20N INFANCIA

O 20 de Novembro celébrase o Día Universal da Infancia.
Na biblioteca o equipo de axudantes de 6º preparou o expositor cos libros.Se premes na imaxe poderás velos mellor.



  XOGO DE CARTAS DE MEMORIA DOS DEREITOS DOS NENOS DE DAS NENAS. 
Preme na imaxe, imprime as cartas dúas veces e a xogar...



No noso taboleiro de Pinterest atoparás máis recursos. Preme na imaxe para acceder.


👀📚📚📚📚📚📚📚👀
loqueleo


🏃🏃🏃🏃🏃🎨 🎥 🎤 🎬 🎭 🎲 🎵🏃🏃🏃🏃🏃

ACTIVIDADES 2025

Este curso escolar decidimos escoller outra causa diferente pola que correr de forma solidaria. Colaboramos coa Fundación Unoentrecienmil para axudar á investigación contra a leucemia infantil.  Os nenos e nenas fixeron un baile de quecemento todos xuntos e logo por cursos realizáronse  as carreiras arredor do patio. Finalmente os mestres repartiron os diplomas de agradecemento pola colaboración e o interese amosado por todos e todas.
A cantidade recaudada cos donativos das familias ascendeu a cantidade de 985,37 euros. 
Grazas a todos pola vosa implicación. 





O alumnado fixo diferentes traballos a nivel de aula cos seus titores. (Mural feito por 6º Educación Infantil)

Selección de libros para levar ás aulas na sala de mestres realizado polo Equipo de biblioteca.


ACTIVIDADES 2024

publicada no blog "Poñémonos en forma" 






ACTIVIDADES 2023
 
 Xogo Memory elaborado polo Equipo de Biblioteca para uso de todos os usuarios nos tempos de lecer e nas sesións de biblioteca dos diferentes grupos.


Manualidade sobre os Dereitos da Infancia en 1º Primaria


Carreira solidaria Save the Children (Publicada no blog Poñémonos en forma



ACTIVIDADES 2022

Mural elaborado por alumnado de 6º Infantil e 1º Primaria de forma colaborativa 


Enlace ao vídeo da Carreira Solidaria Save the Children 2022


ACTIVIDADES 2021
Mural elaborado por 4º Primaria

Carreira solidaria Save the Children 2021





ACTIVIDADES 2020
Este ano debido ás circunstancias xeradas polo protocolo anti-covid colaboramos coa ONG Save the children organizando a carreira solidaria de forma diferente a outros anos. Fixemos as carreiras en forma de relevos nas clases de Educación Física en Primaria, nas clases de Psicomotricidade en Infantil e no tempo de lecer a carreira dos mestres. O obxectivo era percorrer entre todos a maior cantidade de quilómetros solidarios. As familias colaboraron coma sempre sendo os patrociadores dos corredores. 




ACTIVIDADES 2019

Este ano modificamos as tradicionais carreiras de Quilómetros de Solidariedade polo paseo da antorcha olímpica polo barrio do cole co obxectivo de vincular a actividade solidaria co proxetco deste curso: ARDIA 2020 e onde participou toda a comunidade educativa. 
Como todos os anos pedimos a colaboración voluntaria ás familias para recadar fondos para o ONG Save the children. Grazas a todos e todas polos vosos donativos.


OUTRAS ACTIVIDADES:

MURAL DO ALUMNADO DE 3 ANOS

MURAL DE EDUCACIÓN INFANTIL

Alumnado de 2º Ed. Primaria- Día da Infancia 2019





Dende o curso 2015-2016 o centro colabora coa ONG Save the children organizando a carreira solidaria "Quilómetros de solidariedade". A continuación podedes ver os videos-resumo das mesmas.

CARREIRA 2016

CARREIRA 2017

CARREIRA 2018




Ningún comentario:

Publicar un comentario