sábado, 27 de xaneiro de 2018

MATERIAIS PARA O ESTUDO DE RADIO

Chegan os primerios materiais para montar a radio no cole.

O alumnado baixo a dirección dos seus titores xa estivera no primeiro trimestre facendo limpeza no espazo que se vai converter no noso estudo de radio. Agora toca montar a parte técnica (mesa de mezclas, micrófonos, auriculares, cableado...).

O alumnado de 5º visitará os estudios de radio da COPE de Pontevedra onde recibirán a formación necesaria para empezar o noso proxecto RADIO NA BIBLIO.
A idea é que estes alumnos e alumnas formen varios equipos: equipo técnico, equipo de redación, equipo de difusión... necesarios para unha boa organización e que o curso que ven sexan eles os formadores dos seus compañeiros e compañeiras que están agora en 4º.

EXPOSICIÓNS DE ROBOTS

Unha nova proposta do proxecto documental deste curso: Experimento VI precisaba da colaboración das familias. Desta vez consistía en que cada alumno/a trouxera da súa casa un robot feito con material reciclado e coma sempre as nosas familias fixeron auténticas obras de arte. Podedes ver un video de presentación no blog do proxecto. Non volo perdades!!

Nas entradas ao centro.


venres, 19 de xaneiro de 2018

EXPOSITOR PARA O DÍA DA PAZ


Aproxímase o día que celebramos nos coles o Día da Non violencia e da paz: o martes, 30 de Xaneiro.
Como todos os anos, o equipo de biblioteca revolveu os andeis na procura de libros relacionados coa temática da guerra, paz, amizade, resolución de conflitos...
Neste novo curso, ademais contamos con novidades como:




Na pestana PAZ atoparedes máis recursos e as actividades que fixemos en cursos anteriores.

mércores, 17 de xaneiro de 2018

RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE DEBUXOS "EL PEQUEÑO VAMPIRO"

Os membros do clube de lectura de 3º e 4º de Educación Primaria participaron nun concurso de debuxo sobre unha das lecturas que fixeron o longo do primeiro trimestre: "El pequeño vampiro".
Podedes ver os debuxos expostos na biblioteca. Os premiados recibirán os seus agasallos o mércores día 24 no tempo de lecer na biblio. Esperámosvos!!

Para ver máis información sobre as nosas actividades preme na pestana do CLUBE DE LECTURA.

domingo, 14 de xaneiro de 2018

REVISTA GALICIENCIA 2017

Xusto á volta das vacacións de Nadal, chega ao noso centro a revista de Galiciencia 2017 onde saen os nosos pequenos científicos de 3º que partiparon nesta exposición o día 23 de Novembro. Agora, mediante unha carta, invítannos de novo a presentar os nosos proxectos na vindeira exposición que será no mes de Maio. Que curso se atreve a participar?
Pronto o saberemos.
Podedes atopar a revista no expositor do proxecto e nos expositores dos recunchos das familias.

OBRADOIRO DE FORRADO

Os axudantes de biblioteca seguen a aprender tarefas novas no tempo do lecer. Nesta ocasión puxeron en práctica as súas habilidades no forrado dos libros.
Aínda lles queda moito que practicar pero non deixan de intentalo.


DÁNDOLLE COR AS NOSAS PAREDES


O día 21 de Decembro, como actividade de extensión cultural e grazas á colaboración da ANPA tivemos de novo a visita no noso cole do dúo formado por Polo correo do vento .
Nesta ocasión a súa historia trataba sobre unha contadora de estrelas, temática relacionada co proxecto deste curso.


 Despois de contarnos e ilustrarnos a historia de Antonia Ferrín, os nosos amigos deixáronnos os debuxos para colorear. Esta vez os alumnos e alumnas de 5º fixeron os honores dándolle cor e ambientando as paredes do noso cole. Buscádeos ben, a ver se os atopas!