venres, 26 de novembro de 2021

MATEMÁTICAS CREATIVAS

 Porque no noso cole apostamos polo aprendizaxe significativo en todas as áreas. Aquí temos dúas mostras claras na área de matemáticas cos cursos de 3º e 4º de Ed. Primaria.

Multiplicamos en 3º- Primaria na sala maker

Coas regletas feitas coa nosa impresora 3D en 4º-Primaria




xoves, 25 de novembro de 2021

ACTIVIDADES POLO DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


O alumnado de 5ºB-Primaria interpreta en galego a canción "Depende dos dous" para a concienciación contra a Violencia de Xénero. (25 Novembro). Preme na imaxe para enlazar co vídeo que fixeron.

Contacontos realizado polos axudantes de 6º de Ed. Primaria para todos os grupos de Educación Infantil. Os contos escollidos para esta data foron:
Unha feliz catástrofe ( 4º de Ed.Infantil)
Artur e Clementina (5º de Ed. Infantil)
Rosa Caramelo (6º de Ed. Infantil)
Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

Mural elaborado polo alumnado de 6ºA e 6º B- Primaria. Preme na imaxe para vela máis grande.

As fotos creativas de 3ºB a favor da igualdade de xénero. Ademáis fixeron un audio na nosa radio escolar para que se lles escoite os seus gustos. Podedes escoitalos no seguinte enlace:







mércores, 24 de novembro de 2021

NOVIDADES POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 


Na biblioteca non paramos de actualizar os nosos fondos bibliográficos. Nesta ocasión mercamos unha chea de libros para traballar a igualdade e contos para concienciar contra a violencia de xénero, non só para o día 25 de Novembro, senón durante todo o curso escolar. Pasade pola biblioteca e buscalos nos expositores temáticos.



mércores, 17 de novembro de 2021

RECURSOS PARA A CELEBRACIÓN DO DÍA DA INFANCIA

O 20 de Novembro celebrarase o Día da Infancia. Nós celebrarémolo a vindeira semana dende o luns 22 ata o venres 26 colaborando como todos os anos na Carreira Solidaria que organiza a ONG Save the Children

As carreiras realizaranse no tempo de lecer en diferentes quendas para non mesturar cursos:

Luns, 22 Carreiras de 6º e 5º de Educación Primaria

Martes, 23 Carreiras de 4º e 3º de Educación Primaria

Mércores 24 Carreiras de 2º e 1º de Educación Primaria

Xoves 25 Carreiras de 6º Educación Infantil e 1ª quenda de mestres Grupo A

Venres 26 Carreiras de 5º e 4º Educación Infantil e 2ª quenda de mestres Grupo B

As familias poderán aportar os donativos para ONG durante toda a semana. O alumnado recibirá un Diploma como participante da actividade solidaria ao rematar as carreiras.

Para o traballo nas aulas dispoñemos de materiais da ONG e da selección de fondos bibliográficos da nosa biblioteca.

Preme na imaxe para ver o Dossier

Preme na imaxe para ver os fondos bibliográficos

luns, 15 de novembro de 2021

CELEBRACIÓN DO MAGOSTO

O venres 12 de Novembro celebramos o Magosto. As familias colaboraron coma sempre aportando as castañas; os nenos e nenas prepararon nas aulas os seus cucuruchos e reciclaron envases para gardar as castañas;  Paco, o conserxe, asounas e despois da degustación, cada grupo realizou xogos populares nos seus recintos do patio como a pita cega, o xogo do pano, os aros musicais, rato que te pilla o gato, xogos de lanzamentos...

Preme na imaxe para ver as fotos


mércores, 10 de novembro de 2021

FORMACIÓN DE USUARIOS EN 4 ANOS

 O alumnado de 5º de Educación Infantil recibiu varias sesións de formación de usuarios nos dous últimos venres. No primeiro coincidindo co Samaín, escoitaron o conto "La biblioteca noctuna" que fala dos diferentes recunchos e das diferentes actividades que se poden facer nunha biblioteca. No segundo venres subiron á nosa biblioteca para coñecer todos eses recunchos e sen dúbida quedaron entusiasmados co noso espazo creativo e a parede Lego.

martes, 9 de novembro de 2021

TEMOS NOVA MASCOTA!

Trala nova convocatoria do Concurso de "Deseña a mascota da biblio" e unha votación na que houbo moita participación, o debuxo gañador é o feito pola alumna Nora de 6º de Educación Infantil. 

NORABOA!





venres, 5 de novembro de 2021

CONTOS DE MEDO EN RADIO VI

 

 O alumnado de 4º de Educación Primaria na área de Lingua Castelá estivo traballando en equipo para crear contos de medo polo Samaín. Despois acudiron ao estudio de radio para gravar os contos e subilos a nosa canle de RADIO V.I. https://www.ivoox.com/podcast-historias-inventadas_sq_f1839038_1.html

Una noche oscura en el bosque

El país encantado

Una noche terrorífica

El barco de la noche



xoves, 4 de novembro de 2021

XOGOS PARA APRENDER NO ESPAZO CREATIVO

 


Seguemos aumentando o número de xogos educativos no noso espazo creativo, un dos recursos máis solicitados nos tempos de lecer polo alumnado.  Preme na imaxe para ver a colección. 

mércores, 3 de novembro de 2021

FORMACIÓN DE USUARIOS

 Nos tempos de lecer aproveitamos para facer a formación de usuarios. No día de onte recibiron a formación o alumnado de 2º de Educación Primaria. Dividimos ao grupo en dos equipos e seleccionamos en dúas mesas libros con diferentes localizacións, todos relacionados co Outono e o Magosto. Ensinamos o significado da CDU e como tiñan que colocalos nos andeis. Con dez exemplares en cada mesa, comezaron a buscar por toda a biblioteca o número da CDU que figuraba no tello de cada libro ata atopar o seu andel.

Case case, remataron os dous equipos ao mesmo tempo. 

Preme na imaxe para ver a galería de fotos