xoves, 28 de febreiro de 2019

5º DE PRIMARIA COÑECE OS ESCORNABOT

Preme na imaxe para ver galería de fotos

E pouco a pouco todos os cursos xa coñecen aos novos amiguiños que andan pola biblioteca: os escornabot. Desta vez foi a quenda dos alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria. Estiveron xogando coas tarxetas de orientación espacial, coas letras do abecedario, e coa plantilla "At the theatre" deseñada polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Toda a información deste proxecto en BIBLIOTECA CREATIVA.

mércores, 27 de febreiro de 2019

TERCEIRO EPISODIO DO PROXECTO NA RADIO


Publicamos hoxe o terceiro episodio do programa do proxecto A que sabe o mundo? Nel poderedes escoitar os audios preparados por 2º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e editados polo equipo de técnicos e presentadores de 6º de Educación Primaria: Raquel, Juan, Nerea e Héctor.
Preme na imaxe para escoitar.


Podes seguir a nosa canle de RADIO V.I. en:
https://www.ivoox.com/escuchar-ceip-valle-inclan_nq_437795_1.html

xoves, 21 de febreiro de 2019

ESCORNABOTS EN 1º


E continuamos viaxando polos diferentes cursos cos nosos escornabots. Desta vez os de 1º de Educación Primaria fixeron dúas sesións: a primeira no laboratorio e despois na biblioteca. Preme na imaxe para ver a galería de fotos e os diferentes xogos que realizaron.
Máis información en BIBLIOTECA CREATIVA.

mércores, 20 de febreiro de 2019

Día da lingua materna e Día de Rosalía

Dous datas importantes durante esta semana: o xoves 21, celébrase o Día internacional da lingua materna e o domingo 24 o Día de Rosalía de Castro.
Nós conmemoramos o Día da lingua materna facendo entrevistas ao noso alumnado, algúns mecos e outros nados noutros países e cunha riqueza lingüística importante. Podedes escoitalos en RADIO V.I.

Podes atopar os libros de Rosalía no expositor adicado a ela diante do mostrador de préstamos. E moitos mais recursos na pestana ROSALÍA DE CASTRO.

MARDEFONDO PRODUCCIÓNS DE O GROVE


Alumnado de 6º de Educación Primaria entrevistou na nosa radio escolar a Yago e Victor, os técnicos de Mardefondo Produccións. Estes profesionais viñeron ao cole a gravar uns vídeos dos nenos e nenas falando do Entroido Meco. Podedes escoitar a entrevista no nosa cannle de RADIO VI.

luns, 18 de febreiro de 2019

ESCORNABOTS CON 3º PRIMARIA

Galería de fotos
Continuamos os xogos cos escornabot, nesta ocasión con 3º de Educación Primaria. Pouco a pouco todos e todas van coñecendo aos nosos pequenos robotiños "os escornabot". Primeiramente repasaron o aprendido coa actividade previa en Educación Física (Programa ao teu colega) e despois xogaron diferentes xogos de orientación espacial coas tarxetas e o taboleiro. Despois de varios intentos, complicamos o xogo poñendo pezas de xadrez para esquivar. 

Máis información sobre este proxecto en BIBLIOTECA CREATIVA.

xoves, 14 de febreiro de 2019

RECURSOS ENTROIDO

Expositor de Entroido na biblioteca

O equipo de axudantes de biblioteca xa montou o expositor do Entroido hai uns días. Se queres recordar o que fixemos nos cursos anteriores temos na pestana ENTROIDO unha estupenda memoria das actividades feitas. Ademais nesta páxina atoparedes recursos e información para os vosos disfraces e traballos do Entroido.  

mércores, 13 de febreiro de 2019

DÍA MUNDIAL DA RADIO

Para celebrar o Día Mundial da radio, o alumnado de 6º de Educación Primaria iniciou un novo programa de opinión na nosa RADIO V.I. Preme na imaxe para escoitalos.

martes, 12 de febreiro de 2019

CANTO SABEMOS DAS AVES DE O GROVE?

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos

Comezamos esta semana cunha visita no noso centro dos expertos do SEO (Sociedade Española de Ornitoloxía). O alumnado de 6º de Educación Primaria asistiu á charla informativa na biblioteca sobre as aves da nosa contorna, aprenderon os movementos migratorios, como e por que se desprazan, as súas características... 
A continuación, preparados cos prismáticos, as libretas e a roupa de abrigo, marcharon a un dos observatorios de aves que temos no noso Concello e alí fixeron un verdadeiro estudo de campo: localizaron e identificaron os nomes das diferentes especies e as rexistraron nas súas libretas. 

luns, 11 de febreiro de 2019

O USO DAS REDES SOCIAIS

O venres tivemos a visita da Garda Civil na nosa biblioteca. O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria asistiu a unha charla informativa sobre o uso das novas tecnoloxías e os riscos de seguridade das redes sociais. 

venres, 8 de febreiro de 2019

FINALISTAS NO II PREMIOS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA


O traballo do curso pasado vese de novo premiado ao seres finalistas no II Premios de Innovación Educativa. O día 22 de Febreiro celebrarase en Madrid a gala onde elexirán aos gañadores, entre eles o noso cole na categoría "Mejor proyecto STEAM" co proxecto documental integrado do curso pasado: Experimento V.I: Ciencia e tecnoloxía.
Aínda que non gañemos o premio estamos moi orgullosos do recoñecemento da nosa labor educativa. Grazas a todos os que o facedes posible: alumnado, mestres, familias...

Podes participar na votación on-line. É moi doado, so tes que premer na seguinte ligazón:
https://www.poll-maker.com/poll2241498x9CaB4D74-64


xoves, 7 de febreiro de 2019

FORMACIÓN DE RADIO CON...PONTE NAS ONDAS!

Preme na imaxe para ver a galería de fotos
Hoxe tivemos a visita dos formadores de Radio Escolar 
O alumnado de 5º de Educación Primaria pasou toda a mañá na sala de informática perfeccionando o manexo do Audacity. Despois do lecer continuaron a formación para a transmisión en directo. Cuns días máis de práctica xa poderemos emitir en directo dende o CEIP Valle-Inclán para todo o mundo a través de internet. 

Toda a información sobre o Proxecto Radio na biblio aquí.

mércores, 6 de febreiro de 2019

SORPRESIÑAS DA MOCHILA VIAXEIRA DE 1º


Un dos libros favoritos do alumnado de 1º de Educación Primaria que vai na súa mochila viaxeira é o de manualidades. Estamos moi contentos e agradecidos con todos os traballos que fan coas súas familias e que despois tráenos ao cole para expoñer. Podédelos ver na exposición que fixeron eles mesmos na entrada á súa aula.  Grazas familias pola colaboración!

martes, 5 de febreiro de 2019

LIPDUB POLO DÍA DA PAZ

Por fin o tempo dou tregua e hoxe puidemos gravar o Lipdub que ensaiamos durante moitos días. A canción escollida titúlase "Una receta de paz" de Unai Quirós, escollida por estar relacionada co noso proxecto deste curso A que sabe o mundo?

venres, 1 de febreiro de 2019

ESCORNABOT EN 5 ANOS


Hoxe tocoulle xogar co escornabot aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Na súa sesión de biblioteca aproveitaron para coller libros emprestados coma todos os venres e ademáis coñeceron ao noso escornabot número 2. A plantilla de xogo consistía en localizar a letra e o debuxo da palabra en galego  e programar o escornabot para chegar á casiña correspondente. Cun pouquiño de axuda todos conseguiron chegar á súa letra favorita. O próximo venres continuaremos con máis aventuras pola biblio.

Máis información no Proxecto Biblioteca Creativa.