xoves, 20 de xuño de 2019

ENTREGA DE PREMIOS DO CONCURSO PASAPORTE LECTOR

Esta maná foi a entrega dos premios aos gañadores do Concurso do Pasaporte Lector. Noraboa a todos e todas. Animamos ao resto do alumnado a seguir participando no vindeiro curso. 






FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!


mércores, 19 de xuño de 2019

CHEGAN Á BIBLIOTECA OS TRABALLOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

Centos de traballos que fixeron os nenos e nenas xunto coas súas familias nos diarios das mochilas viaxeiras están a chegar estes días á nosa biblioteca. Preme na imaxe para ver o album de fotos. Pola cantidade non podemos publicar todos pero sí iremos seleccionando e subindo máis traballos a medida que vaian chegando. Este ano houbo moitos que empregaron os libros de receitas que ían nalgunhas mochilas e hai traballos moi bos. Noraboa a tod@s e grazas pola vosa participación. 

NOVA SESIÓN DE CONTACONTOS

Onte catro grupos de axudantes de biblioteca de 6º de Educación Primaria fixeron o seu último Contacontos para todo o alumnado de Educación Infantil. Cada grupo leu e proxectou imaxes de contos relacionados co proxecto A que sabe o mundo? e co medio ambiente. Preme na imaxe para ver a galería de fotos.


martes, 18 de xuño de 2019

INFANTIL SE VA A BRASIL

O alumnado de Educación Infantil non para de viaxar. Investigaron Italia, China e agora descubrimos a súa exposición na entrada ao colexio de cando estudaron lugares, costumes e tradicións de Brasil.
Preme na imaxe para ver os traballos mellor. 

Para máis información visita o seu blog Aprendemos sorrindo.

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 19

Como todos os anos o Equipo de Biblioteca publica unha guía de lecturas para o verán. Como non podía ser doutra maneira, a guía vai da temática do noso proxecto deste curso escolar 18-19. Dos moitos libros informativos e contos que hai relacionados co tema da cociña, aquí tedes os que máis gustaron. 
Felices lecturas e comidas de verán a toda a Comunidade Educativa!

Preme na imaxe para ver a guía

luns, 17 de xuño de 2019

XORNADA PORTAS ABERTAS ESCOLA INFANTIL

Hoxe tivemos unha xornada de portas abertas para os nenos e nenas da Escola Infantil Galiña Azul de O Grove acompañados polas súas mestras e as súas familias. O vindeiro curso comezarán 4º de Educación Infantil no noso colexio. 
Primeiro o director ensinoulles as instalacións: a súa futura aula, os espazos de xogos nos días de choiva, os aseos, o patio... e por último asistiron á nosa biblioteca onde os nosos axudantes de 6º de Primaria fixeron un Contacontos.

venres, 14 de xuño de 2019

3º e 4º RECIBEN A VISITA DE PIRAGÜISTAS



Durante dous días recibimos a varias profesionais do Club de piragüismo Breográn de O Grove. O alumnado de 3º e 4º de Educación Primara coñeceu así un deporte que no noso Concello ten moita representación a nivel mundial. Primeiro fixeron unha presentación do Club e déronnos unha charla informativa sobre este deporte e as diferentes modalidades do mesmo. Despois deixáronos os diferentes tipos de remos para practicar.

xoves, 13 de xuño de 2019

PUBLICACIÓN DO 6º EPISODIO DE RADIO: A QUE SABE O MUNDO?


Rematamos o programa especial de radio deste curso sobre o noso proxecto A que sabe o mundo? con moita alegría. Nel podedes escoitar ao alumnado de 6º recitando a receita "Canapé de queixo feliz" do libro de Isabel Blanco "As receitas de Rosaura" ; de seguido os de 2º falan das súas experiencias na cociña; os de 3º interpretan o conto en lingua castelán "La rebelión en la cocina"; e para rematar o programa o alumnado de 1º canta coa profe Olga "O polo Pepe". Esperamos que vos guste. 


Preme na imaxe

Toda a información sobre o proxecto Radio na biblio aquí.

RECICLANDO CO ESCORNABOT EN 3 ANOS

O Equipo de Biblioteca diseñou un novo xogo para o proxecto Biblioteca Creativa sobre a reciclaxe polo Día do Medio Ambiente. Os primeiros en xogar foron os nenos e nenas de 4º de Educación Infantil. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

mércores, 12 de xuño de 2019

6º PREPÁRASE PARA IR A ONS


O alumnado de 6º de Educación Primaria embarca mañá camiño da Isla de Ons. Por iso, hoxe estiveron cos seus titores na biblioteca, documentándose e preparándose para a visita que van facer de dous días á Isla. Visitaron a páxina web do camping onde van descansar e revisaron as rutas de senderismo no Google Maps.

CONTACONTOS PARA 1º E 2º


Os axudantes de biblioteca de 6º realizaron un Contacontos para os nenos e nenas de 1º e 2º de Educación Primaria. Prepararon unha presentación dixital do conto para acompañar á lectura dos textos. 

Ver las imágenes de origen
O primeiro conto "Historia dunha lata" estaba relacionado co tema da reciclaxe. 

Ver las imágenes de origen
O segundo conto "A mellor sopa do mundo" estaba relacionado co noso proxecto de cociña A que sabe o mundo? e a amizade.


martes, 11 de xuño de 2019

O RESTAURANTE ITALIANO DOS NENOS DE 4 ANOS


O alumnado de Educación Infantil remata as súas actividades para o Proxecto A que sabe o mundo? coa montaxe dun restaurante. 
No blog Aprendemos sorrindo atoparedes todo o proceso de investigación e as tarefas finais. 

luns, 10 de xuño de 2019

CARAPUCHIÑA E OUTRAS PERSOAXES NA NOSA RADIO


Alumnado de 4º de Educación Primaria fai entrevistas ficticias ás persoaxes dos contos clásicos cos que estiveron a traballar neste último trimestre. Eles poñen as voces aos protagonistas dos contos que versionaron dunha forma moi creativa. 

Para máis información da nosa canle en RADIO V.I.

venres, 7 de xuño de 2019

EXPOSICIÓN DE TRABALLOS PREMIADOS


Xa están expostos os traballos premiados do Concurso do Pasaporte Lector no corredor da planta baixa. Se atopas o teu exposto, tes premio! 
Non esquezas acudir á entrega de premios que realizaremos o xoves, día 20 de Xuño ás 12:40 h. no patio ao remate do tempo de lecer.

xoves, 6 de xuño de 2019

XADREZ

                                                

Para rematar o curso temos Campionatos de Xadrez. 
Pasa pola biblio no tempo de lecer e apúntate!

mércores, 5 de xuño de 2019

CHARLA PARA CONMEMORAR O DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Galería de fotos 

Hoxe visitounos Manuel Domínguez para falarnos dos ecosistemas, das especies invasoras e do que podemos facer nós para axudar e contribuír ao coidado do Medio Ambiente. Ademáis o alumnado de 6º de Ed. Primaria, despois das charlas foi facer unha ruta para ver "in situ" algunhas das especies invasoras da nosa contorna.

martes, 4 de xuño de 2019

CONTACONTOS POR UN DÍA

Pola Semana das Letras Galegas realizouse a segunda sesión de "Contacontos por un día" grazas a colaboración das familias. Na primeira sesión durante o Samaín moitas nais quedaron sen participar por falta de tempo, así que as mestras de Infantil invitaron de novo as familias a participar nunha nova sesión. Como lles gusta aos nos@s pequerrech@s escoitar ás súas mamás!







luns, 3 de xuño de 2019

LECTURA FÁCIL

Ampliamos a nosa colección de libros informativos con pictogramas para os nenos e nenas que comezan a ler e para os que precisan axuda cunha lectura fácil e divertida.
Por unha biblioteca inclusiva!

INFANTIL LÉVANOS AO MUNDO DE CHINA

Galería de fotos
Despois das exposicións e traballos dos nenos e nenas de 4 anos sobre Italia, atopámonos con esta espectacular ambientación de China, outro dos traballos dos investigadores de 5 anos. Noraboa pola vosa curiosidade e por compartir os vosos descubrimentos con todo o cole!

Novo episodio de A que sabe o mundo?

Chegando ao remate do curso, aquí temos o penúltimo episodio do Programa de Radio: A que sabe o mundo? Nel escoitaredes ao alumnado de 6º falando da comida tailandesa en inglés, unha entrevista que fixeron os de 5º a autora dos libros: "Mel nas filloas" e "Receitas Pequerrechas" que temos na nosa biblioteca e por último unha receita especial en rima: "Mazás vermellas do bosque con caramelo" do libro "As receitas de Rosaura" de Isabel Blanco.

LIBRO COLABORATIVO

Preme para velo
Este curso o alumnado de todo o colexio elaborou este libro de receitas no Proxecto Documental Integrado A que sabe o mundo?
Para velo de forma dixital preme na imaxe. Ten páxinas con solapas que descubrir así que non dubides en pasar pola biblio para velo mellor de forma impresa.