martes, 28 de febreiro de 2023

VISITA DO ESCRITOR RAMÓN CARIDE

 

Premer na imaxe para ver as fotos

O alumnado de 5º de Educación Primaria recibiu hoxe ao escritor Ramón Caride, autor dun dos moitos libros que temos na nosa biblioteca. Unha das lecturas do Plan Anual de lectura deste curso foi "As músicas viaxeiras" e solicitamos á Editorial Xerais que organizara unha visita do escritor. A xornada foi moi divertida, con charla inicial na biblioteca na que lle fixeron moitísimas preguntas, despois o momento que máis ilusión lles facía a todos: as firmas dos libros, logo os nenos e nenas ensináronlle todos os recunchos da nosa biblioteca e explicáronlle todo o que facemos nela e por último gravaron un posdcast no estudio de radio.

luns, 27 de febreiro de 2023

ACTIVIDADES NO DÍA DA PAZ

Cun pouco de retraso debido a problemas técnicos cos vídeos, publicamos as actividades realizadas no Día da paz. 

O 30 de Xaneiro todo o cole celebrou este día realizando un baile coa canción "Tú también sumas" que serviu de quecemento para levar a cabo por fin a Carreira Solidaria da ONG "Save the Children" que tivemos que aprazar máis de dous meses por mor do mal tempo. Despois cada alumno/a recibiu o seu diploma de participación. Agradecer coma sempre as familias as súas donacións para ONG.


Aquí deixamos os enlaces aos vídeos (premer nas imaxes)

Baile "Tú tambien sumas"
Carreira Solidaria Save the Children


 

venres, 24 de febreiro de 2023

XOGO PARA ESCORNABOTS ROSALÍA DE CASTRO

 


O Equipo de Biblioteca elaborou unha nova plantilla para xogar cos escornabots. O xogo consiste en programar o escornabot seguindo de forma ordenada os versos de "Adiós ríos, adiós fontes" de Rosalía de Castro.  Na zona de robótica queda a disposción de todos as instruccións do xogo xunto co libro onde atopar o poema.

REMEXENDO NO COMPOSTEIRO

 


O alumnado de diferentes cursos de Ed. Primaria fan quendas para ir a remexer o composteiro despois das merendas do tempo de lecer. Baixo a coordinación do mestre Sergio, os grupos van depositando os restos orgánicos das merendas no composteiro que temos a carón do horto que iniciouse co Proxecto Mans de Terra no 2016.

CONCURSO DE PUZZLES NO TEMPO DE LECER

 


Os axudantes de biblioteca están organizando un concurso de puzzles nos tempos de lecer. 
Os interesados terán que facer inscripción previa na biblioteca.

martes, 14 de febreiro de 2023

APRENDENDO COS ESCORNABOTS EN 1º PRIMARIA

 


O alumnado de 1º de Educación Primaria estivo aprendendo unha chea de nomes de partes do corpo humano grazas á plantilla que elaboraron os alumnos e alumnas de 4º de Ed. Primaria no primeiro trimestre e que deixaron na zona de robótica para disfrute de todo o cole.