mércores, 31 de maio de 2023

AS FAMILIAS DE 4ºA VISITAN AOS SEUS FILLOS E FILLAS

 


O alumnado de 4ºA- Primaria recibiu aos seus familiares para explicarlles a variedade de actividades que fan no seu día a día. Aprender de forma lúdica, cooperativa e significativa é o obxectivo principal e así o practicaron durante unha sesión completa.

VISITAS Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

 


Retomamos de novo as actividades en colaboración coa Biblioteca Municipal de O Grove. Esta semana o alumnado de Educación Infantil visitou as súas instalacións, fixeron actividades de formación de usuarios, de animación á lectura e tamén algunha manualidade. 

venres, 26 de maio de 2023

TEATRO CON MARIONETAS

O Departamento de Orientación organizou unha representación de títeres para Educación Infantil. Os máis pequerrechos do cole disfrutaron dunha obra trimestral: Palito e as emocións no primeiro trimestre, Carapuchiña Vermella no segundo e Os tres porquiños no terceiro.



xoves, 25 de maio de 2023

DÍA DA FAMILIA EN 6º DE ED. INFANTIL

 





O grupo de 6º de Educación Infantil para conmemorar o Día da Familia, leron na clase o conto "Un puñado de botones" co obxectivo de coñecer que hai familias muy diversas, pero todas igual de importantes. Decidiron despois facer un cadro co emoji correspondente do que cada un sinte pola súa familia e o levaron para casa de agasallo.

mércores, 24 de maio de 2023

XOGO DAS LETRAS GALEGAS

 


Na semana das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou un xogo no que o alumnado tiña que intentar adiviñar os nomes dos mestres que aparecían neste mural caracterizados dos diferentes escritores e escritoras a quen se lles dedicou algún ano o Día das Letras Galegas. Ademáis tiñan que averiguar consultando nos libros cal era o intruso do mural. 

Para ver outras actividades desta conmemoración podedes acceder á pestana LETRAS GALEGAS.



martes, 23 de maio de 2023

TEMPOS DE LECER 3º TRIMESTRE

 


No terceiro trimestre chega o bo tempo e a maioría saen ao patio a xogar no tempo de lecer, pero aínda así temos usuarios de biblioteca case todos os días. Publicamos unha vez máis as actividades tan variadas que se fan. Axudantes voluntarios de 5º e 6º de Primaria sempre axudando aos dos cursos inferiores a comprender os xogos de mesa, lerlles contos, axudarlles a escoller os videos xogos educativos, a recoller ao finalizar o recreo, os acompañan ás súas aulas... 
Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

luns, 22 de maio de 2023

ACTUACIÓN MUSICAL DO GRUPO OLLO PIOLLO

 


O grupo infantil Ollo Piollo actuou para os nenos e nenas de Educación Infantil e dende 1º ata 4º de Educación Primaria, dentro da xira do seu disco debut "Canta Contos". Soaron cancións xa coñecidas polo público como: Batea, Sandía ou Monos. Foi un concerto moi especial onde profesorado e alumnado participaron entoando e bailando as melodías. Houbo tamén globoflexia, xogos e, por suposto, música e contos.



CONTACONTOS DA COMPAÑÍA BARAFUNDA

 


Chegou a compañía Barafunda para contarnos a hisotia de Pepiña Maruxiña, un contacontos baseado no  relato "Pepiña Maruxiña quere voar" no que unha xoaniña emprende unha aventura no xardín en busca dunhas ás. No seu camiño coñeceu a moitos personaxes que nos fixeron disfrutar vendo como, por fin, coa axuda de todos e todas, Maruxiña puido voar. Foi un espectáculo cheo de música e cor que sacou os sorrisos de nenos, nenas e mestres presentes na nosa biblioteca.



xoves, 18 de maio de 2023

DINÁMICAS POLO DÍA DE EUROPA

 O venres día 12 de Maio tivemos a visita da responsable da Biblioteca Municipal e de dous alumnos en prácticas que realizaron unha dinámica sobre o Día de Europa co alumnado de 1º de Educación Primaria: visionado dunha presentación e un pequeno vídeo, colorear a bandeira de Europa e coñecer algúns nomes e bandeiras doutros países ademais da española.

Galería de fotos


Podedes visitar a bitácora de actividades e recursos que temos na pestana adicada a esta conmemoración.

venres, 12 de maio de 2023

CHEGOU O MOMENTO DA COLLEITA

 


Xa temos patacas! O alumnado de 4º de Educación Primaria estivo facendo a colleita das patacas que plantaran este curso no horto. Para unha boa tortilla ben lles chega...

OBRA DE TEATRO MUDA

 


Alumnado de 6º de Educación Primaria (Grupo B) fixo unha obra de teatro muda sobre o acoso e o valor das cousas. As representacións foron realizadas no escenario da biblioteca e acudirons a vela todo o alumnado de Educación Infantil en varias quendas.


xoves, 11 de maio de 2023

SESIÓNS DE BIBLIOTECA CON 5º DE INFANTIL


Os alumnos e alumnas de 5º de Educación Infantil son usuarios habituais dos diferentes espazos na nosa renovada biblioteca. Cumpren case de forma estricta o horario semanal acudindo as zonas para facer diversas actividades coa súa titora: luns, sala de xogos; mércores, sala de investigación e robótica; xoves, sala dos contos e venres, cine. Son xa uns expertos e expertas no cumprimento das normas e no uso dos materiais. 

 

mércores, 10 de maio de 2023

CURSOS DE FORMACIÓN DO PROGRAMA BIBLIOTECA CREATIVA

O martes día 9 foi un día de formación grazas á participación do noso centro no Programa Biblioteca Creativa. Este ano escollimos a oferta das especialistas en tecnoloxía educativa Almu Alonso e Elena C. Insua.

Á mañá foi a quenda do alumnado de 4º de Educación Primaria que recibiron unhas instruccións básicas sobre o funcionamento dos escornabots, montaron e desmontaron algunhas pezas e fixeron un xogo "escornapirata" con moitos retos. 


Á tarde foi a quenda do profesorado. Para que as mestras e mestres poidamos empregar estes recursos tecnolóxicos co noso alumnado é fundamental ter unha boa formación. E nada mellor que facelo da man destas dúas especialistas que ademáis de ensinarnos as aplicacións pedagóxicas tamén nos axudaron a actualizar os nosos escornabots e coñecer o seu mantemento.







luns, 8 de maio de 2023

VISITA A PADRÓN DO CLUB DE LECTURA

 O 25 de Abril os nenos e nenas do Club LectoCrea de Ardia tiveron a sorte de disfrutar dunha excursión ao Concello de Padrón. Logo de ler o libro titulado "Formigas. Misión Rosalía" de Pere Tobaruela durante o segundo trimestre, organizamos xunto co Club de lectura do Ceip As Bizocas unha visita a este Concello para coñecer a Casa-Museo de Rosalía de Castro. Tamén fixeron parte da ruta rosaliana que aparece no libro facendo parada no Xardín Botánico onde realizaron actividades relacionadas coas aventuras do libro que leron. O paseo do Espolón foi o sitio perfecto para tomar o xantar ao pé da Estatua de Rosalía e a Igrexa de Santiago Apóstolo. Logo de facer uns xogos na alameda do paseo, cruzamos a ponte de Santiago de Padrón para chegar ao alto do Convento do Carme onde poidemos ver unhas vistas preciosas de Padrón. Alí realizamos as lecturas compartidas mesturando grupos dos dous colexios para intercambiar opinións dos seus libros favoritos. Foi unha xornada estupenda onde compartiron lecturas, información e aprendizaxe.

Galería de fotos


3º PREMIO NO CONCURSO DOS MAIOS DO CONCELLO

 


Queremos agradecer a todas as familias que colaboraron nesta actividade, especialmente a ANPA que se ocupou do traslado do noso Maio ata O Corgo para presentalo ao concurso que convocara o Concello na ponte do 1 de Maio.
Se premedes na foto do Maio veredes algúns dos nenos e nenas no momento da súa creación e outras actividades que se fixeron no colexio na zona interclases da planta baixa.

Enlace a recursos.

sábado, 6 de maio de 2023

MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO

O Equipo de biblioteca organizou unha actividade interniveis na que madriñas e padriños lectores dende 3º ata 6º de Educación Primaria leron contos aos nenos e nenas dende 4º de Infantil ata 2º de Ed. Primaria.

Fixemos sorteo para formar os grupos, logo os afillados e afilladas escolleron libros e mentres transcurrían as lecturas fixemos entrevistas para crear este pequeno documental.

O noso documental "Dous días para compartir lecturas"


Galería de fotos da actividade


Na pestana do blog adicada ao DÍA DO LIBRO podedes ver máis actividades realizadas nesa semana.