursos para traballar nas aulas ou na casa e os antigos vídeos de cursos anteriores.


xoves, 26 de outubro de 2017

Obradorio de educación afectivo-social

Durante os días 19 e 26 de Outubro levouse a cabo na biblioteca uns obradoiros de educación afectivo-social dirixidos ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e dinamizados pola psicóloga Beatriz Pérez Fernández.
O obxectivo principal destes obradorios foi facilitar un espazo para o autocoñecemento, onde fomentar unha boa autoestima e unha autoimaxe positiva, promovendo simultaneamente o recoñecemento das demais persoas e reforzando os vínculos de amizade dende relacións horizontais. Unha oportunidade para cuestionar mitos e estereotipos que limitan a liberdade e o benestar das persoas, partindo da realidade e dos coñecementos previos do alumnado.
As actividades dinámicas e participativas foron a clave para adquisición dunhas aprendizaxes realmente significativas.








mércores, 25 de outubro de 2017

24 de Outubro, "Hospital de libros" para celebrar o Día das bibliotecas

Unha vez máis tivemos a sorte de contar coas responsables da Biblioteca Municipal de O Grove para celebrar o Día das bibliotecas. Nesta ocasión a actividade de formación de usuarios recibida polo alumnado de 6º de Primaria levaba por título : Hospital de libros. Aprenderon os nomes das partes de que consta un libro e ademais fixeron diagnósticos para arranxar os máis estragados.








venres, 13 de outubro de 2017

RECURSOS PARA O DÍA DA ALIMENTACIÓN (16 DE OUTUBRO)

O 16 de Outubro celébrase o Día Mundial da alimentación, proclamado en 1979 pola Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación (FAO). A súa finalidade é concienciar aos pobos do mundo sobre o problema alimentario mundial e fortalecer a solidariedade na loita contra a fame, a desnutrición e a pobreza.
Cada ano escóllese un lema co fin de destacar áreas necesitadas de reformas sociais. Este ano 2017 o lema é: CAMBIAR O FUTURO DA MIGRACIÓN.



No noso taboleiro en Pinterest temos feita unha selección dos libros, xogos e actividades que podedes realizar para participar na celebración deste día.



NOVO EQUIPO DE AXUDANTES de 6º

Na primeira quincena de Setembro recibiron a formación de usuarios os nenos e nenas que se ofreceron voluntarios como AXUDANTES DE BIBLIOTECA. A partires de Outubro comezaron coas suas tarefas seguindo o calendario de quendas establecido pola responsable de Biblioteca e que figura no taboleiro da entrada á biblioteca.
Aquí temos unha das novas tarefas que están a realizar xa os axudantes: o selado de libros novos e revisión dos vellos.



mércores, 4 de outubro de 2017

COMEZO DO CLUBE DE LECTURA

Unha das novidades deste curso 2017-2018 é a creación dun clube de lectura. Todos os mércores á hora do lecer reuniranse os diferentes membros do clube na biblioteca segundo o calendario de quendas establecido pola responsable do Equipo de biblioteca.
Hoxe comezaron os membros do clube do 3º nivel de Educación Primaria.

domingo, 1 de outubro de 2017

XOGOS EDUCATIVOS

Temos unha nova pestana no blog adicada aos xogos educativos.
Nela atoparedes enlaces a diferentes plataformas nas que poderedes aprender xogando.