domingo, 29 de maio de 2016

DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Co Día Mundial do Medio Ambiente ( 5 de Xuño), a Organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.

Na biblioteca do centro dispoñemos de contos de ficción e libros informativos que vos poden servir para contribuir á educación ambiental. Xa tedes o expositor adicado a este día cos libros seleccionados. Preme na imaxe para acceder aos recursos.

sábado, 21 de maio de 2016

Día internacional dos museos

O día 18 de Maio celébrase o Día internacional dos museos.
Museos de todo o mundo fan xornadas de portas abertas e organizan actividades co obxectivo de achegar as obras de arte e a cultura ao público.

No noso Concello vanse levar a cabo nesta fin de semana as seguintes actividades. Anímate e participa!

Xornadas de portas abertas no Museo Salgadeiras de Moreiras.
Sábado día 21 de 10 a 14 h. e de 16 a 20h.


Aula de interpretación da Natureza de A Siradella. Sábado día 21 de 12 a 13.15h.


Podes atopar outros recursos con xogos e información no taboleiro de Pinterest.







mércores, 11 de maio de 2016

Día das Letras Galegas

O 17 de Maio é o Día das Letras Galegas. Este ano o homenaxeado é Manuel María Fernández Teixeiro.

O alumnado de 6º B realizou un mural que está no corredor, preto da biblioteca. Na mesma entrada da biblio tedes un expositor con libros deste autor. Se premes nas imaxes acederás aos recursos colgados no blog do Equipo de Dinaminazión da Lingua Galega e ao noso taboleiro en Pinterest.
EDLG
EXPOSITOR BIBLIOTECA



Ademais non te podes perder as actividades que van ter lugar en O Grove:


xoves, 5 de maio de 2016

Día de Europa

O 9 de Maio celebramos o Día de Europa.


Unha nova actividade dentro do PDI Vivir tocando o mar está a piques de comezar. Entra no blog e descubre en que consiste. Seguro que vos gustará.

Para acadar a información podes premer na pestana EUROPA onde atoparás enlaces e recursos.