PDI A que sabe o mundo?


O Proxecto Documental Integrado do Curso 2018-2019 leva por título: A que sabe o mundo?  (Preme no título para acceder ao blog do proxecto onde se publican todas as actividades)

1º Trimestre
O novo equipo de axudantes de biblioteca está formado este ano por alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria. Entre todos xa comezamos a colocar os primeiros expositores deste curso. A medida que vaian atopando mais fondos bibliográficos renovaremos os expositores. Non perdades a oportunidade de cociñar ricas receitas nas vosas casas. Na biblio tedes unha chea de libros informativos que podedes levar. Esperámosvos!

Por outra banda no taboleiro da Biblioteca en Pinterest podedes atopar máis recursos interesantes para as vosas actividades.


Para empezar o curso tede en conta esta data: 16 de Outubro: Día Mundial da Alimentación. Podedes atopar recursos e actividades aquí.  Tamén no noso taboleiro.

Presentamos o proxecto ás familias o Día das Bibliotecas cunha xornada de Portas Abertas.


Comezamos un novo programa de RADIO V.I. adicado ao proxecto e titulado A que sabe o mundo? Poderedes escoitalos na nosa canle.



2º Trimestre
Novos fondos bibliográficos xa dispoñibles no expositor da entrada á biblioteca.

Preparando xa o Entroido. Visita o noso taboleiro de Pinterest para ir collendo ideas.

Desfile e actividades 2019


De entre as datas importante do mes de Marzo temos que destacar o día 8 coa conmemoración do Día de Muller. Nós quixemos darlle visibilidade a todas esas mulleres que están a traballar nos fogones da alta cociña organizando un xogo-concurso durante toda a semana. Se queres saber máis, preme aquí.
Xogo-concurso Mulleres da alta cociña


Rematamos o 2º trimestre celebrando o Día da Saúde con tres xornadas de almorzos saudables no Obradoiro de Emprego de A Lanzada en colaboración co Concello de O Grove ao que acudiu todo o centro dende Infantil ata 6º de Primaria. No facebook A Lanzada Obradoiro de Emprego podedes atopar uns videos-resumen das actividades que fixeron.

Galería de fotos

3º Trimestre
Comezamos o último trimestre celebrando o Día do libro e presentando un novo expositor coas novas adquisicións para o proxecto.



Libro colaborativo de receitas




Ningún comentario:

Publicar un comentario