mércores, 26 de setembro de 2018

Mudando decorados

Hoxe, os Axudantes de biblio comezaron a desmontar o mural da entrada á biblioteca do curso pasado. Gardaron as flores para  primavera e deixaron o mural ben limpo para empezar a deseñar a nova decoración deste curso relacionada co proxecto A que sabe o mundo?

martes, 25 de setembro de 2018

Obradoiro de forrado de libros

Aproveitamos o noso espazo maker para realizar os cursos de forrado de libros cos novos axudantes de biblioteca. A primeira fase foi practicar con papel dos xornais antigos e despois, nunha segunda sesión, pasaremos ao forrado co plástico. 

luns, 24 de setembro de 2018

REPARTO DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Os novos membros do equipo de Axudantes de Biblioteca comezaron hoxe o reparto das mochilas viaxeiras en Educación Primaria. Lembrarvos ler ben as instrucións no Diario da mesma e esperamos os vosos comentarios e suxerencias. 
Felices lecturas viaxeiras!

venres, 21 de setembro de 2018

CAMIÑO DA BIBLIO Á RADIO

 

Esta mañá o alumnado do noso cole puido estrear o novo camiño de frechas e logos da radio que vai dende a porta da biblioteca ata o estudio de radio no cal comezaremos en breve a transmitir programas divertidos, interesantes e educativos. Estade ben atentos ao canal de RADIO V.I. en Ivoox. 

domingo, 16 de setembro de 2018

COMEZO DO CURSO 2018-2019

Benvidos e benvidas a un novo curso escolar!

Este ano os mestres quixemos recibir ao noso alumnado co centro ambientado no novo Proxecto Documental Integrado deste curso. Así estaba a nosa entrada ao cole o primeiro día co fin de que adiviñaran a temática do mesmo.

En asambleas e votacións anteriores xa os nenos e nenas do Valle-Inclán mostraron o seu interese polo mundo da cociña, os alimentos e a vida saudable. Así pues, nace un novo proxecto:   
Animamos a toda a Comunidade Educativa a facerse "comensales" do novo blog onde compartiremos as actividades do proxecto. 
Dende o Equipo de Biblioteca ofreceremos todos os recursos que atopemos para apoiar os vosos traballos.