SAMAÍN

Nesta páxina atoparedes recursos, actividades e exposicións de cabazas para a celebración do SAMAÍN. Tamén podedes ver as actividades realizadas nos últimos cursos.
RECURSOS EN PINTEREST

SELECCIÓN DE FONDOS BIBLIOGRÁFICOS DA NOSA BIBLIOTECA
 

SAMAÍN 2023

INVESTIGACIÓN DA ORIXE DO SAMAÍN
Na mañá do día 31 de Outubro o alumnado de 4º de Educación Primaria realizou un traballo de investigación na biblioteca sobre a orixe do Samaín e como se celebraba nos seus inicios. Premendo na imaxe podedes ver as fotos dos procesos de investigación e creación. Elaboraron murais traballando por equipos e finalmente un vídeo resumo da información atopada.

Preme a imaxe

SESIÓNS DE FORMACIÓN DE USUARIOS
O alumnado de 2º de Educación Primaria realizou un xogo de busca de libros da temática de Samaín na sesión de biblioteca. 

Preme na imaxe para ver as fotos

CONTACONTOS "LA BIBLIOTECA NOCTURNA"
O Equipo de biblioteca realizou o contacontos para Educación Infantil co libro titulado "La biblioteca nocturna" que serviu tamén para realizar a formación de usuarios xa que o conto fala das diferentes salas que pode haber nunha biblioteca.



CABAZAS 50 ANOS DE HISTORIA
Como todos os anos as familias participan na decoración das cabazas cos seus fillos e fillas. Este ano deixamos a temática un pouco libre porque 50 anos de historia que é o Proxecto Documental Integrado deste curso da para moito. Sorprendidos gratamente pola colaboración das familias e as obras de arte presentadas nestes días, deixamos aquí o enlace á Galería de fotos.


COLLEITA DE CABAZAS DO NOSO HORTO
Algúns foron a recoller algunhas das cabazas que se plantaran no horto e leváronas para as súas casas a víspera da festa do Samaín.



TÚNEL DO MEDO E FOTOS DE GRUPOS
O Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias decorou o Túnel do medo para que todo o alumnado pasara ó longo da mañá. Antes de entrar no túnel fixemos as fotos dos grupos con todos os nenos e nenas disfrazados.

Preme na imaxe

👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻
👻

SAMAÍN 2022

CABAZAS DE ALUCINE
Como todos os anos as familias participan na decoración das cabazas cos seus fillos e fillas. Este ano pedímoslles que as decoraran coa temática do Proxecto Alucine.

TÚNEL DO MEDO
O Equipo de mestres de Actividades Extraescolares e Complementarias prepararon un túnel do medo polo que pasaron todos os cursos dende 4º de Infantil ata 6º de Primaria. Pásarono de medo!

QUEN SABE DE XULIA?
O alumando de 6º A realizou unha lectura na biblioteca en varias quendas na chamada "Hora de ler" para o alumnado de 3º á 6º de Educación Primaria. A historia que contaron vai dunha nena chamada Xulia que desapareceu hai anos no noso cole...Quen sabe de Xulia? Pronto poderedes escoitala de novo na nosa canle de RADIO V.I. Estade atentos ás publicacións!!


CONTACONTOS
Ao mesmo tempo, o alumnado de 6º B realizou pequenas lecturas de contos de medo nas clases de 1º e 2º de Educación Primaria. Tamén poderemos escoitalos na nosa radio.


CINE DE MEDO
O alumnado de diferentes cursos acudiu á sala de Cine da biblioteca para ver curtametraxes de medo. 

DECORACIÓNS E ACTIVIDADES NAS AULAS
O mundo de Harry Potter en 3º e 4º Primaria

Actividades de 1º Primaria

💀💀💀💀💀💀💀💀💀💀💀


SAMAÍN 2021

CABAZAS DE ANIMALARDIA
Como todos os anos as familias participan na decoración das cabazas cos seus fillos e fillas. Este ano pedímoslles que nos enviaran unha foto da cabaza para compartir nos murais do cole.

Preme na imaxe para ver o álbum de fotos

 
QUEN VIVE AQUÍ?
Nunha casa encantada chea de portas e xanelas que abrir viven uns animais "terroríficos". Te atreves a descubrilos?

CONTOS DE MEDO EN RADIO V.I.
Os alumnos e alumnas de 4º Primaria inventaron contos de medo e os gravaron na nosa radio escolar.

CONTACONTOS POR UN DÍA
As familias colaboraron enviándonos vídeos con contos do medo para poñerlles aos nenos e nenas de Infantil nas aulas.

TÚNEL DO MEDO
O Equipo de mestres de Extraescolares e Complementarias prepararon un túnel do medo polo que pasaron todos os cursos ó longo da mañá. Que ben o pasaron!


👹
👹👹👹👹👹👹👹👹👹👹👹👹

SAMAÍN 2020

DOCUMENTAL ELABORADO POLO ALUMNADO DE 5º PRIMARIA



HISTORIAS INVENTADAS POLO ALUMNADO DE 6º PRIMARIA







ELABORACIÓN DE APÓCEMAS E CONXUROS EN PRIMARIA





CONTACONTOS DAS MESTRAS EN INFANTIL


CONTACONTOS DOS AXUDANTES DE BIBLIO 
Os axudantes voluntarios de biblioteca de 6º de Ed. Primaria gravaron estes contos para toda a comunidade educativa. Esperamos que vos gusten. Preme nas imaxes para ver cada conto.





🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃

SAMAÍN 2019
Exposición de cabazas olímpicas
As familias trouxeron centos de cabazas decoradas con motivos relacionados co proxecto deste ano Ardia 2020. Podedes ver a galería de fotos no blog do proxecto.


Lecturas terroríficas

O alumnado de 6º de Educación Primaria preparou unhas historias inventadas por eles para lerlles ao resto do cole na semana previa a Samaín. O martes foi a quenda para o alumnado de 1º,2º e 3º de Educación Primaria. O mércores foi o día das lecturas para 4º, 5º e 6º de Educación Primaria na hora do Plan lector e na penúltima sesión para Educación Infantil. Cada historia e lectura foi adaptada para a idade a que ía dirixida. Noraboa rapaces polo voso traballo!

Contacontos por un día

Coa colaboración das familias as mestras de Educación Infantil organizaron como todos os anos a actividade Contacontos por un día na que as nais, os pais, avoas, tíos, irmán... acuden ao colexio para lerlles contos de medo aos máis pequerrechos. Houbo escenificacións moi boas como podedes ver na galería de fotos.

🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃🎃


SAMAÍN 2018

Contacontos por un día
Preme na imaxe para ver a galería de fotos
As familias dos máis peques do cole acudiron durante estos días de Samaín ao cole para contarlles contos de medo aos nenos e nenas de Educación Infantil. Non houbo tempo para que participaran todos os que querían así que en breve prepararemos outro día especial.


Creación de debuxos de Samaín 
Preme na imaxe para ver máis debuxos
Alumnado dende Educación Infantil ata 3º de Educación Primaria participaron no Certame de debuxo que convocou o Equipo de Dinamización da Lingua Galega. Podes ver todos os debuxos exposto no corredor da planta baixa.

Creación de relatos de medo e lectura no plan lector


Alumnado dende 4º a 6º de Educación Primaria participaron nun Certame de creación de relatos de medo convocado polo Equipo de Dinaminación da Lingua Galega. Como sorpresa desta convocatoria algúns poideron ler os seus relatos no tempo do plan lector pola megafonía do cole para que todos poideramos escoitalos. Na entrada do centro atoparedes todos os relatos expostos. 

Exposición de cabazas "A que sabe o mundo?"


Preme na imaxe para ver a galería de fotos

Receita de Biscoito de Cabaza en Infantil
Falso Documental "A rebelión das cabazas" por alumnado de 5º Ed. Primaria



SAMAÍN 2017
Exposición de cabazas Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía.

Contacontos por un día (Educación Infantil)

Ciclo de curtas na biblio: Cine de terror (Educación Primaria)

Baile de 3º de Educación Primaria




SAMAÍN 2016 
Exposición de cabazas Mans de terra  

https://valleinclanbiblioteca.blogspot.com.es/2016/11/samain-agricola.html

Contacontos por un día en Educación Infantil



SAMAÍN 2015
Exposición de cabazas Vivir tocando o mar
VIDEO DA EXPOSICIÓN OUTUBRO 2015





SAMAÍN 2014









Ningún comentario:

Publicar un comentario