mércores, 24 de febreiro de 2021

ESCORNABOTS EN 1º ED. PRIMARIA

 

Premer na imaxe para ver Galería de fotos

Esta semana rematamos as partidas de Escornabot en 1º de Educación Primaria. Repasaron o aprendido en Infantil para realizar a programación do pequeno escornabot e aprenderon os nomes de deportes olímpicos da plantilla que fixeron o curso pasado o alumnado de 6º coa profe de inglés. 

Igual que fixeron os de terceiro, acudiron a aula maker coa responsable da biblio para xogar en quendas de  3 ou 4 nen@s. Ademáis para cumprir co protocolo anti-Covid, prememos os botóns cada un co seu lapis.  Pasárono xenial, aprenderon nomes en inglés e están desexando volver a aula maker. 

5ºA RECITA A ROSALÍA DE CASTRO

 Estupendo recital de poemas de Rosalía de Castro para conmemorar o seu día elaborado polo alumnado de 5º A.


martes, 23 de febreiro de 2021

PHOTOCALL EN 3º PRIMARIA

 Unha das actividades que se propuxeron dende o Equipo de Actividades Extraescolares para a celebración do Entroido no cole foi a elaboración dun photocall. Aquí temos un vídeo editado pola titora de 3º de Educación Primaria co seu alumnado disfrazado cos traxes de Xapón, país que representan no Proxecto Ardia 2021. Esperamos que vos guste.



PASARELA DE ENTROIDO EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL


 

Poema de 2ºB para o Programa de radio ARDIA 2020-2021

 


Angel e Mahe gravaron na radio un poema para o Proxecto Ardia 2021. Que ben o fixeron! Podedes escoitalos na nosa canle de RADIO V.I.


venres, 19 de febreiro de 2021

ARROLOS POLO DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

 


keira e Estevo de 5º B de Educación Primaria prepararon e presentaron o programa especial polo Día Internacional da Lingua Materna. Neste Programa Musical podemos escoitar arrolos que nos enviaron as familias ao noso correo da biblio. Moitas grazas pola vosa colaboración e esperamos que vos guste o programa. Visita a nosa canle de RADIO V.I. no seguinte enlace:

https://www.ivoox.com/arrolos-polo-dia-internacional-da-lingua-materna-audios-mp3_rf_65690474_1.html


xoves, 11 de febreiro de 2021

NOVO EPISODIO EN APRENDE CON NÓS

 O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizaron traballos de investigación sobre Beethoven na clase de Música polo Día da Paz e varios representantes de cada clase acudiron á Radio Escolar para contarnos o que averiguaron.

Visita a nosa canle de RADIO V.I. para escoitalos.

https://go.ivoox.com/rf/65299280


martes, 9 de febreiro de 2021

ESCORNABOTS E REALIDADE AUMENTADA EN 3º PRIMARIA

Durante estas dúas últimas semanas o alumnado de 3º de Educación Primaria fixo unha actividade nova na aula maker por quendas de dúas persoas. 

Aproveitamos a plantilla elaborada o curso pasado polo alumnado de 5º sobre os animais de Australia, para aprender novos nomes de animais.

Primeiro un da parella lía un nome da plantilla e o compañeiro/a tiña que programar o escornabot ata chegar á fotografía do animal e logo cambiaban os roles. Despois de aprender e practicar a programación do escornabot en varias ocasións, elexían un animal para ver en 3D na aplicación de Google e tamén fixeron fotos co animal escollido.

Foi unha actividade que gustou moito e na que aprenderon nomes novos.

Preme na imaxe para ver todas as fotos


MANDADIÑO DE MÉRCORES

 


"O MÉRCORES PARA MOLAR E QUENTAR 
ALGO NA CABEZA TRAERÁS"

venres, 5 de febreiro de 2021

POESÍA CREADA POLO ALUMNADO DE 5ºA

 

Galería de fotos dos nosos poetas.


Alumnado de 5ºA recita na Radio Escolar uns poemas que crearon con motivo da celebración do Día Escolar da non violencia e a paz. Podedes escoitalos neste enlace: 

https://www.ivoox.com/poemas-inventados-pola-paz-audios-mp3_rf_64986596_1.html


RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O ENTROIDO

 

Preme na imaxe para ver a galería de fotos dos libros que temos na nosa biblioteca a disposición do profesorado.


Na pestana do Entroido atoparedes as actividades de cursos pasados. Seguro que ao noso alumnado disfrutará lembrando aqueles días de festa.

MANDADIÑO DO MECO PARA O LUNS

 

Aquí temos o primeiro mandadiño que nos envía o Equipo de Actividades Extraescolares para o luns día 8.  

Esperamos vervos a todos cos calcecíns ben coloridos. 

Ánimo que comezamos o Entroido no Valle-Inclán!

xoves, 4 de febreiro de 2021

mércores, 3 de febreiro de 2021

PROPOSTA "FAMILIAS NA RADIO ESCOLAR"

 

Para conmemorar o Día Internacional da Lingua Materna (21 de Febreiro) queremos propoñervos unha actividade en familia:

Gravar en audio (co móbil ou outro dispositivo que teñades) un ARROLO (NANA)  na vosa lingua materna. 

Podédelo cantar vós, cos vosos fillos ou eles sós: como prefirades.

Cos audios que recibamos elaboraremos un podcast na Radio Escolar adicado a este día. 

Enviádeo ao noso correo: biblio@vinclan.com

Por favor, cubride no asunto Curso e Nome do voso fillo/a.

Animádevos!!!! O prazo remata o 18 de Febreiro.

Aquí vos deixamos uns enlaces por se precisades refrescar a memoria:

En galego:





En castelán:





En inglés:


En portugués:


Grazas pola vosa colaboración.

Equipo de Biblioteca.



martes, 2 de febreiro de 2021

LINGUAXE DE SIGNOS POLO DÍA DA PAZ

 


Alumnado e profesorado participa neste vídeo interpretando con linguaxe de signos a canción "Móvete" de Paco Nogueiras para celebrar o Día escolar da non violencia e a paz. Para a súa elaboración organizou os ensaios a mestra de música, gravou e fixo a montaxe do vídeo o Equipo de Dinamización da Lingua Galega utilizando o croma da nosa aula maker. Cada grupo aparece cunha imaxe de fondo do país ao que representan este ano no Proxecto Documental Integrado ARDIA 2021.