Comezamos unha nova semana coas actividades do Samaín. O programa deste ano inclúe:
1. "Contacontos por un día" en Educación Infantil coa colaboración das familias. Na primeira sesión das mañás dos días 28, 29 e 30.
2. "Lecturas terroríficas" en Educación Primaria coa colaboración do alumnado de 6º.
Mañá 29 acudirá á biblioteca no tempo da "Hora de ler" o alumnado dende 1º a 3º de Ed. Primaria e o mércores 30 será a quenda para alumnado de 4º a 6º de Ed. Primaria. Estes son os anuncios que pegaron os de 6º por todas as paredes do cole.
3. Exposición de cabazas. Como todos os anos precisamos a colaboración das familias para realizar esta exposición. Este ano o proxecto vai sobre as Olimpiadas, así que esperamos recibir moitas cabazas decoradas deportivamente. Preme aquí para coller ideas.
Na biblioteca podes escoller o que máis medo che dea....
Recorda que nos taboleiros de Pinterest SAMAÍN podes atopar unha chea de recursos e ideas para esta semana: libros, cancións, curtas de medo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario