martes, 23 de xaneiro de 2024

FORMACIÓN DE RADIO CON DAMIÁN ALONSO

 O alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu a formación de radio dentro do Programa Radio na Biblio da man do experto Damián Alonso de Ponte nas Ondas. A xornada durou toda a mañá: Primeiro recibiron formación para o uso do Audacity, logo uns coñecementos técnicos sobre a radio e practicaron as diferentes entoacións. Despois do tempo de lecer, prepararon por parellas a súa sección para realizar entre todos un programa de Diversidade Cultural no que os mestres titores, Luis e Jessica, participaron tamén facendo a presentación e a despedida. Escoitaredes temas diversos sobre O Grove, o colexio, gastronomía, entrevistas, chistes e adiviñas ... Ademáis todos foron pasando polos diferentes postos: guionistas, locutores e por último técnicos de son empregando a mesa de mesturas e o ordenador.

Deixamos aquí o enlace ao Podcasts no Valle Inclán.

Galería de fotos


xoves, 18 de xaneiro de 2024

NOVAS SEMENTES PARA O HORTO ESCOLAR

 


O proxecto do horto escolar segue en marcha e esta vez foi a quenda do alumnado de 6º de Educación Infantil os que comezaron a sementar chícharos nos vasos do yogur para logo levalos ao horto. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos deste 2º trimestre.

martes, 16 de xaneiro de 2024

VISITA DA ESCRITORA EVA GONDAR

 


O alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu a visita de Eva Gondar, autora dun dos libros que este grupo de rapaces e rapazas leu no Plan Anual de Lectura : "El desván de Ary". Aproveitamos a súa visita para facerlle tamén unha entrevista no noso estudio de radio. Falaron do libro, da súa profesión como escritora e sobre todo da historia do noso cole porque ela foi unha das primeiras alumnas que estudou aquí. 
Deixamos aquí o enlace á entrevista:

https://www.ivoox.com/entrevista-a-eva-gondar-audios-mp3_rf_122652586_1.html