Preme na imaxe para ver as instrucións
CURSO 23-24
Neste curso comezamos creando un novo programa de radio escolar sobre a temática do Proxecto Documental Integrado 50 ANOS DE HISTORIA, con motivo do 50 aniversario do noso centro.
Os primeiros protagonistas foron os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria que fixeron 2 episodios sobre o cole dos seus familiares: pais, nais, tías, avoas...
Deixamos aquí os enlaces aos dous primeiros episodios:
Na Xornada de Portas Abertas da Biblioteca as familias participaron nun xogo-reto no que tiñan que falar sobre unhas imaxes dos Anos 70 (unha das probas da xincaca de presentación do PDI 50 Anos de Historia).
Gravamos 13 episodios:
En Novembro, o alumnado de 6º de Educación Primaria realizou un traballo de investigación sobre a diabetes no mes da Ciencia en Galego. Aproveitaron que o seu compañeiro Xyan ten diabetes para facerlle unha entrevista a el e a súa familia na radio o día 14, celebrando o Día da Diabetes.
Deixamos aquí o enlace á entrevista:
Entre mediados de Novembro e mediados de Decembro, este mesmo curso de 6º de Educación Primaria preparou unhas cancións dos Anos 70 para o PDI 50 Anos de Historia. Podedes escoitar os audios no Programa Musical de RADIO V.I. ou premendo nos seguintes títulos:
Galería de fotos
En Xaneiro, o alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu a formación con Damián Alonso (Ponte nas ondas).
A xornada durou toda a mañá: Primeiro recibiron formación para o uso do Audacity, logo uns coñecementos técnicos sobre a radio e practicaron as diferentes entoacións. Despois do tempo de lecer, prepararon por parellas a súa sección para realizar entre todos un programa de Diversidade Cultural: uns falaron sobre O Grove, o colexio, gastronomía, fixeron entrevistas, contaron chistes, lanzaron adiviñas aos oíntes... e ademáis todos foron pasando polos diferentes postos: guionistas, locutores e por último técnicos de son empregando a mesa de mesturas e o ordenador.Deixamos aquí o enlace ao Falso Directo.
https://www.ivoox.com/falso-directo-2024-audios-mp3_rf_123027053_1.html
Neste mesmo mes, o alumnado de 6º de Educación Primaria recibiu á escritora grovense Eva Gondar trala lectura do seu libro "El desván de Ary" no primeiro trimestre. Aproveitaron para entrevistala sobre a súa obra literaria e tamén preguntarlle pola súa infancia como alumna no noso centro.
En Febreiro foi a quenda do alumnado de 5º de Educación Infantil que pasaron polo estudio de Radio V.I. para falar do que saben sobre Valle Inclán, escritor que da nome ao noso colexio e as siglas da radio.
Tamén os nenos e nenas de 1º de Educación Primaria fixeron a súa aportación ao Programa do PDI falando do que saben sobre a Festa do Marisco de O Grove, sección que están a investigar nestes momentos.
Entre o Día da Radio e o Día de Rosalía de Castro, o alumnado de 4º de Ed. Primaria investigou a vida e obra da nosa poeta favorita para conmemorar o seu día e gravar un episodio adicado a ela.
En Marzo e Abril graváronse máis programas de radio para o PDI 50 Anos de Historia formando parte da fase de investigación do mesmo.
Así o club de Biblioteca Creativa de 6º de Educación Primaria invitaron a varias persoas que estiveron no noso colexio nos seus primeiros anos para entrevistalas e seleccionar información para o produto final do PDI: un libro sobre a historia do colexio e O Grove.
Entrevista a Ángeles Besada, alumna que inagurou o colexio no 73
O alumnado de 3º Ed. Primaria gravou varios episodios para o Programa de Recomendacións Lectoras de RADIO V.I.
O primeiro audio vai sobre cómics, proposto polo Equipo de Biblioteca para celebrar o Día do Cómic e relacionado tamén co lema deste curso escolar das Bibliotecas Escolares de Galicia: Unha biblioteca escolar en viñetas.
No segundo audio falan doutros xéneros literarios que atoparon na nosa biblioteca.
O club de lectura de 5º de Ed. Primaria gravou tamén recomendacións lectoras dos libros lidos neste cursos escolar.
O alumnado de 5º de Educación Infantil gravou novos episodios para o Programa "Sobre gustos non hai nada escrito" aproveitando as sesións de biblioteca con apoio dun membro do Equipo. Neste programa falan dos seus gustos persoais sobre o que máis lles gusta facer no cole, na casa, os seus contos favoritos, cancións, películas, comidas, xogos....
📻📻📻📻📻📻📻📻📻📻
CURSO 22-23
Inauguramos estudio de radio coas entrevistas que fixemos ás familias na Xincana da Xornada de Portas Abertas o día 20 de Outubro de 2022.
Episodio 1:https://www.ivoox.com/primeiras-entrevistas-da-inauguracion-da-biblio-audios-mp3_rf_95401754_1.html
Episodio 2: https://www.ivoox.com/segundo-episodio-entrevistas-as-familias-audios-mp3_rf_95434447_1.html
Episodio 3: https://www.ivoox.com/terceiro-episodio-entrevistas-as-familias-audios-mp3_rf_95439336_1.html
Episodio 4: https://www.ivoox.com/cuarto-episodio-entrevistas-as-familias-audios-mp3_rf_95440809_1.html
Episodio 5: https://www.ivoox.com/quinto-episodio-entrevistas-as-familias-audios-mp3_rf_95442434_1.html
Episodio 6: https://www.ivoox.com/sexto-episodio-das-entrevistas-as-famlias-audios-mp3_rf_95443413_1.html
Episodio 8: https://www.ivoox.com/derradeiro-episodio-entrevistando-as-familias-audios-mp3_rf_95447588_1.html
Alumnado de 6º B gravan as lecturas terroríficas que leron ao alumnado de 1º ciclo de Primaria e 6º de Ed. Infantil pola celebración do Samaín
https://www.ivoox.com/lecturas-terrorificas-a-casa-enmeigada-os-dentes-audios-mp3_rf_95402576_1.html
Alumnado de 6º A gravan tamén unha historia inventada polo mestre Alejandro titulada "Quen sabe de Xulia?" e que leron na biblioteca para o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria na celebración do Samaín.
No mes de Novembro, o Equipo de Biblioteca propúxolles aos rapaces e rapazas de 5º de Ed. Primaria investigar sobre científicas galegas.
Na primeira sesión estiveron buscando na sala dos libros informativos e nos ordenadores, seleccionaron a información e prepararon o guión para o programa de radio Aprende con Nós.
Nas seguintes sesións foron por quendas a gravar ó estudio de radio.
O resultado foi o seguinte podcast:
Rematamos o primeiro trimestre invitando as familias a unha xornada de karaoke pola tarde.
Participaron varias familias e nenos e nenas que estaban disfrutando da nosa biblioteca esa tarde.
A actividade consistiu en cantar cancións das películas en consonancia co Proxecto Alucine deste curso 22-23.
Preme nos enlaces e recorda esperar uns segundos despois de darle a reproducir, os audios sonarán despois da publicidade.
-Familias de: Vera, Alba Prol e Alba Montesinos
2º TRIMESTRE
Deixamos aquí o enlace directo ao podcast. Recorda esperar uns segundos despois de darlle a Reproducir.
O Club de lectura (5º e 6º Ed. Primaria) comeza a gravación dos audiocontos, actividade dentro da programación do 2º trimestre. Deixaremos aquí os enlaces aos contos que vaian gravando:
Sheila e Lara: https://www.ivoox.com/e-ti-farias-audios-mp3_rf_102152018_1.html
Eva e Miriam: https://www.ivoox.com/o-aire-do-lobo-rigoberto-audios-mp3_rf_103997639_1.html
Noa, Vega, Daniela, Lucía e Iván: https://www.ivoox.com/isto-non-e-unha-selva-audios-mp3_rf_104539734_1.html
Na semana do Día Mundial da Radio comezamos a gravar máis episodios para o PROGRAMA de debates "Ti tes a palabra". Desta vez, o alumnado de 6º de Educación Primaria fala das súas películas favoritas e debate cos seus compañeiros cal é a mellor explicando os seus argumentos.
Aquí deixamos o enlace aos 6 episodios:
ALUCINE 1 onde participaron Sheila, Lara, Anna e Roi.
ALUCINE 2 coa participación de Lidia, Miriam, Alex e Denís.
ALUCINE 3 coa participación de Zaira, Eva, Eloy, Ezequiel e Samuel.
ALUCINE 4 coa participación de Izan, Daniel, Amaya e Luisa.
ALUCINE 5 coa participación de Enma, Paula e Uxía.
O alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu ao escritor Ramón Caride, autor dun dos moitos libros que temos na nosa biblioteca. Unha das lecturas do Plan Anual de lectura deste curso foi "As músicas viaxeiras" e solicitamos á Editorial Xerais que organizara unha visita do escritor. A xornada foi moi divertida, con charla inicial na biblioteca na que lle fixeron moitísimas preguntas, despois o momento que máis ilusión lles facía a todos: as firmas dos libros, logo os nenos e nenas ensináronlle todos os recunchos da nosa biblioteca e explicáronlle todo o que facemos nela e por último gravaron un posdcast no estudio de radio.
Alumnado de 5º de Ed. Primaria gravou máis episodios para o noso programa de POESÍA, desta vez na área de Lingua Castelá para o Día Mundial da Poesía, 21 de Marzo, con poemas creados por eles mesmos. Preme na imaxe para acceder ao audio.
Para rematar o 2º trimestre, o alumnado de 5º recibiu o curso de Formación do Programa Radio na Biblio, con Damián Alonso, de Ponte nas Ondas. Foi unha mañá moi produtiva onde aprenderon a manexar o Audacity para gravar e editar os audios, aprenderon a facer un podcasts e fixeron un programa entre os 24 alumnos e alumnas con temáticas moi variadas.
3º TRIMESTRE
O alumnado de 6º de Educación Infantil grava na radio adivinanzas para o programa que temos de POESÍA mostrando as súas primeiras destrezas na iniciación á lectura.
O alumnado de 4º A- Primaria realizou gravacións de Radioaprende sobre temáticas variadas que publicamos no novo programa creado este ano: Diversidade Cultural.
O Equipo de Biblioteca fíxolle unha propota ao alumnado para participar no V Concurso Radio na biblio. Grazas á colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega e ao alumnado de 4º B- Primaria de Educación Primaria elaborouse un rap sobre a vida do autor Francisco Ferández del Riego, a quen se lle dedica esta ano o Día das Letras Galegas e o publicouse no noso Programa Musical de RADIO V.I. Primeiro fixeron a investigación sobre o autor cos libros da biblioteca, logo inventaron a letra do rap e finalmente gravaron o audio coa axuda do mestre Gael. Deixamos aquí o enlace ao audio na nosa canle de RADIO V. I.
O alumnado de 6º A realizou un novo debate para o Proxecto Alucine na área de lingua galega sobre se é mellor ver as películas na casa, na televisión ou pola contra ir a unha sala de cine. Podédelo escoitar neste enlace ao Programa de debates "Ti tes a palabra" de RADIO V.I.
O alumnado de 4º A, dentro do programa de radio na biblio realizou un traballo final do reforzo en escritura relacionado co PDI Alucine.
Falaron da súa película favorita: Sonic. Os compañeiros deste curso fan unha descripción das persoaxes e falan das súas habilidades. Actividade integrada no Plan de intervención do Departamento de Orientación de Reforzo da Lingua Castelá.
Enlace ao audio: https://www.ivoox.com/hablando-sonic-audios-mp3_rf_107021871_1.html
O alumnado do Club de lectura de 5º de Educación Primaria grava no Programa Musical a banda sonora da película que fixeron "Historia dunha sobreira".
----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
Curso 2021-2022
Os primeir@s en gravar na radio este ano foron @s de 4º de Primaria.
Inventaron contos de medo na área de Lingua castelá. Despois acudiron ao estudio para gravar os contos e subilos a nosa canle de radio.
O alumnado de 3º B elaborou unhas mensaxes para celebrar o 25N contra a violencia de xénero e acudiron ao estudio para gravar.
Mensaxe de 3º B na radio
Deixamos aquí os enlaces aos diferentes noticieros que van gravando cada xoves.
No segundo trimestre organizamos un novo programa de radio titulado "Quen o escribiu?" coa participación de todo o centro: Infantil e Primaria. O Equipo de Biblioteca deseñou un calendario de preparación, gravación, edición e publicación dos episodios. Comezaron o primeiro episodio os alumnos de 6ºB de Ed. Primaria. O programa consiste en narrar un anaco dun conto para que os oíntes adiviñen o título e o autor de dito conto.
Enlace aos episodios:
Conto 1 (6ºB- Primaria)
Conto 2 (6ºA-Primaria)
Conto 3 (5ºB- Primaria)
Conto 4 (5ºA- Primaria)
Conto 5 (4º- Primaria)
Conto 6 (3ºB- Primaria)
Conto 7 (3ºA- Primaria)
Conto 8 (2º- Primaria)
Conto 9 (1º- Primaria)
Conto 10 (6ºB- Infantil)
Conto 11 (6ºA- Infantil)
Conto 12 (5º - Infantil)
Conto 13 (4º -Infantil)
Despedida e peche do programa (Axudantes Biblioteca)
No mes de Marzo, alumnado de 4º e 3º de Primaria engadiron episodios ao Programa de POESÍA:
No terceiro trimestre comezamos a gravar de novo audios para o Programa de Debates que este ano quixemos darlle un título acorde co lema das Bibliotecas Escolares: "Ti tes a palabra"
Os primeiros en debater foron os alumnos e alumnas de 5ºA de Valores que elexiron a temática dos experimentos con animais. Queres saber o que pensan sobre este tema? Preme na imaxe e escoita o seu debate.
O alumnado de 3º de Primaria tamén fixo unha investigación sobre os animais mariños. Nas clases de Educación Artística e Lingua Inglesa prepararon uns trípticos coa información atopada e como tarefa final un programa simulando unha visita a un acuario. Preme na imaxe para escoitar o audio que engadiron ao English Programe.
Un dos últimos programas deste curso 21-22 realizouno o alumnado de 5º de Ed. Infantil que tivo a sorte de estrenar o novo estudio de radio para propoñernos resolver unha chea de adiviñas do PDI AnimalArdia. Podedes escoitalas no Programa POESÍA de RADIO V.I.
Alumnado de 4º Primaria grava máis debates para o progroma "Ti tes a palabra". Nesta ocasión prepararon os debates na área de Lingua Castelán sobre o coidado e trato dos cans. Escoita os audios na nosa canle de RADIO V.I.
Curso 2020-2021
Comezamos un novo curso participando de novo neste proxecto con algo de retraso debido á necesidade de tomar as medidas de seguridade para cumprir o protocolo de adaptación á situación COVID-19.
Os primeir@s en gravar na radio este curso son os alumnos e alumnas de 5º A. O curso pasado estiveron investigando para o proxecto documental do centro Ardia 2020 sobre deportistas olímpicos a nivel mundial importantes. Estos días están a gravar en grupos reducidos os resultados da súa investigación nun novo programa:
Alumnado de 5º B continúa realizando novos episodios para o programa English Programe. Nesta ocasión trátase de dúas historias de medo realizadas por dúas alumnas de 5º de Educación Primaria sobre a Santa Compaña, relacionadas coa celebración do Halloween na área de lingua inglesa.
Alumnado de 5º de Infantil participan no noso programa musical coa canción "Para la guerra nada" con motivo da celebración do Día escolar da non violencia e da Paz.
Alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu a formación de radio cunha videoconferencia realizada cos dous grupos (5ºA e 5ºB) e o xornalista e formador Luis Pardo.
Gravamos máis poemas no Programa adicado á Poesía celebrando o Día Escolar da non violencia e a paz: alumnado de varios cursos recitou poemas de Gloria Fuertes e de José González Torices e alumnado de 5º A inventou os seus propios poemas. Xa podes escoitalos no noso Programa Poesía.
Novo episodio para o noso programa APRENDE CON NÓS sobre a vida de Beethoven realizado polo alumnado de 5º e 6º de Ed Primaria.
Comparsas de Entroido gravadas na radio
Enlace para ver o documento coas letras das cancións:
Curiosidades deportivas no Programa Ardia 2020-2021
Alumnado de 2º B de Educación Primaria varios episodios no Programa Ardia 2020-2021 sobre Curiosidades deportivas.
Episodio 1 Curiosidades deportivas
Episodio 2 Os deportes en Camerún
Episodio 3 Máis curiosidades
Alumnado de 2º A engade un audioconto ao noso programa de AUDIOLIBROS V.I. titulado "Crispín, el cerdito que lo tenía todo" con motivo do Día dos dereitos do consumidor. Enlace ao audio: https://www.ivoox.com/audiocuento-crispin-cerdito-lo-tenia-todo-audios-mp3_rf_67007445_1.html
Alumnado de 6º B realiza episodios no programa ARDIA 2020-2021 sobre persoas importantes de Noruega, país que representan nos nosos Xogos Olímpicos.
Alumnado de 6º de Educación Primaria fan un novo episodio no English Programe, nesta ocasión investigaron sobre os seu país de nacemento. Podédelos escoitar en https://www.ivoox.com/about-my-country-audios-mp3_rf_67334391_1.html
Novo episodio para o programa Fábulas e Lendas elaborado por 6º A. Investigaron Lendas galegas e o resultado podédelo escoitar na nosa canle https://www.ivoox.com/lendas-galegas-6-a-audios-mp3_rf_68136168_1.html
Alumnado de 5º de Educación Primaria fai recomendacións lectoras engadindo máis episodios a este programa pola Semana do Día do Libro e os dereitos de autor.
Alumnado de 3 anos fai un episodio adicado ao Día internacional da risa (2 de maio). Podedes escoitalo no Programa de Opinión: https://www.ivoox.com/dia-internacional-risa-audios-mp3_rf_69686802_1.html
Lúa en Ningures
Os de 6ºA quixeron tamén facer un episodio para o programa Recomendacións lectoras. Unha das lecturas que fixeron no plan lector foi o libro titulado "Lúa en Ningures" de Beatriz Maceda.
O alumnado de 5º A de Valores compuxeron un rap para conmemorar o Día do Medio Ambiente e o gravaron na radio para o noso Programa Musical. Preme na foto para escoitalos.
CURSO 2019-2020
Continuamos participando no proxecto Radio na Biblio.
No primeiro trimestre graváronse novos audios, pero ata o segundo non houbo tempo para comezar a subilos á nosa canle de radio.
Aquí vos deixamos o primeiro enlace a un novo programa: HISTORIAS INVENTADAS que foi inaugurado polo alumnado de 4º de Educación Primaria.
Os axudantes de biblioteca de 5º e 6º de Educación Primaria gravan audilibros de contos para celebrar o día da paz e a non violencia. Visita o noso programa AUDIOLIBROS V I para escoitalos.
Comezamos a insonorización do estudio de radio.
Alumnado de 4º, 5º e 6º acuden á radio coa mestra de Lingua Inglesa para facer programas sobre os deportes olímpicos. (Proxecto Documental Integrado ARDIA 2020)
Podedes escoitar os podcasts no programa ENGLISH PROGRAME
Alumnado de Educación Infantil recitan a Rosalía de Castro para celebrar o seu día.
Formación do alumnado de 5º de Educación Primaria
O 10 de Marzo o alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu a formación de radio escolar a cargo do equipo de Laboratorio de radio formado polos relatores Lucía Abarragtegui e Sergio Pascual. Como temos dous grupos, fixeron sesións simultáneas de formación na biblioteca, na sala maker e no estudo de radio.
Galería de fotos |
Formación do profesorado
Os mestres voluntarios recibimos tamén unha sesión de formación dentro do programa de formación do centro no que participou practicamente todo o Claustro e a tarde non nos chegou para rematar a formación xa que éramos moitos para organizar o traballo e as prácticas no estudio de radio.
Galería de fotos |
CURSO 2018-2019
1º Trimestre
Venres, 21 de Setembro de 2018
Comezamos o curso continuando coa decoración do estudio de radio: máis logos nos cristais, vinilos decorativos e as pegadas no chan que comunican a biblioteca coa radio coa forma do noso logo e flechas indicando o camiño a seguir. Que ben o pasan os rapaces e rapazas pisando as pegatinas para chegar a radio.
Os primeiros cursos en acudir ao estudio a gravar teñen xa unha chea de audios novos subidos: en galego, en castelán e tamén en inglés. Non perdas a oportunidade de seguirnos no noso CANAL en IVOOX.
Mércores, 28 de Novembro de 2018
Comezamos un novo programa adicado ao Proxecto Documental Integrado deste curso: A que sabe o mundo? no que participan todos os cursos do noso centro dende Educación Infantil ata 6º de Ed. Primaria. Os máis maiores serán os encargados de editar e publicar cada episodio deste programa. Esperemos que vos guste e que nos sigades en:
Venres, 21 de Decembro de 2018
Programa especial do Sorteo da Lotería de Nadal elaborado polo alumnado de 5º de Educación Primaria.
https://www.ivoox.com/loteria-nadal-2018-audios-mp3_rf_31388659_1.html
2º Trimestre
Mércores, 23 de Xanerio de 2019
Outro equipo de 6º de Educación Primaria prepara escaleta, presenta audios, graba e edita o segundo episodio do programa do proxecto A que sabe o mundo?
Alumnado de 5º de Educación Primaria participa tamén no programa de OPINIÓN falando da radio.
Xoves, 21 de Febreiro de 2019
Celebrando o Día Internacional da Lingua Materna con varios representantes na Radio. Escoita o programa especial dese día. Desta vez houbo que editar os audios xa que se entrevistaron a alumnos e alumnas de diferentes cursos en sesións diferentes por motivos de organización dos horarios.
Preme aquí para escoitalo.
Luns, 24 de Febreiro de 2019
Celebramos o Día de Rosalía de Castro como non podía ser doutra maneira, recitando as súas verbas na radio. Desta vez, das voces do alumnado de 5º de Educación Primaria. Preme aquí para escoitar.
Xoves, 21 de Marzo de 2019
Celebramos o Día Mundial da Poesía recitando poemas de receitas para o noso proxecto deste curso A que sabe o mundo?
Luns, 8 de Abril de 2019
Último audio para o Programa 4 de A que sabe o mundo? no que Icía, de 6º de Ed. Primaria entrevista ao alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos). Se queres escoitalos preme aquí: Episodio 4.
Venres, 12 de Abril de 2019
Alumnado de 2º de Educación Primaria recitando poemas de primavera. Podes escoitalos no noso programa de AUDIOLIBROS.
Luns, 29 de Abril de 2019
Alumnado de 5º de Educación Primaria entrevista a Don Germán Padín Prado, sacerdote claretiano nunha parroquia da Comunidade Valenciana.
https://www.ivoox.com/entrevista-a-german-padin-prado-audios-mp3_rf_35416873_1.html
Mércores, 15 de Maio de 2019
Alumnado de 4º de Educación Primaria preparan en equipos contos clásicos para facer audiolibros. Despois da selección dos mesmos, os ensaios, atopar a música axeitada... isto foi o resultado. Preme nas imaxes para escoitalos.
Luns, 27 de maio de 2019
Publicamos o Episodio número 5 do Programa A que sabe o mundo?
Entrevistamos a Rocío Garrido Caramés, autora de varios libros de cociña que temos na nosa biblioteca.
Martes, 28 de maio de 2019
Alumnado de 4º realiza entrevistas ficticias coas persoaxes dos Contos Clásicos que versionaron. Visita a nosa canle de radio para escoitalas no programa de ENTREVISTAS.
Venres, 7 de xuño de 2019
Rematamos o programa A que sabe o mundo? co Episodio nº 6 coa participación de: alumnado de 6º cun poema dunha receita, alumnado de 2º contando as súas experiencias na cociña, alumnado de 3º interpretando o conto en lingua castelán "Rebelión en la cocina" e alumnado de 1º canta coa mestra Olga o tema "O polo Pepe".
Luns, 14 de Xaneiro de 2019
Alumnado de 4º de Educación Primaria comeza unha nova mochila adicada ao traballo na radio na áreas de Lingua Galega. Este programa leva por título Sobre gustos non hai nada escrito no que falan dunha película, unha canción e un libro.
Outro programa que xa teñen en marcha é Crónica do libro LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS que están a ler todos xuntos nas sesións do Plan lector.
Seguiremos informando... porque hai moitas ideas en marcha.
Mércores, 23 de Xanerio de 2019
Outro equipo de 6º de Educación Primaria prepara escaleta, presenta audios, graba e edita o segundo episodio do programa do proxecto A que sabe o mundo?
Xoves, 30 de Xanerio de 2019
O alumnado de 3º realiza un audioconto para conmemorar o Día escoalar da non violencia e da Paz.
Xoves, 7 de Febreiro de 2019
Grazas a continuidade no Proxecto Radio na biblio, hoxe tivemos outro curso de formación da man de Ponte nas ondas!.
Este ano quixemos dar un paso máis ambicioso e solicitamos que a formación fora para perfeccionar as tarefas de edición dos audios e a transmisión en directo ou streaming. Foi unha mañá intensa onde os rapaces e rapazas de 5º de Educación Primaria recibiron moita información e practicaron na sala de informática ao mesmo tempo que os formadores daban instruccións.
Mércores, 13 de Febreiro de 2019
Celebramos o Día Mundial da Radio coa publicación dun novo programa: OPINIÓN. O alumnado de 6º de Educación Primaria participa neste primeiro episodio opinando sobre o uso da radio escolar no noso centro educativo e a calidade dos programas feitos ata o momento.
Mércores, 20 de Febreiro de 2019
Alumnado de 5º de Educación Primaria participa tamén no programa de OPINIÓN falando da radio.
Escoitar o audio |
Xoves, 21 de Febreiro de 2019
Celebrando o Día Internacional da Lingua Materna con varios representantes na Radio. Escoita o programa especial dese día. Desta vez houbo que editar os audios xa que se entrevistaron a alumnos e alumnas de diferentes cursos en sesións diferentes por motivos de organización dos horarios.
Preme aquí para escoitalo.
Luns, 24 de Febreiro de 2019
Celebramos o Día de Rosalía de Castro como non podía ser doutra maneira, recitando as súas verbas na radio. Desta vez, das voces do alumnado de 5º de Educación Primaria. Preme aquí para escoitar.
Xoves, 21 de Marzo de 2019
Celebramos o Día Mundial da Poesía recitando poemas de receitas para o noso proxecto deste curso A que sabe o mundo?
Preme na foto para escoitar o programa |
Último audio para o Programa 4 de A que sabe o mundo? no que Icía, de 6º de Ed. Primaria entrevista ao alumnado de 4º de Educación Infantil (3 anos). Se queres escoitalos preme aquí: Episodio 4.
Venres, 12 de Abril de 2019
Alumnado de 2º de Educación Primaria recitando poemas de primavera. Podes escoitalos no noso programa de AUDIOLIBROS.
Luns, 29 de Abril de 2019
Alumnado de 5º de Educación Primaria entrevista a Don Germán Padín Prado, sacerdote claretiano nunha parroquia da Comunidade Valenciana.
https://www.ivoox.com/entrevista-a-german-padin-prado-audios-mp3_rf_35416873_1.html
Mércores, 15 de Maio de 2019
Alumnado de 4º de Educación Primaria preparan en equipos contos clásicos para facer audiolibros. Despois da selección dos mesmos, os ensaios, atopar a música axeitada... isto foi o resultado. Preme nas imaxes para escoitalos.
Os tres porquiños |
Os sete cabritiños |
A bela durminte O gato con botas |
Carapuchiña Vermella |
Publicamos o Episodio número 5 do Programa A que sabe o mundo?
Entrevistamos a Rocío Garrido Caramés, autora de varios libros de cociña que temos na nosa biblioteca.
Martes, 28 de maio de 2019
Alumnado de 4º realiza entrevistas ficticias coas persoaxes dos Contos Clásicos que versionaron. Visita a nosa canle de radio para escoitalas no programa de ENTREVISTAS.
Venres, 7 de xuño de 2019
Rematamos o programa A que sabe o mundo? co Episodio nº 6 coa participación de: alumnado de 6º cun poema dunha receita, alumnado de 2º contando as súas experiencias na cociña, alumnado de 3º interpretando o conto en lingua castelán "Rebelión en la cocina" e alumnado de 1º canta coa mestra Olga o tema "O polo Pepe".
Xoves, 20 de Xuño de 2019
O alumnado de 2º de Educación Primaria quixo facer o seu último audio na radio contando a súa visita a Apípolis.CURSO 2017-2018
Luns, 29 de Xaneiro de 2018
Nesta páxina compartiremos as nosas actividades programadas dentro do novo proxecto "Radio na biblio" no que fumos seleccionados neste curso 2017-2018.
Unha vez publicada a resolución da convocatoria e saber que estabamos seleccionados para este proxecto, membros do equipo de TICs e Biblioteca comenzamos a buscar información en canto a montaxe dunha emisora de radio.
Os medios de comunicación fixeron rápidamente pública os nosos logros. A prensa foi a primeira en sacar á luz os centros seleccionados e de inmediato recibimos a chamada da emisora COPE-Pontevedra. Trala entrevista que nos fixeron brindáronse a ofrecernos os seus coñecementos cunha visita do noso alumnado aos seus estudos, cita que acordamos para o segundo trimestre. (22 de Febreiro)
Ao mesmo tempo, alumnado de diferentes cursos coa coordinación das súas titoras fixeron limpeza nun antigo despacho para adecentalo e preparalo para facer alí o noso futuro "laboratorio de radio".
Aínda que pareza pouca cousa, todo leva o seu tempo...
Mércores, 7 de Febreiro de 2018
Trala información atopada polo profesorado implicado neste proxecto, fixéronse as primeiras compras do material técnico. Cando chegou o material reunimos aos alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria na biblioteca para facer unha primeira charla e toma de contacto co novo material.
Quedaron entusiasmados e con moitas ganas de comezar os cursos de formación cos membros do colectivo REDE ESPORA.
Xoves, 15 de Febreiro de 2018
CONCURSO CREA UN LOGO PARA A NOSA EMISORA DE RADIO
13 DE FEBREIRO,
DÍA MUNDIAL DA RADIO.
BASES DO CONCURSO
Poden participar todos os alumnos e alumnas
do CEIP VALLE-INCLÁN de O Grove.
do CEIP VALLE-INCLÁN de O Grove.
O logo debe incluir as palabras RADIO V.I.
Pode incluir tamén algún lema.
Pode incluir tamén algún lema.
O debuxo será realizado en papel tamaño 20 x 15 cm
(medio folio aproximadamente)
e se pode entregar aos titores ou a responsable da biblioteca.
(medio folio aproximadamente)
e se pode entregar aos titores ou a responsable da biblioteca.
Na parte posterior debe ir escrito o nome e curso do alumno/a.
Datas de entrega: do 15 ao 28 de Febreiro.
O logo gañador será escollido polos docentes do Equipo de Biblioteca,
utilizarase para decorar o noso laboratorio de radio e será o símbolo
da nosa emisora na rede.
Escoitade ao noso alumnado de 5º coas primeiras gravacións:utilizarase para decorar o noso laboratorio de radio e será o símbolo
da nosa emisora na rede.
Xoves, 22 de Febreiro de 2018
VISITA Á EMISORA DE RADIO COPE EN PONTEVEDRA
O día 22 de Febreiro o alumnado de 5º de Educación Primaria visitou a emisora de radio da COPE en Pontevedra.
Previo á visita, estiveron preparando as súas preguntas así como as respostas das posibles preguntas que lles farían alí. Tamén documentáronse sobre Bruno Díaz, director do centro de investigación de golfiños mulares que hai na nosa vila e que os nenos e nenas ían ter a sorte de entrevistar na radio.
Cando chegaron á emisora, primeiro viron as instalacións. O que máis lles gustou sen dúbida foi a sala do técnico de son onde Antonio lles explicou o funcionamento. Despois traballaron a entoación, como se elaboran as preguntas e onde acudir para buscar a información en función da temática que se quere investigar.
Despois de recibir unhas pequenas instruccións teóricas e practicar a entoación para dar a noticia, pasaron á práctica. Primeiro catro voluntarios entrevistaron xunto con Silvia Álvarez ao director do centro de investigación de golfiños mulares de O Grove co que contactaron por teléfono. Podedes escoitar a entrevista na páxina web da COPE no programa de Mediodía a partir do minuto 44 aproximadamente.
Despois foron outros catro voluntarios os entrevistados por Silvia para ser emitido posteriormente no programa HERRERA COPE.
Foi unha experiencia inolvidable e o alumnado pasouno tan ben que están moi ilusionados por comezar a súa aventura do laboratorio de radio no cole.
Gracias Silvia e Antonio por toda a información!
Mércores, 28 de Febreiro de 2018
TRABALLANDO A ENTOACIÓN.
Mentres esperamos a recibir a formación para a posta en marcha da radio do colectivo REDE ESPORA, empezamos a traballar xa a entoación empregando a tablet.
Unha nena e un neno de 5º de Educación Primaria prepararon unha entrevista a algúns dos membros do Clube de lectura de 4º. Preme aquí para escoitar o resultado.
Martes, 6 de Marzo de 2018 ENTREVISTA Á CIENTÍFICA SUSANA BELLO POLO DÍA DE MULLER.
Os nenos de 5º non desaproveitaron a ocasión. O día 6 de Marzo tivemos a visita dunha muller cienfífica, a bióloga experta en alimentos Susana Bello. Este foi o resultado da entrevista.
Preme na imaxe para escoitar a entrevista. |
FORMACIÓN DO PROFESORADO.
O colectivo REDE ESPORA visitounos o luns día 12 de Marzo pola tarde para facer unha primeira sesión de formación para o profesorado implicado neste proxecto.
Primeiro, Javier Prado e a súa compañeira Cristina déronnos unhas pautas teóricas para por en marcha a radio e aínda que xa estabamos moi convencidos da necesidade de levar a cabo este proxecto no noso cole, fixéronos ver a multitude de posibilidades que nos ofrece a radio como medio para traballar co alumnado de unha maneira moi atractiva para eles.
Agora toca practicar o aprendido e comezar a formación co alumnado de 5º de Ed. Primaria.
Son moitos os logos recibidos ó longo destes días. Agora toca deliberar. O Equipo de Biblioteca desvelará o gañador ou gañadores do concurso de logos en breve. Estade moi atentos. De momento deixámosvos unhas fotos dalgúns dos logos presentados. Cal será o logo da nosa RADIO V.I.?
Martes, 13 de Marzo de 2018
E o logo gañador é.....
Noraboa a todos os participantes e en especial a Breixo e Álvaro de 5º A, autores deste logo.
Grazas a todos polo voso esforzo.
Mércores, 14 de Marzo de 2018
PRIMEIRAS GRAVACIÓNS NO LABORATORIO DE RADIO.
O alumnado de 6º estrea o laboratorio coa axuda do profe Ramón para facer os anuncios publicitarios do seu proxecto. Toda a información no blogue de 6º Navegando por Ardia.
ESCOITA OS AUDIOS AQUÍ |
Continuamos coa decoración do noso laboratorio de radio. Unha vez elexido o logo gañador, pasamos a facer varias pegatinas en vinilo para poñer nas portas e dándolle un pouco de colorido quedou así de bonito. Tamén aproveitamos para poñer paraventos nos micrófonos de diferentes cores.
Martes, 10 de Abril de 2018
Creamos a conta de Ivoox para o noso canal de radio. Nel atoparedes as gravacións que estamos a facer no Estudo de radio.
Venres, 20 de Abril de 2018
O alumnado de 5º estivo toda a mañá do venres baixo as indicacións do noso formador de radio, Javier Prado. Foi unha xornada moi intensa, con moitas gañas de aprender por parte dos rapaces e rapazas e con moitas actividades.
Primeiro recibiron unha charla inicial na biblioteca sobre conceptos básicos da radio e fixeron exercicios prácticos de entoación.
Despois, Javier propúsolles varios retos. Un grupo de nenos tiveron que preparar unhas entrevistas sobre os seus libros favoritos, outros dedicáronse a preparar un programa de contos e outros investigaron para facer un programa de promoción do noso Concello e o noso colexio. Todos esforzáronse moitísimo para que saíran ben as gravacións.
Algúns deles tamén aprenderon a facer de técnicos de son, buscar músicas e efectos especiais e manexar a mesa de mesturas. Finalmente recibiron os seus diplomas e carnés de técnicos de son.
Preme na imaxe para ver a galería de fotos |
En breve, comezaremos a subir gravacións ao noso canle en IVOOX.
Venres, 4 de Maio de 2018
E xa temos varios audios publicados na nosa canle CEIP VALLE-INCLÁN. Hoxe comezamos a subir algunhas das entrevistas que os nenos e nenas de 3º están facendo aos seus familiares. Como actividade dentro do seu proxecto sobre Os Oficios, invitaron algúns pais e nais ao noso cole para contar a súa vida cotiá no traballo. Aquí vos deixamos algunhas fotos e non deixedes de escoitarnos en RADIO VI.
Luns, 28 de maio de 2018
Estamos moi contentos cos progresos que imos facendo na nosa radio. A maioría dos cursos xa pasaron polo estudio a facer gravacións: contos, poemas, teatro, entrevistas, publicidade... Algunhas mellores ca outras pero o importante é o uso que se lle está dando a este novo espazo creativo no que ás veces surxen ideas brillantes. Desta vez os alumnos e alumnas de 6º publican o seu programa APRENDE CON NÓS. Eles mesmos o suben no seu blog de aula . Non só lles serve para estudar senón que invítannos a que estudemos con eles.
Podedes tamén escoitar mais audios deste programa en RADIO VI.
Venres, 8 de Xuño de 2018
Rematamos o curso escolar mercando cadeiras novas para o estudo de radio. Para Setembro esperamos continuar coas melloras neste novo espazo, non só nos programas que publican os nosos nenos e nenas senón tamén na insonorización do local, co fin de acadar unha mellor calidade nas gravacións. Aínda temos moitos audios sen subir á nosa canle de RADIO V.I. Estade moi atentos porque nestes días o alumnado de 5º continuará subindo audios aos programas.
Luns, 18 de Xuño de 2018
Estreamos novo programa coa colaboración da mestra de música: O PROGRAMA MUSICAL. Esperamos que vos gusten as cancións dos nenos e nenas do Valle-Inclán.
Venres, 22 de Xuño de 2018
Hai dúas semanas visitounos o campión de piragüismo Tono Campos para animar aos nenos e nenas do cole a facer deporte e probar o piragüismo. Os nosos expertos da radio escolar non perderon a ocasión para invitalo ao estudo para entrevistalo. Nós quedamos abraiados cos premios e medallas de Tono Campos, pero tamén poidemos nós sorprendelo coa nosa radio.
Preme na imaxe para escoitar a entrevista. Non deixes de seguirnos en RADIO VI.
Ningún comentario:
Publicar un comentario