 |
Preme na imaxe para acceder aos recursos |
O Día Internacional da Muller, orixinalmente coñecido como Día Internacional da Muller Traballadora, conmemorado cada 8 de marzo e recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade, é festa recoñecida nalgúns países, e tradicionalmente grupos e asociacións de mulleres militantes no feminismo ou no movemento obreiro preparan manifestacións, por veces utilizando o nome orixinal, por todo o mundo, para facer ver as súas reinvindicacións para mellorar as condicións da muller, e festexar os avances e loitar pola superación dos atrancos.
ACTIVIDADES 2025
INVESTIGANDO A MULLERES ARTISTAS GALEGAS
O Equipo de biblioteca preparou unha exposición de mulleres artistas na biblioteca a que todos os cursos puideron visitar durante este mes de marzo. Trátase de 9 mulleres galegas coñecidas en diferentes disciplinas artísticas: as pintoras Maruja Mallo e Rosa Guisán; a escultora Soledad Peralta; a ilustradora de contos Blanca Millán, a arquitecta Milagros Rey, a actriz María Casares, artistas musicais como Guadi Galego ou as Tanxugueiras, e por suposto a nosa poeta Rosalía de Castro.
Nesta exposición os nenos e nenas poden ler a información a carón de cada fotografía da artista e escanear coas tablets da biblio os códigos QR para ver as súas obras. Trátase dunha actividade integrada no PDI deste curso 24-25: "Somos Artistas".
Por outra banda, na zona de Educación Infantil e na zona interclases de 1º ciclo fixerónse actividades sobre a artista xaponesa Yayoi Kusama. Na zona de Educación Infantil decoraron con pegatinas de cor violeta e escanearon códigos QR para ver as obras desta artista. Na zona de 1º ciclo a mestra de ARTS iniciou a decoración co alumnado de 1º ciclo para invitar a continuación ao resto do cole a participar.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria escoitou un recital de poesía para celebrar o Día da poesía na nosa biblioteca. Queco Fresco e Mari Carmen Cacabelos co grupo Diversos Conversos emocionaron co seu recital ao noso alumnado con temática relacionada do Dia da muller, a igualdade e a poesía.
ACTIVIDADES 2024
XOGO "MULLERES MESTRAS DO VALLE INCLÁN" INFANTIL E PRIMARIA
VISITA E ENTREVISTA NA RADIO A CONCHA(Muller do Conxerxe nos anos 70 e 80) E TERESA(Muller do quiosco sito na entrada do colexio nos seus comezos)
MURAL INFORMATIVO ELABORADO POR 6º PRIMARIA
CARTACES ELABORADOS POR 3º PRIMARIA
ACTIVIDADES 2023
VIDEOCONFERENCIA COA ACTRIZ IRIA PARADA (6º-PRIMARIA)
FORMACIÓN NA BUSCA, SELECCIÓN, USO E TRATAMENTO DA INFORMACIÓN
(3º - 4º PRIMARIA)
ACTIVIDADES 2022
GLOSARIO FEMINISTA (ELABORADO POR 6ºA-PRIMARIA)
INVESTIGANDO A MULLERES NOS FONDOS BIBLIOGRÁFICOS DA BIBLIO (4º PRIMARIA)
EXPOSITOR E ALBUM DE RECOMENDACIÓNS LECTORAS (EQUIPO DE BIBLIOTECA)
Na aula de 5º Infantil crearon candaseu barco de papel, despois de escoitar o conto de "Daniela a pirata" que fala dunha nena que soñaba con ser pirata e á que non deixaban por ser muller. Con ela descubriron que tod@s , nenos e nenas , temos dereito a ser o queremos ser.
TRABALLO DE INVESTIGACIÓN DE 3º SOBRE MULLERES CIENTÍFICAS "ANIMALARDIA"
OS NENOS E NENAS DE 6º INFANTIL FALAN E ESCRIBEN SOBRE AS MULLERES DA SÚA FAMILIA.
ACTIVIDADES 2021
MULLERES QUE SON NOTICIA (EQUIPO BIBLIO)
ACTIVIDADES 2020
EXPOSITOR BIBLIOTECA
MURAL EDLG
XOGO-CONCURSO "OLÍMPICAS E PARALÍMPICAS"
MULLERES DAS FAMILIAS EN EDUCACIÓN INFANTIL
OS BOLECHAS POLA IGUALDADE EN 1º PRIMARIA
POSTAL PARA A MULLER MÁIS IMPORTANTE DA MIÑA VIDA
Traballando a igualdade na aula de Música
ACTIVIDADES 2019
XOGO-CONCURSO "MULLERES DA ALTA COCIÑA"
VISITAS DE NAIS E AVOAS EN EDUCACIÓN INFANTIL
No blog de Infantil podedes atopar as visitas de diferentes nais, tías, avoas... que visitaron as aulas de Educación Infantil para contar a que se dedican e falar dos seus traballos.
Enlace ás visitas en 4 anos
aquí.
Un día con... Rocío Garrido Camarés, autora de varios libros de cociña, bloguera e cociñeira-pasteleira.
ACTIVIDADES 2018
Exposición de fotografías de mulleres traballando do alumnado do centro (Organizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega).
Selección de recursos por etapas e niveis
aquí.
ACTIVIDADES 2017
"A muller máis importante na miña vida é..."
O alumnado interesado en participar terá que escribir unha pequena reseña sobre a muller que considere máis importante para el ou ela. Poderase acompañar dunha foto ou debuxo da muller. Entregarase en cartolina ou folio A4. O prazo de presentación será ata o 13 de marzo. Toda información no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega.
Ver traballos aquí.
"Pon o mandil" consiste na gravación dun vídeo no que nos contedes a que se adican as mulleres que están preto da vosa vida. O alumnado de 6º explícao perfectamente no blog do proxecto Mans de terra.
Ver vídeos aquí.
"Un día con Adelina Padín Forte", experta agricultora ecolóxica grovense que ensinaranos os segredos para traballar no horto.
Ver vídeo-resumo da xornada aquí.
ACTIVIDADES 2016
Seguindo a temática do proxecto Vivir tocando o mar imos adicar especial atención ás mariscadoras do Grove. O reto desta actividade é facer un video de 21 segundos falando das mariscadoras do Século XXI. Toda a información de como facelo no blog do proxecto.
Atoparedes tamén información na zona interclase de 1º, xunto ao acuario a semana do 7 ao 11 de Marzo, nos expositores da biblioteca e no taboleiro de pinterest.
https://es.pinterest.com/valleincln/8-m-d%C3%ADa-da-muller/
Ningún comentario:
Publicar un comentario