venres, 14 de novembro de 2025

Formación de usuarios do alumnado de 4º de Ed. Infantil


Comezamos as sesións de formación de usuarios cos alumnos e alumnas máis novos do cole, o alumnado de 4º de Educación Infantil. Aproveitando unha das sesións de visita á biblioteca do seu horario semanal fixemos a formación de usuarios para aprender a escoller libros axeitados a súa idade, buscalos nos carriños e andeis e a coidalos. Nesta sesión tamén miraron contos, usaron os xogos de construcción e aprenderon a deixar todo recollido no seu lugar.
Por último levaron para casa a súa mochila co libro de préstamo e tamén a mochila viaxeira que comezará a súa viaxe polas casas.

 

Ningún comentario:

Publicar un comentario