Hoxe tocoulle xogar co escornabot aos nenos e nenas de 6º de Educación Infantil. Na súa sesión de biblioteca aproveitaron para coller libros emprestados coma todos os venres e ademáis coñeceron ao noso escornabot número 2. A plantilla de xogo consistía en localizar a letra e o debuxo da palabra en galego e programar o escornabot para chegar á casiña correspondente. Cun pouquiño de axuda todos conseguiron chegar á súa letra favorita. O próximo venres continuaremos con máis aventuras pola biblio.
Máis información no Proxecto Biblioteca Creativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario