sábado, 21 de decembro de 2019

NADAL NO VALLE-INCLÁN

Rematamos o primeiro trimestre coa visita de Papá Noel e as actuacións de todos os nenos e nenas de Educación Infantil e Primaria na biblioteca cantando as panxoliñas, dirixidos pola mestra de música. Preme na imaxe para ver as fotos e vídeos das cancións.
Galería de fotos e vídeos

Se queres ver todas as actividades feitas nestas datas, visita a pestana Nadal.

OLYMPIC GAMES COS ESCORNABOTS


Xa temos no moble para escornabots, un novo xogo elaborado polo alumnado coa mestra de lingua inglesa e vinculado a temática do proxecto deste curso: ARDIA 2020 , os xogos olímpicos. 
No tempo de lecer podes pedir o escornabot ao encargado de biblioteca para xogar.

Para máis información sobre o proxecto Biblioteca Creativa pincha aquí.

FAMILIA A LA FUGA CERRADO POR FANTASTAS

Os membros do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria comezan unha nova lectura: Cerrado por fantasmas da colección Familia a la fuga
Comezan así as súas vacacións de Nadal: contentos e ilusionados con este libro de narrativa fantástica que inclúe gafas 3D para visulizar as partes de cómic. Á volta das vacacións saberemos as súas opinións e visitarán a radio escolar para compartilas con tod@s.

Xa podedes consultar as novas datas das próximas xuntanzas na pestana adicada ao club de lectura.

mércores, 18 de decembro de 2019

COLOCANDO LIBROS


Os axudantes de hoxe estiveron a colocar libros nos andeis novos. Dada a cantidade de libros mercados, tivemos que engadir unha estantería máis á biblioteca. 

martes, 17 de decembro de 2019

EXPOSITOR LIBROS DE NADAL

O equipo de axudantas de hoxe preparou no tempo de lecer o expositor cos libros do Nadal.
Xa podes preparar a túa mochila con boas lecturas para estas vacacións!!


Na pestana adicada a esta celebración podes atopar outros recursos e actividades.

venres, 6 de decembro de 2019

mércores, 4 de decembro de 2019

TODO PREPARADO PARA A CERIMONIA INAUGURAL XOGOS ARDIA 2020



Mañá 5 de Decembro celebrarase a Cerimonia Inaurugal dos Xogos Ardia 2020 que fora posposta polo mal tempo. Ao fin teremos un fabuloso día de sol e está todo preparado para o gran evento. Esperamos a participación e asistencia da comunidade educativa.  

venres, 29 de novembro de 2019

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS DISCAPACITADAS: RECURSOS E ACTIVIDADES



O día 3 de Decembro se conmemora o Día das persoas discapacitadas. Na biblioteca xa podes atopar unha chea de libros seleccionados nos expositores para esta data. Tamén podes consultar a nosa pestana adicada a esta celebración onde recollemos diferentes recursos: enlaces informativos, curtasmetraxes, infografías, cancións, libros...

Este ano recibimos a visita de tres personas da Asociación Amizade que deron unha charla aos nenos e nenas de 5º e 6º de Educación Primaria. 
Toda a información desta actividade no blog do proxecto Ardia 2020.


mércores, 27 de novembro de 2019

XYAN, CONTA A SÚA HISTORIA

O 14 de Novembro, Día Mundial da Diabetes, Xyan de 2º de Educación Primaria trouxo uns agasallos aos seus compañeiros e compañeiras de clase e lles contou a súa historia dende que lle dixeron que tiña diabetes.
Preme na foto para ver o vídeo


martes, 26 de novembro de 2019

A NOSA PAREDE LEGO

Galería de fotos
A biblioteca segue a crecer e é que non paramos de crear espazos novos. Aínda que non rematamos de adecentar a nosa Aula Maker, sala anexa á biblioteca, o alumnado de 3º de Educación Primaria xa tivo oportunidade de estrear a nova parede Lego esta mañá, experimentando coa escritura dunha forma lúdica e diferente. 

IDEAS PARA FACER NA PAREDE LEGO
 

TOLERANCIA CERO!

Nova mensaxe de 2º de Educación Primaria polo 25 N - Día contra a violencia de xénero.
Preme na imaxe para ver o vídeo


luns, 25 de novembro de 2019

O LOGRO DE KATHRINE SWITZER

Para conmemorar o Día internacional contra a violencia de xénero, o alumnado de 4º de Educación Primaria realizou representacións teatrais na biblioteca para o resto de compañeir@s do colexio. Primeiro actuou 4º A para os máis maiores e a continuación 4º B realizou un segundo pase da mesma representación para os máis pequenos.

 
Actuación de 4º A


Actuación de 4º B

Buscamos unha actuación que tivera relación co noso proxecto ARDIA 2020: O logro de Kathrine Switzer, a primeira muller da historia que realizaba a maratón de Boston inscrita oficialmente cun dorsal. Ao rematar a representación, proxectamos unha pequena reportaxe onde se documenta esta historia, xa que algúns non podían crer que isto ocorrera de verdade.








venres, 22 de novembro de 2019

NOVOS FONDOS POLA IGUALDADE

Van chegando os novos fondos bibliográficos que mercamos para traballar a igualdade e concienciar contra a violencia de xénero. Pronto estarán nos expositores para que os levedes a casa emprestados.

Coma sempre os axudantes de biblio seleccionaron algúns dos moitos libros que temos para esta conmemoración e prepararon o expositor que está diante ao mostrador de préstamos.

Para ver máis recursos e as actividades que facemos todos os anos podedes indagar na pestana adicada a esta data: 25 de Novembro, Día contra a violencia de xénero.

xoves, 21 de novembro de 2019

Mensaxe polo Día Internacional do Nen@



Alumnado de 2º de Educación Primaria envíannos unha mensaxe polo Día Internacional do Nen@ ou Día da Infancia:
"El hambre no es juego de niños"

martes, 19 de novembro de 2019

NOVOS XOGOS DE MESA


Este grupo de rapazas e rapaces de 5º de Educación Primaria chegaron á biblioteca pedindo axuda para prepararse para participar nun concurso da tele. Así que lles recomendamos varios xogos de mesa que mercamos hai pouco tempo. O Quizzers é un xogo educativo de mesa e que pódese empregar tamén coa App. Encántalles!!!

luns, 18 de novembro de 2019

20 N- DÍA DA INFANCIA

Selección de libros para traballar o Día da Infancia, o próximo mércores día 20 de Novembro. Tamén tedes outros recursos e actividades na pestana adicada a esta conmemoración.

Como todos os anos vamos seguir colaborando coa ONG Save the children pero desta vez imos facer algo diferente. Aproveitaremos o evento para facer a Cerimonia Inaugural dos Xogos ARDIA 2020 e na que poderán participar as familias que queiran.
Estamos á espera da previsión metereolóxica para concretar un día desta semana e saír á rúa coa nosa antorcha olímpica.

sábado, 16 de novembro de 2019

martes, 12 de novembro de 2019

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

O Equipo de biblioteca e os seus axudantes fixeron un novo taboleiro en Pinterest cos libros de Ciencia que podedes atopar na biblio escritos na nosa lingua. Non deixes de levar o teu favorito para a casa.

Podes atopar máis información no blog de Bibliotecas Escolares de Galicia.

domingo, 10 de novembro de 2019

XOGOS POPULARES NO MAGOSTO


O venres día 8 de Novembro celebramos o Magosto no colexio. Debido as inclemencias do tempo non poidemos facelo no patio como outros anos... así que montamos os xogos dentro do noso centro, que temos a sorte de que é  enooooorme! 

Na biblioteca xogamos ao baile da pataca. Se queres ver o resto dos xogos preme na imaxe.

Documento coa explicación dos xogos aquí.

xoves, 7 de novembro de 2019

RECURSOS MAGOSTO

 
@s voluntari@s de biblio seleccionaron os libros para a celebración do Magosto. Xa está a vosa disposición na biblioteca.

Tamén podedes atopar cancións, videos, manualidades e xogos populares na nosa pestana adicada ao Magosto.

martes, 5 de novembro de 2019

LIBROS PARA UNHA BIBLIOTECA INCLUSIVA

E seguimos a mercar novos exemplares pensando nunha biblioteca inclusiva, pensando nunha biblioteca para todos e todas e tendo en conta as diferentes capacidades.


Se queres máis información, visita o noso taboleiro de recursos en Pinterest.

luns, 4 de novembro de 2019

CONTACONTOS POR UN DÍA

Temos que dar novamente as grazas as familias que participaron no Contacontos por un día deste Samaín 2019 en Educación Infantil durantes tres días consecutivos.
Coma todos os anos propuxemos ás familias esta actividade que aos pequerrech@s encántalles que veñan papá, mamá, tíos e tías, irmáns maiores...a lerlles contos terroríficos e así o fixeron. Despois dos contos cada neno/a entregoulle ao seu "contacontos" o diploma correspondente.
Galería de fotos

mércores, 30 de outubro de 2019

LECTURAS TERRORÍFICAS

Onte e hoxe o alumnado de 6º de Educación Primaria encerraron ao resto do cole na biblioteca por quendas no tempo da hora de ler  para lerlles unhas historias terroríficas inventadas por eles mesm@s. De momento vos deixamos unha galería de fotos, pero pronto gravaremos na radio escolar esas historias... que fixeron tremer de medo a algún e algunha....JA JA JA...


martes, 29 de outubro de 2019

CHEGARON OS CARTEIS DA ASESORÍA CO NOVO LEMA DESTE CURSO

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: "Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía". Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar. 

luns, 28 de outubro de 2019

O CLUB DE LECTURA COMEZA OS ENSAIOS DE TEATRO

Hoxe no tempo de lecer o novo club de lectura retomou os ensaios da obra de teatro "As laranxas máis laranxas de todas as laranxas" de Carlos Casares. Se queres formar parte do noso club, aínda estás a tempo. Pregunta na biblio.
Podes seguir as súas actividades e calendario de xuntanzas na pestana adicada ao club. 

PROGRAMA DE ACTIVIDADES DO SAMAÍN

Comezamos unha nova semana coas actividades do Samaín. O programa deste ano inclúe:

1. "Contacontos por un día" en Educación Infantil coa colaboración das familias. Na primeira sesión das mañás dos días 28, 29 e 30.

2. "Lecturas terroríficas" en Educación Primaria coa colaboración do alumnado de 6º.
Mañá 29 acudirá á biblioteca no tempo da "Hora de ler" o alumnado dende 1º a 3º de Ed. Primaria e o mércores 30 será a quenda para alumnado de 4º a 6º de Ed. Primaria. Estes son os anuncios que pegaron os de 6º por todas as paredes do cole.



3. Exposición de cabazas. Como todos os anos precisamos a colaboración das familias para realizar esta exposición. Este ano o proxecto vai sobre as Olimpiadas, así que esperamos recibir moitas cabazas decoradas deportivamente. Preme aquí para coller ideas.

4. Ambientación de portas, corredores, expositor de libros...
Na biblioteca podes escoller o que máis medo che dea....

Recorda que nos taboleiros de Pinterest SAMAÍN podes atopar unha chea de recursos e ideas para esta semana: libros, cancións, curtas de medo...



mércores, 23 de outubro de 2019

TEATRO "ELAS PINTAN MOITO"


Seguimos celebrando esta semana, o Día das Bibliotecas, coa visita dos grupos de Educación Infantil á Biblioteca Municipal de O Grove. O grupo Migallas estaba alí esperándonos coa actuación de "Elas pintan moito", sesión de contos baseada na obra de diferentes pintoras: Xulia Minguillón, Sonia Delaunay, Frida Khalo e Yayoi Kusama.
Galería de fotos

martes, 22 de outubro de 2019

O FESTIVALIÑO CHEGA O NOSO COLE

Comezamos a semana coa visita especial da caravana do Festivaliño enviada pola Biblioteca Municipal de O Grove para acampar no noso patio durante toda a mañá do luns. 
Os primeiros en entrar á caravana foron os de 6º de Ed. Primaria e así, en sesións de 40 min aproximadamente, foron baixando todos os cursos ata 1º de Ed. Primaria.
Mentras un grupo visionaba pequenas curtametraxes sobre os distintos valores educativos o outro grupo aprendía a facer reportaxes. Despois intercambiaban as actividades. 
Pasaron unha mañá de cine!!
Galería de fotos

luns, 21 de outubro de 2019

SESIÓNS DE INGLÉS NA BIBLIO

A mestra de lingua inglesa de 1º de Ed. Primaria leva os nenos e nenas á biblio cunha divertida actividade en equipos: aprender os nomes das partes do corpo debuxando espeluznantes monstros








venres, 18 de outubro de 2019

XORNADA DE PORTAS ABERTAS 19

O día 24 de Outubro celebramos no cole o Día Internacional das bibliotecas cunha xornada de portas abertas para toda a comunidade educativa.
Como todos os anos faremos previamente unha presentación do noso proxecto documental integrado na biblioteca. A continuación está programada a realización dunha xincana olímpica na que poden participar todos os que se inscriban antes do día 22 de Outubro. Remataremos o evento cunha merenda saudable. 
Para apuntarse só hai que cubrir a ficha de inscripción que levaron os nenos e nenas para casa e entregarlla ao titor. Os esperamos!!

LOGO GAÑADOR DO PROXECTO

LAMBETÓN, MASCOTA DE ARDIA 2020


Presentámosvos a Lambetón, 
a mascota oficial dos Xogos Ardia2020.

xoves, 17 de outubro de 2019

FUTURO ESPAZO MAKER

Comezamos este curso con obras nos antigos espazos destinados ao laboratorio e a sala de audiovisuais. Temos que dar as grazas ao Concello de O Grove que se implicou co noso proxecto de reforma, tirando a parede que separaba estes dous espazos e convertindo a futura sala maker nun espazo bastante amplo. Tamén están agora mesmo sacando azulexos, recebando paredes, pintando e poñendo o parqué no chan. Vai quedar un espazo realmente acolledor para actividades relacionadas coas novas tecnoloxías.
Haberá unha zona destinada ás proxeccións, outra para o Croma con gradas para o noso pequeno público, zona de mesas para traballo en equipo, zona de ordenadores para programación e edición de vídeos, parede Lego para actividades de construcción e a zona de escornabots e a impresora 3D que mercaremos grazas ao Programa Biblioteca Creativa da Xunta de Galicia no que participamos por segundo ano.

Galería de fotos das obras

mércores, 16 de outubro de 2019

NOVO MURAL DE BIBLIO

Os axudantes de biblio levan desde principios de Outubro coa renovación do mural da entrada á biblioteca nos tempos de lecer. Están traballando arreo para que esté listo para a celebración da Xornada de Portas Abertas no Día Internacional das bibliotecas.
Desmontando o antigo mural de Bibliochef
Recortando letras 
Pegando letras
Preparando libriños informativos


O noso mural vai collendo forma