martes, 26 de marzo de 2019

CLASES PRÁCTICAS DE PRIMEIROS AUXILIOS


O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron ó longo destas últimas semanas clases de Primeiros Auxilios a cargo do persoal de Emerxencias do Concello de O Grove. 

VISITAS AO QUINTEIRO DE TEMPERÁN

Temos moita sorte de ter no noso Concello un centro de interpretación da cultura tradicional do agro galego como é O Quinteiro de Temperán, onde os nosos nenas e nenos acoden para aprender unha chea de tarefas. Este curso, o alumnado de 2º de Educación Primaria foi xa en dúas ocasións e fixeron actividades relacionadas co proxecto deste ano A que sabe o mundo? 
Na última visita fixeron entre outras cousas, chourizos. Se queres saber máis, visita o blog do proxecto onde atoparedes o obradoiro de chourizos e outras actividades.

xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA MUNDIAL DA POESÍA

Hoxe celebramos o Día mundial da poesía recitando na radio poemas de receitas do libro titulado "As receitas de Rosaura" escrito por Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso. Os nosos técnicos de 6º editaron os audios e o publicaron no programa de Audiolibros na nosa canle de RADIO VI. Xa podes escoitalos!!!

mércores, 20 de marzo de 2019

FONDOS PARA MESTRES

Colección de didáctica. O equipo de biblioteca aposta e apoia o emprego das novas metodoloxías activas e participativas. 
Xa dispoñibles no recuncho de biblioteca na sala de mestres.

mércores, 13 de marzo de 2019

XORNAL O PAPAGAIO MARZO

Xa chegou á biblioteca un novo número do xornal O Papagaio. Podedes velo no expositor da entrada ou nas bibliotecas de aula a partir de 3º de Educación Primaria. 

luns, 11 de marzo de 2019

XOGO-CONCURSO MULLERES DA ALTA COCIÑA

Adicamos esta semana á conmemoración do Día da muller propoñendo un xogo-concurso a todo o alumnado: "Mulleres da alta cociña". O primeiro día foi xa todo un éxito e todos os rapaces e rapazas andan a buscar pistas por todo o cole.

Preme na imaxe para ver as fotos

venres, 1 de marzo de 2019

MURAL COLABORATIVO ENTROIDO GALICIA


Todos os cursos estiveron a investigar sobre as máscaras do Entroido en Galicia para elaborar este mural informativo. 
Preme na imaxe para velo mellor.

Máis información das nosas actividades de Entroido aquí.