BIBLIOTECA CREATIVA


CURSO 2023-2024

Comezamos un curso máis organizando os espazos da biblioteca coa elaboración dun horario semanal de uso para todos os grupos e así aproveitar ao máximo todos os recursos dos que dispoñemos. 

Na imaxe nenos e nenas de 2º creando e escenificando historias coas marionetas


Nos tempos de lecer os axudantes de biblioteca de 5º e 6º de Ed. Primaria axudan aos máis pequenos a empregar todos os nosos recursos, sendo os xogos de mesa, de construccións e os videoxogos os máis demandados neste momento de ocio.



O club de Biblioteca Creativa, actividade ofertada para o alumnado de 6º de Ed. Primaria, está formada por un total de 13 voluntarios/as. Na primeira sesión estiveron aprendendo a deseñar co Programa Tinkercad coa orientación do mestre Ramón.



O Equipo de Biblioteca elaborou un novo xogo cos escornabots pola celebración do Magosto, traballando o vocabulario específico desta festa. Diferentes cursos puideron empregralo na súa sesión de biblioteca e outros nos tempos de lecer.



O alumnado de 5º de Educación Primaria realizou unha xornada de xogos de mesa dos Anos 70-80, actividade integrada no PDI 50 Anos de Historia.



No club de Biblioteca Creativa de 6º Primaria xa empezaron a imprimir os seus propios chaveiros, imáns e colgantes. Como podedes ver na primeira fotografía non todo sae á primeira e ás veces hai que repetir a fase de impresión.




Os cursos de formación destinado ao alumnado dentro do Programa de Biblioteca Creativa foron para 4º Primaria e 6º Infantil. Recibimos as especialistas en Tecnoloxía Educativa, Almu e Elena que impartiron os dous obradoiros na mesma mañá. Os de 4º de Primaria realizaron o obradoiro EscornH2O e os de 6º de Infantil o obradoiro EscornArtistas.


CURSO 2022-2023
Nprimeiro trimestre comezamos con moitas actividades ao mesmo tempo, grazas á ampliación da biblioteca. Mentres na zona de xogos había un curso facendo construccións con Kapla e Lego, na zona da robótica outro grupo estaba a investigar como programar o bee-bot e na zona dos contos outro grupo facendo mímica no escenario...








Os axudantes de 6º fixeron chapas co logo gañador do PDI Alucine para regalar na Inauguración da ampliación da Biblioteca do día 20 de Outubro.

Para ese mesmo día, crearon unha película co Croma sobre a historia da nosa biblioteca para que as familias poidesen ver como foi a transformación da biblioteca.
Preme na imaxe para ver o resultado.

Na inauguración, as familias pasaron por todas as zonas da biblioteca superando diferentes retos. Na zona creativa tiveron que construír torres co xogo de Kapla e facer actuacións no Croma entre outras probas. Xogaron tamén cos escornabots na zona de robótica, gravaron entrevistas na radio, xogos de mímica no escenario... Unha auténtica xornada creativa!






Os venres, cada 15 días, o alumnado de 6º de Educación Primaria participa no Club de Biblioteca Creativa baixo a coordinación dun membro do Equipo de Biblioteca: Impresión 3D, creación de chapas, robótica...







O profesorado recibe formación para o uso do Croma, materiais técnicos (tipos de micros e teleprompter) e a Creación Audiovisual na Zona Creativa (1ª sesión do Curso PFPP Plan Dixital)



O alumnado de 1º Primaria tamén aproveita os novos recursos da zona creativa. Nunha das sesións de biblioteca desta semana fixeron unha chea de torres co xogo de kappla.


Alumnas do Club de Biblioteca Creativa entregan ao alumnado de 6º de Ed. Infantil as regletas que fixeron no primeiro trimestre.


Alumnado de 4º Primaria creou unha nova plantilla para xogar na zona de robótica cos escornabots sobre as partes do corpo humano. Os primeiros en facer uso deste novo xogo foron os alumnos e alumnas de 1º Primaria nos tempos de lecer e na hora semanal de biblioteca.


Empezamos o 2º trimestre coa organización dun concurso de puzzles nos tempos de lecer.

O Equipo de Biblioteca elaborou unha plantilla para celebrar o Día de Rosalía.



Curso de formación do profesorado en Deseño e Impresión 3D (2ª sesión do PFPP do Plan Dixital)

Curso de formación do profesorado do uso de materiais audiovisuais (teleprompter e edición de vídeos con iMovie) e repaso do Deseño e Impresión 3D. (3ª sesión do PFPP do Plan Dixital)


Curso de formación do Programa Biblioteca Creativa destinado ao alumnado de 4º de Educación Primaria sobre programación dos escornabots coas formadoras especializadas en robótica Almudena e Elena.


Curso de formación para profesorado de posibilidades e aplicacións pedagóxicas dos escornabots e mantemento dos mesmos.



TAREFAS FINAIS do Proxecto Alucine realizadas cos novos recursos da Biblioteca Creativa.

"Na pel do resto", película sobre o acoso escolar creada polo alumnado voluntario do Club de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria coa participación de todos os compañeiros e compañeiras do seu nivel.


"Historia dunha sobreira", unha película adaptada da obra de teatro de Ramón Caride co mesmo título polos membros do Club de lectura de 5º e 6º e Educación Primaria


Vídeos musicais das películas de Educación Infantil



Curtametraxes de 1º Ciclo Educación Primaria







Dobraxes no 2º Ciclo Educación Primaria



Documental "Detrás das cámaras" 3º Ciclo Primaria








CURSO 2021-2022

Nprimeiro trimestre comezamos imprimindo regletas para as clases de matemáticas, moi solicitadas polos mestres. 


Algúns dos mestres de nova incorporación atrevéronse a usar o Croma. Pronto veremos resultados das tarefas realizadas. Aquí temos aos de 3º Primaria representando o conto de Pelostortos.

O alumnado de 4º Primaria creou un novo xogo para os escornabots: "Adivina el animal". Na área de lingua castelán fixeron tarxetas con adiviñas de animais e debuxos para poñer na plantilla.
Xa dispoñible na biblioteca para todo o alumnado do cole.

En Educación Infantil elaboraron unha plantilla para coñecer os animais polares dentro do PDI Animalardia e xogar co Bee-bot.

Os alumnos e alumnas voluntarios de biblioteca de 6º de Ed. Primaria elaboraron marionetas con fieltro para facer unha obra de teatro con elas: o lobo, Carapuchiña Vermella karateca, o cazador, a avoa...


Segundo trimestre
Novo xogo para escornabot elaborado polo Equipo de Biblioteca para o Día da muller sobre mulleres científicas do mundo animal.


O alumnado de 5º de Educación Primaria comenzou a súa formación en deseño e impresión 3D. Os voluntarios inscritos nesta actividade reúnense no tempo de lecer seguindo un horario de quendas coordinado por un membro do Equipo de Biblioteca.

O alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu un curso de creación audiovisual grazas á partida asignada por estar neste Programa de Biblioteca Creativa. En pequenos grupos aprenderon a crear e editar booktrailers das súas lecturas favoritas. 


Booktrailer "Dúas bágoas por Máquina"

Booktrailer "Vampira de biblioteca"

Booktrailer "Futbolísimos. El misterio del árbitro dormido."

Booktrailer "Charlie y la fábrica de chocolate"
Booktrailer "El lugar más bonito del mundo"

Booktrailer "El fantasma del castillo del Halcón"

Booktrailer "Futbolísimos. Siete goles en propia puerta"


---------------------------------------------------------------------------------------------
Os voluntarios de biblioteca de 6º Ed. Primaria comezan a gravar as escenas da obra de teatro con marionetas "Quen quere ao Lobo Feroz?" (Actividade integrada no PDI AnimalArdia)
Todos os venres no tempo de lecer durante o primeiro trimestre estiveron ensaiando a obra e facendo as marionetas. Neste segundo trimestre comezaron a gravar no Croma para despois editar os vídeos.
Deixamos aquí os enlaces no blog de AnimalArdia ás escenas gravadas



Creación audiovisual dun vídeo informativo polo alumnado voluntario de 6º Primaria sobre os dereitos do consumidor.



Terceiro trimestre

O alumnado de 5º comezou a empregar os novos ipads da biblioteca como ferramenta na gravación dun Recital de Poesía.


O alumnado de 1º Primaria realiza unha sesión de programación cos escornabots e ao mesmo tempo traballan contidos de Ciencias Naturais coñecendo nome de animais, actividade integrada do PDI Animalardia.


O Alumnado voluntario de 5º Primaria xa comezou a fase de impresión das regletas, en quendas de pequenos grupos van indo no tempo de lecer a poñer a impresora a traballar para recoller as pezas ao días seguinte.



Obradoiro de creación de chapas

Alumnado voluntario de 6º de Ed. Primaria aprendendo a facer chapas no tempo de lecer no noso espazo creativo. 

Na última semana de clase os axudantes de 6º están a facer un montón de chapas co logo da centola da actividade do Proxecto Deportivo (Campaña de mobilidade sostible) para regalar aos participantes e chapas co logo do Proxecto Documental Integrado AnimalArdia para os premiados no Concurso Lector. 

NOVOS XOGOS NO ESPAZO CREATIVO
E este ano o xogo que máis éxito tivo no tempo de lecer superando aos videoxogos... foi sen dúbida o Kapla, co que xogaron pequenos e maiores facendo grandes torres.

CREACIÓN DE CHAPAS EN 3º PRIMARIA
Polo Día do Medio Ambiente o alumnado de 3º deseñou debuxos con mensaxes de concienciación e logo fixeron chapas coa máquina na sala creativa.





CURSO 2020-2021

No primeiro trimestre non se puideron facer moitas das actividades que estábamos a levar con anterioridade xa que houbo que poñerse a programar en función do protocolo de adaptación a nova situación xerada pola pandemia. 

De todos os xeitos a creatividade non se veu freada por esta situación e os mestres e o alumnado adaptamos a nosa forma de traballar para seguir creando, así o alumnado de 6º B reiniciaron a súa actividade no Croma para elaborar un video na conmemoración do 25 N- Contra a violencia de xénero.



Comezamos o segundo trimestre coa formación do alumnado no deseño 3D. O profe Ramón iniciou as sesións de formación no 6º nivel de Educación Primaria e os resultados foron moi positivos. Podemos escoitar a dous alumnos explicando as fases da Impresión 3D no seguinte vídeo.


Preme na imaxe para ver a Galería de fotos



Comezamos as sesións cos escornabots empregando lapis para presionar os botóns e non ter que desinfectalos cada vez que os tocan. O primeiro curso en acudir este ano á aula maker foi a aula de 3º de Educación Primaria que estiveron aprendendo unha chea de nomes de animais que descoñecían. Tamén poideron facerse fotos cos animais en 3D.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos


O alumnado de 1º de Educación Primaria tamén visitou a aula-maker en grupos de 4 para xogar cos escornabots. Neste caso aproveitamos a plantilla dos Deportes Olímpicos elaborada o curso pasado polos maiores do cole. Un escollía o deporte e o seguinte programaba o escornabot para chegar ao logo deste deporte. Aprenderon novos nomes en inglés e os logos dos Xogos Olímpicos de Tokio 2020. 

Preme na imaxe para ver as fotos

2º de Educación Primaria
repasa a suma xogando co dado dixital e os escornabots matemáticos.



O alumnado de 5º e 6º de Educación Infantil tamén estivo a xogar cos escornabots. Con motivo da conmemoración do Día dos Dereitos do Consumidor (15 de Marzo) durante esa semana e en grupos reducidos xogaron a un xogo novo inventado polo Equipo de Biblioteca: "O escornabot vai de compras"



Buscando rimas polo Día Mundial da Poesía (21 de Marzo) en 2º de Educación PrimariaO equipo de biblioteca preparou un novo xogo con tarxetas que rimaban coas figuras da plantilla. Os nenos e nenas escollían para ler unha tarxeta e buscaban na plantilla a palabra que rimaba. 


No terceiro trimestre continuamos a formación en Deseño e impresión 3D cos cursos de 6º de Educación Primaria. Nesta segunda sesión aprenderon a pasar debuxos 2D a 3D. Empregando os seus propios diseños en 3D aprenderon tamén a incorporalos a unha medalla personalizada en 3D, moi acorde coa temática das olimpiadas que estamos traballando neste curso no centro como proxecto integrado: Ardia 2021.


O uso do Croma por parte do profesorado e do noso alumnado deixa resultados como estes videos de 4ºA e 4º B de Educación Primaria:




Podes ver máis presentacións dos países de ARDIA 2021 no blog do PDI:



Continuamos as sesións de formación en Impresión 3D con 6º Educación Primaria. Nesta terceira sesión o alumnado está a realizar xa a fase de post-procesado: acabado das pezas. Eles mesmos nolo explican nestes vídeos.


GALERÍA DE FOTOS E VÍDEOS

ESCORNABOT MULTIPLICA EN 4º
O alumnado de 4º de Ed. Primaria utilizou a plantilla do xogo de multiplicar para repasar e comprobar as súas capacidades de cálculo e programación.



 

A zona do Croma este ano non para de traballar, sobretodo no final de curso que todos queren rematar as súas tarefas finais do proxecto. Aquí temos a outro grupo gravando coa súa titora.




Para premiar aos que conseguiron o reto proposto na Campaña de mobilidade sostible e non contaminante , estamos a imprimir uns chaveiros da mascota de dita campaña que foi a gañadora do concurso de deseño: A centola patinadora deseñada pola alumna Amaya de 4º A- Primaria.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra das nosas impresoras traballando sen parar.

Preme na imaxe


ESCORNABOT RECICLA
O xogo da reciclaxe que foi deseñado o curso pasado polo Equipo de Biblioteca segue a ser un recurso moi utilizado por todos os cursos, sobre todo de 1º a 4º de Ed. Primaria, para traballar o Día do Medio Ambiente. (5 Xuño)


O alumnado de 6º Primaria segue co proceso de acabado das medallas olímpicas. Nos últimos días de clase están a colocar as cintas das medallas: mido cinta, corto, introduzo lazo polo burato da medalla e o nó final.

O escornabot tamén visita a aula de Relixión. O alumnado de 1º e 2º de Primaria estivo xogando cunha plantilla elaborada pola mestra para repasar nomes de persoas e obxectos relixiosos. 



O alumnado de 6º de Primaria segue a facer cousillas novas na aula maker. Desta vez aprenderon a facer chapas. Aproveitamos o debuxo gañador da mascota A centola patinadora da Campaña de mobilidade sostible para facer chapas e regalarllas a todos os participantes do reto desta Campaña. Así, os que conseguiron completar o pasaporte e vir ao cole máis de 20 días andando, en bici ou patinete recibirán o luns unha chapa, diploma e chaveiro da centola impresa en 3D. O resto de participantes recibirán esta chapa de recordo e agradecemento.







CURSO 2019-2020

Comezamos coa transformación da sala maker. No verán tirouse a parede que separaba o laboratorio e a sala de audiovisuais para convertilas nunha ampla sala maker con diferentes zonas de traballo: proxeccións, impresora 3D, ordenadores, mesas de traballo de equipo, croma, parede lego, mobles de almacenaxe de xogos...
Galería de fotos


Neste curso creáronse novos xogos feitos polos alumnos e alumnas na clase de lingua inglesa. Acorde coa temática do novo proxecto: ARDIA 2020 sobre os xogos olímpicos prepararon un novo taboleiro para xogar cos escornabots. 





Robótica e programación cos Bee-bot en Educación Infantil

Aprendendo os números programando o Bee-bot en Ed. Infantil


Formación do profesorado.
O director e mais a responsable da biblioteca acuden á Xornada formativa "Biblioteca Creativa. Comunidade e cidadanía" celebrada en Santiago o 25 de Outubro coa finalidade de continuar a súa formación en Radio escolar e iniciarse no mundo da Impresión 3D.

No comezo do segundo trimestre comezamos a ampliar a formación dos mestres para o uso do Croma e da impresora 3D na nova aula maker.










Nova plantilla para escornabot elaborada polo alumnado de 5º de Educación Primaria en relación á fauna do país que están a investigar no proxecto Ardia2020. Xa está á vosa disposición no moble dos xogos. Só tes que pedir un escornabot ao encargado de biblio e empezar a xogar. 

Xa temos publicados os primeiros videos feitos na nosa aula maker. Preme na imaxe para acceder ao blog do proxecto Ardia 2020 e poderás ver os vídeos feitos polos diferentes países.




1º de Primaria elabora plantillas para traballar as horas do reloxo.
Tamén aproveitaron para xogar con otras plantillas feitas polo equipo de biblioteca. 


E os escornabots tamén viaxan dende a biblioteca á aula de Relixión. Aquí temos ao alumnado de 2º de Ed. Primaria xogando con tarxetas-pregunta e as plantillas que elaborou a profe Mari.
 



XOGO DE ADIVIÑAS DE DEPORTES 
O equipo de axudantes voluntarios de biblio elaborou un novo xogo para o proxecto Ardia 2020. Nas tarxetas atoparán adiviñas sobre deportes ou materiales deportivos e na plantilla estarán o debuxos da solución á que terán que dirixir o escornabot.

Preme aquí para acceder ás tarxetas.


XOGO DAS MULLERES OLÍMPICAS E PARALÍMPICAS
Finalizamos o segundo trimestre coa elaboración por parte do equipo de biblioteca deste xogo na semana do Día da muller en relación co proxecto documental deste curso: Ardia 2020
Nas tarxetas se dan pistas sobre os deportes que practican ou practicaron estas mulleres e se describe algúns dos seus logros máis importantes.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


No curso 2018-2019 comezamos novo proxecto: Biblioteca creativa.




1º TRIMESTRE
Formación dos mestres.
O 19 de Outubro os representantes das Bibliotecas escolares seleccionadas para este proxecto fomos a Santiago para asistir á nosa primeira sesión de formación e adentrarnos no mundo da robótica e a programación. Aprendimos a soldar, montar o noso primeiro escornabot, o amplo abanico de posiblidades educativas que ten e un pouquiño de programación. 
Entregáronos tres escornabots máis para levar ó noso cole e ensinarlles ao resto dos mestres a montaxe. Pronto colgaremos esta nova experiencia.


Nas tardes do 30 de Outubro e do 6 de Novembro, os mestres reunímonos para continuar a formación no centro. O 30 montamos o segundo escornabot e o día 6 montamos o terceiro e o cuarto. Tedes todo o proceso da montaxe explicado paso por paso na seguinte presentación.

Preme na imaxe



2ª Sesión de formación cos mestres: Aplicacións didácticas.


PRIMEIRAS ACTIVIDADES CO ALUMNADO 
Primeira toma de contacto co alumnado

Aproveitando o cartel da CDU para comenzar as primeiras experiencias co escornabot e o alumnado voluntario de biblioteca. Explicamos como temos que facer para que se desprace e empezamos a xogar para ir buscar algún libro ao "Bus" que se indicara. 



Rato que te pilla o gato

Pintamos os cadros de 10 x 10 cms nun trozo de forro. Para xogar empregamos dous escornabots e un dado. Segundo o número que saíra no dado, o xogador tiña dereito a facer ese mesmo número de movementos. O segundo xogador que facía de "gato" tiña que perseguir ao primeiro escornabot (o "rato") ata pillalo do mesmo xeito, segundo o número indicado no dado.
Esquivando pezas de Xadrez

Colocamos pezas do xogo do Xadrez de forma aleatoria nalgúns cadrados do taboleiro. Os catro xogadores tiñan que percorrer o taboleiro esquivando os cadrados ocupados polas pezas. 


Alumnado de 6º de Educación Primaria toman a batuta do deseño de plantillas para estudar os seus contidos e tamén plantillas para outros cursos. Preme na imaxe para ver os primeiros deseños.




Sesión de Formación de usuarios con 2º de Ed. Primaria.




Alumnado de 3º de Educación Primaria na clase de E.F. aprendendo a programar 
(actividade previa á programación dos escornabots)


Alumnado de 6º xogando coas plantillas que crearon eles mesmos cos contidos do 1º trimestre.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

2º TRIMESTRE

Comezamos o segundo trimestre cunha visita especial ao grupo de 3 anos de Educación Infantil. Chegou o momento de presentarlles ao escornabot número un.  

O obxectivo deste novo xogo era chegar ao globo, ao sol, á cara sorrindo, á flor ou ao número un. Que ben o pasaron programando o pequeno escornabot. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.



Sesión de escornabot co alumnado de 6º de Educación Infantil na biblioteca. Plantilla de debuxos, letras e palabras en galego. Programación do robot con axuda. No album de escornabots en Infantil atoparedes máis fotos.

Chegou a quenda do alumnado de 3º de Educación Primaria. Despois de practicar na clase de EF co xogo "Programa ao teu colega", hoxe programaron cos escornabots na biblioteca. Fixeron dous xogos: levar o escornabot ata o compañeiro polo percorrido que quixeran, e despois complicamos un pouquiño a actividades poñendo pezas de xadrez como obstáculos a esquivar.

Alumnado de 1º de Primaria

Xogaron e xogaron: con tarxetas de orientación, con tarxetas do abecedario, con imaxes... o/a que conseguía chegar ao debuxo que dicía antes de programar o escornabot, quedaba coa tarxeta. Houbo moitas risas e moitas emocións ao gañar unha. Fixemos dúas sesións: unha no laboratorio  e ao día seguinte repetimos na biblioteca.

Alumnado de 6º de Primaria

Tamén os de 6º de Primaria queren xogar cos escornabot. Aquí tedes a clase de 6º B xogando coas tarxetas de orientación... Pareceulles sinxelo ao explicalo pero ao final non resultou tan doado...


Xogo de jobs/works elaborado polo alumnado de 4º Ed. Primaria 
Alumnado de 5º de Primaria
At the theatre. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.


Alumnado de 2º cunha sesión de Lingua inglesa, aprendendo con dúas plantillas: unha de alimentos e outra de lugares. Preme na imaxe para ver a evolución dos diferentes xogos que foron facende estes alumnas e alumnos ao longo do curso.



Preme na imaxe para ver galería de fotos

Os Axudantes de biblioteca de 6º ensinando aos de 4º de Ed. Primaria no tempo do lecer o xogo dos lugares elaborado polos alumnos de 6º coa profe de lingua inglesa. Comezamos o xogo nunha casilla en branco, o axudante dí un lugar, buscan a casilla, programan o escornabot para chegar e logo buscan a súa definición das casillas de cor laranxa. Por último programan o escornabot para chegar á definición correcta.



3º TRIMESTRE


O alumnado de 4º de Educación Primaria elaborou un xogo baseado no libro "La vuelta al mundo en 80 días" que leron no plan de lectura deste curso. Se premes a imaxe poderás ver a explicación e fotos deles xogando, ensinando a nenos e nenas doutros cursos no tempo de lecer e dándolle voltas e voltas polo mundo ao escornabot.



O alumnado de 3º de Educación Primaria polo Día de Europa estiveron a investigar as bandeiras dos países da Unión Europea, montaron as bandeiras con pezas Lego e xogaron co escornabot programando o recurrido para localizar o país que lles tocara.

Xogando a A que sabe Europa? no tempo de lecer, alumnado de 6º ensina aos outros cursos como xogar. Temos unha baralla de tarxetas con comidas típicas de Europa. Podemos facer varios niveis de xogo: mirando o dorso da tarxeta para ver a bandeira e o seu país ou sen mirar intentar adiviñar de onde é a comida da fotografía.




 

Alumnado de 4º de Educación Primaria xogando coas grandes relixións coa profe Mari: símbolos, autoridades relixiosas, templos...








O Equipo de biblioteca preparou un novo xogo para traballar a reciclaxe na semana do Medio Ambiente. Preparamos unha pequena plantilla de 3x4 cadros e tarxetas con imaxes de diferentes residuos. Cada xogador ten que programar o escornabot para que chegue ó contedor de lixo correcto. 
Os primeiros en xogar foron os nenos e nenas de 3 anos. Preme na imaxe para ver a galería de fotos. 









Ningún comentario:

Publicar un comentario