martes, 31 de maio de 2022

TAREFA FINAL DO CURSO DE DESEÑO E IMPRESIÓN 3D

 

 

O alumnado de 5º Primaria remata as súas sesións de formación sobre Deseño e Impresión 3D co mestre Ramón. Nesta última sesión aprenderon a manexar a impresora, levando as ordes do diseñado no ordenador á impresora. Quedaron abraidos ao saber que a impresora tardaría máis de 3 horas en facer as regletas.

xoves, 26 de maio de 2022

VÍDEO INFORMATIVO DEREITOS DO CONSUMIDOR

 


Os axudantes de Biblioteca de 6º Ed. Primaria crearon este vídeo informativo sobre os dereitos do consumidor. Empregaron o croma e o ipad para gravar as diferentes tomas e despois unha app para editar o vídeo final incluíndo o título e as imaxes de fondo. 
Preme a imaxe para velo.

Se queres ver outras actividades relacionadas con este tema, visita a pestana DEREITOS DO CONSUMIDOR deste blog.

mércores, 25 de maio de 2022

EPISODIO 12 "QUEN O ESCRIBIU?"

 


Preparados para escoitar o novo episodio de "Quen o escribiu?" Nesta ocasión participan catro representantes de 5º Ed. Infantil (nenos e nenas de 4 anos). O reto está un pouco difícil... a ver se sodes capaces de adiviñar de que conto se trata. Preme na imaxe para acceder ao audio.

CONTACONTOS sobre Florencio Delgado

 


Hoxe, o alumnado de Educación Infantil e Primaria acudiron ao ximnasio para ver un contacontos sobre a vida do autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Fixéronse dúas quendas, a primeira para Educación Infantil e os cursos de 1º e 2º de Primaria; a segunda para o resto dos cursos de Educación Primaria.

XOGO GYMKANA LETRAS GALEGAS

 


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega preparou unha "Gymkana" sobre o autor homenaxeado este ano polo Día das Letras Galegas, Florencio Delgado. Ó longo desta semana todos os cursos foron realizando as diferentes probas adaptadas aos distintos niveis. 

luns, 23 de maio de 2022

TI TES A PALABRA

 


Novos debates no programa de radio! Esta vez o grupo de Valores de 5º A debaten na radio sobre o uso dos animais nas investigacións cientificas. Preme na imaxe para acceder ao audio na nosa canle de radio.

xoves, 19 de maio de 2022

EXPOSITOR LETRAS GALEGAS 2022

 


Xa tedes na sala de mestres o expositor cos fondos bibliográficos sobre Florencio Delgado, autor homenaxeado polo Día das Letras Galegas 2022.
Podes consultar os datos que inclúen e a súa dispoñibilidade no noso catálogo KOHA.


mércores, 11 de maio de 2022

EPISODIO 11 QUEN O ESCRIBIU?

 


Os representantes do grupo de 6ºA - Infantil realizou esta semana o episodio número 11 do Programa de Radio "Quen o escribiu?" Da gusto escoitar as súas voces nos micrófonos do estudio. Disfrutade do audio e participade nos comentarios desta entrada. Preme na imaxe para acceder ao canal de radio.

CREACIÓN DUN "MEMORY" DA UNIÓN EUROPEA

 


Na clase de 6ºA de Educación Infantil están creando o popular xogo do "memory" coas bandeiras dos países da Unión Europea con motivo da celebración do Día de Europa.
Se queredes ver máis actividades sobre esta conmemoración, visita a pestana EUROPA deste mesmo blog. Atoparedes moitos recursos e ideas tan chulas como esta.

martes, 10 de maio de 2022

CONTINUIDADE DO PROXECTO DO HORTO ESCOLAR

 


A parcela de 4º de Ed. Primaria da gusto vela. Este ano cada alumno/a plantou a súa leituga e por quendas ocúpanse todos os días de coidala: regar, quitar herbas malas...

Preme na imaxe para ver máis fotos.

sábado, 7 de maio de 2022

MATEMÁTICAS NO SUPERMERCADO

 O alumnado de 3º Ed. Primaria creou o seu propio "Ultramarinos" de alimentación sá na zona interclases de 3º e 4º onde xogan a comprar diferentes produtos que eles mesmos trouxeron da casa reciclando envases de todo tipo: botellas, tetrabricks, caixas de cartón... Para saber que prezos poñer aos produtos visitaron o Supermercado que temos preto do colexio, onde aprenderon todo o funcionamento do mesmo. Preme na imaxe para ver as fotos.



xoves, 5 de maio de 2022

EPISODIO 10 QUEN O ESCRIBIU?

 


O alumnado de 6º B Infantil grava o episodio número 10 do programa de radio Quen o escribiu? Non volo podedes perder! Fixérono moi ben. Preme na imaxe para acceder ao audio, dalle a reproducir e espera uns segundos a que remate a publicidade. Sodes capaces de adiviñar que é o autor deste novo conto?

ESTREANDO OS NOVOS RECURSOS TECNOLÓXICOS

 


O alumnado xa ten a súa disposición 5 novos dispositivos móbiles na biblioteca (ipads- Apple) grazas a partida económica do PLAN LIA. Están sendo utilizados por moitos alumnos de diferentes cursos e para diferentes usos. Neste caso, os de 5º B descargaron a aplicación Teleprompter como axuda ao Recital Poético que están gravando nas clases de Lingua Castelá. 

ESCENA 3 QUEN QUERE AO LOBO FEROZ?

 


Os voluntari@s do club de teatro gravan, editan e publican a escena 3 da obra "Quen quere ao Lobo Feroz?"


mércores, 4 de maio de 2022

SESIÓNS DE DESEÑO 3D

 

O alumnado de 5º de Educación Primaria continúa a súa formación en Deseño 3D nos tempos de lecer. O número de voluntarios segue manténdose e practicamente todo o alumnado do mesmo grupo está a asistir a estas sesións. 

O grupo B, na terceira sesión estivo construíndo co "Tinkercad" as regletas que nos pediron as mestras de Educación Infantil.  A fase de deseño está lista, agora so queda que a impresora faga o seu traballo.

O grupo A, aprendeu a diseñar un vaso coas formas xeométricas básicas que proporciona o programa Tinkercad, e a verdade é que o entenderon enseguida.

CHARLA SOBRE AS HERBAS DE SAN XOÁN

Na semana do Día do Libro o alumnado de 3º Ed. Primaria recibiu a visita da autora da guía "As herbas de San Xoán" Silvia Domínguez Torrado. Ela ensinoulles as diferentes herbas e despois preparounas para que lavar a cara, seguindo a tradición de San Xoán. Foi moi interesante coñecer as herbas e algúns datos curiosos sobre elas. Todos disfrutaron moito coa súa visita. Darlle as gracias a Daniela, editora de Patas de peixe, nai e membro da Anpa do noso cole por colaborar na organización desta charla.

Galería de fotos



NA PROCURA DOS OVOS DE PASCUA

 





O 8 de Abril todo o cole participou nunha nova actividade organizada dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega para rematar o 2º trimestre. Ao longo da mañá e por quendas os diferentes niveis educativos estiveron buscando os ovos de chocolate que os mestres agocharon en diferentes recunchos dos corredores do centro. Seguindo as pistas dos mapas todos os grupos atoparon os seus ovos de chocolate.

luns, 2 de maio de 2022

RECURSOS DÍA CONTRA O ACOSO ESCOLAR

 O equipo de biblioteca preparou un novo expositor con libros e contos que están relacionados coas distintas formas de acoso escolar e como previlas, afrontalas e superalas. Tédeo a vosa disposición na sala de mestres ata que podamos abrir a biblioteca. 



EPISODIO 9 QUEN O ESCRIBIU?

 


Compartimos un novo episodio do programa de radio Quen o escribiu?. Desta vez foi a quenda do alumnado de 1º de Educación Primaria. Escoitade o audio premendo na imaxe e veredes o ben que o fixeron!