venres, 23 de marzo de 2018

SORTEO DE AGASALLOS

E para rematar este segundo trimestre non podíamos deixar de agasallar o esforzo e o traballo dos nosos investigadores. Hoxe, no tempo do lecer, foi o sorteo do Concurso "Adiviña o seu nome". Doce mulleres científicas que foron investigadas a fondo polo noso alumnado dende Educación Infantil ata 6º de Primaria.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

xoves, 22 de marzo de 2018

CELEBRANDO O DÍA DA AUGA

O Día da Auga en Educación Infantil

Hoxe, Día Mundial da Auga, atopamos unha chea de globos azuis e brancos colgados do teito do cole cuns consellos especiais. 
Queredes saber que é o que está escrito nos globos? 
Só tedes que visitar o blogue de Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía para averiguar o que fixeron os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria. Eles o contan mellor que ninguén.


O Día da Auga en 1º de Educación Primaria

mércores, 21 de marzo de 2018

XA TEMOS LOGO GAÑADOR PARA RADIO V.I.


O logo gañador do concurso foi o deseñado polos alumnos de 5º A, Breixo e Álvaro. Noraboa aos dous artistas! O voso deseño xa decora as portas do laboratorio de RADIO V.I. 
Se queres saber mais sobre este proxecto preme no logo.

OBRADOIRO BIBLIOTRAILERS

Hoxe reuníronse os membros dos clubes de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria no tempo de lecer para facer unha sesión especial: Obradoiro de bibliotrailers.
Máis información na pestana do clube.


martes, 20 de marzo de 2018

RECURSOS PARA O DÍA MUNDIAL DA POESÍA

O día 21 de Marzo celébrase o Día mundial da poesía. Preme na imaxe para acceder aos recursos educativos seleccionados polo Equipo de Biblioteca. 
Na pestana do Clube de lectura podes ver o recital que fixeron os membros de 3º e 4º de Educación Primaria con motivo deste día.

luns, 19 de marzo de 2018

DESVELAMOS O NOME DAS DOCE CIENTÍFICAS




Esta mañá desvelamos o nome das doce científicas do concurso "Adiviña o seu nome". O venres día 23, no tempo de lecer, faremos o sorteo de agasallos entre os participantes que cubriron correctamente os doce nomes. 
Tamén podedes escanear os códigos QR que hai ao lado de cada fotografía e escoitar a algúns dos nosos alumnos e alumnas falar delas.

sábado, 17 de marzo de 2018

EXTRA EXTRA!!! CHEGA AO COLE O XORNAL PARA XENTE MIÚDA

A Deputación de Pontevedra envíanos ao centro 12 exemplares do xornal O Papagaio, un xornal feito en galego. Búscaos nos expositores e na sección das revistas. Ademáis a partir de 3º de Educación Primaria haberá un exemplar na biblioteca de aula.

xoves, 15 de marzo de 2018

XADREZ 5º




E hoxe foi a quenda do alumnado de 5º de Educación Primaria. Algúns xa sabían xogar e outros aprenderon un pouquichiño no tempo de lecer. A verdade é que o recreo pasa moi rápido e non da para moito. Dende o Equipo de Biblioteca estamos contentos pola afición que están collendo todos e orgullosos do traballo dos axudantes voluntarios de 6º. Grazas pola vosa colaboración.

mércores, 14 de marzo de 2018

RECURSOS DÍA DOS DEREITOS DOS CONSUMIDORES

Es un consumidor responsable? Coñeces os teus dereitos como consumidor? Para conmemorar o Día dos dereitos dos consumidores (15 de Marzo), o equipo de biblioteca pon a disposición os seus libros no expositor adicado a este día. Ademais podes ver interesantes enlaces con xogos para os máis pequenos e actividades e vídeos para os maiores do cole na nosa pestana DEREITOS DO CONSUMIDOR. 

martes, 13 de marzo de 2018

INICIAMOS A FORMACIÓN DE RADIO NA BIBLIO

O luns día 12 comezamos a formación para o profesorado dentro  do proxecto RADIO NA BIBLIO co colectivo REDE ESPORA. Foi unha tarde moi divertida, na que ademais de aprender como poñer en marcha a nosa radio escolar e as súas inmensas posibilidades na educación puidemos descubrir nalgúns compañeiros e compañeiras verdadeiras voces radiofónicas. Á volta das vacacións de Semana Santa comezaremos os cursos de formación co alumnado de 5º de Educación Primaria.

Toda a información do noso proxecto en RADIO V.I.

luns, 12 de marzo de 2018

SEMANA DA PRENSA 2018


CIENCIA NA PRENSA

Comezamos unha nova semana con máis propostas: Ciencia na prensa.
Busca nos xornais unha noticia interesante relacionada coa Ciencia e a Tecnoloxía e despois entrega un recorte da mesma aos axudantes da biblioteca de 6º. Se a túa noticia resulta escollida aparecerá no mural que prepararán ó longo desta semana. 

Podes atopar noticias, recursos e actividades na pestana adicada á Semana da prensa aquí. 

mércores, 7 de marzo de 2018

XOGO-CONCURSO ADIVIÑA O SEU NOME


O Equipo de Biblioteca pon en marcha o CONCURSO "ADIVIÑA O SEU NOME" polo Día da Muller relacionado co Proxecto Documental Integrado deste curso escolar: Experimento VI: ciencia e tecnoloxía. 
Todo o alumnado de Educación Primaria levou hoxe para casa a ficha do concurso. Nela aparecen 12 mulleres científicas con algunhas pistas. Para averigualo podes pedir axuda na casa, pero recorda que tes un expositor con libros na entrada á biblioteca sobre mulleres científicas e tamén podes buscar a información nos ordenadores. Se consegues cubrir a ficha, só tes que introducila no buzón que está ao lado da exposición fotográfica e participarás nun sorteo de agasallos. Tes ata o día 16 de Marzo para investigar. SORTE!!

martes, 6 de marzo de 2018

XADREZ 3º

Hoxe foi a quenda dos cursos de 3º de Educación Primaria. O alumnado voluntario de 6º ensinou aos seus compañeiros de 3º os segredos do xogo do xadrez. Houbo tempo para coñecer o nome das pezas de xogo, recoñecemento das pezas comprobando cos libros que temos na biblio sobre xadrez, colocación no taboleiro, movementos permitidos e mesmo algunhas estratexias para facer un mate ao rei de forma rápida e sinxela.



 


luns, 5 de marzo de 2018

NOVO MOBILIARIO NA BIBLIOTECA


Grazas á continuidade no PLAMBE puidemos cambiar as antigas mesas e cadeiras da biblioteca por estas tan bonitas. Que delicia escoitar ao alumnado entrar na biblio e dicir: OOOOHHH! Cadeiras novas! e mesas mais grandes!

venres, 2 de marzo de 2018

SEGUNDA SESIÓN DO OBRADOIRO DE XADREZ

Preme na imaxe para ver a galería de fotos

Tralo éxito da primeria xuntanza co voluntariado de biblioteca para organizar as clases de Xadrez no tempo de lecer, continuamos coa segunda sesión para sextos, onde todos os participantes voluntarios xogaron e aprenderon estratexias do xogo. O equipo de axudantes xa está preparado para comezar a ensinar aos seus compañeiros. O calendario das clases durante o mes de Marzo será o seguinte:

Martes, día 6: Alumnado de 3º 
Luns, día 12: Alumnado de 4º
Xoves, día 15: Alumnado de 5º
Martes, día 20: Campionato

RECURSOS PARA O DÍA DA MULLER, 8M

Como non podía ser de outra maneira, e de acordo co noso proxecto Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía, neste curso adicamos toda a nosa atención as mulleres científicas. O equipo seleccionou os libros que dispomos na biblioteca para preparar xa o expositor e engadiu mais recursos atopados na web no taboleiro de Pinterest. Tamén podedes ver a bibliografía relacionada cos traballos de investigación que estades a facer por etapas e niveis aquí.


Consulta as actividades programadas na páxina Día da Muller.