venres, 22 de xuño de 2018

PLANO DA BIBLIO


E aquí temos o resultado do reto que o Equipo de biblioteca plantexou hai un mes ao alumnado de 6º de Educación Primaria. Todos traballaron en grupos cooperativos para que os planos saíran ben. Estes rapaces e rapazas marchan para o instituto deixando moitas pegadas no noso centro. Se queredes ver mais do seu traballo visitade o seu blog Navegando por Ardia. Nese espazo web teñen publicados todos os planos de todos os grupos, aínda que o plano gañador é sen dúbida este: o elaborado polo equipo de Osansi, Yago, Áfrika, Pablo e Iván. Noraboa a todos!!

mércores, 20 de xuño de 2018

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

E xa está aquí a nova guía de lecturas con recomendacións para ler no verán.
Preme aquí

TONO CAMPOS, UN CAMPIÓN NA BIBLIO

A semana pasada visitounos Tono Campos, piragüista e gañador de moitos campionatos de Europa e do Mundo. O alumnado dende 3º ata 6º de Educación Primaria tiveron a sorte de coñecelo e mesmo de facerlle unha entrevista na nosa radio escolar. Explicoulles as diferentes modalidades dentro do deporte do piragüismo e os materiais que empregan nelas. Animou sobretodo aos rapaces e rapazas a probar e practicar este deporte agora que comeza o verán e o bo tempo.




MADRIÑAS E PADRIÑOS LECTORES

Para rematar estes últimos días de curso, os Padriños e madriñas lectoras acudiron aos recunchos de Educación Infantil para lerlles contos aos seus afillados e afilladas. Pasaron unha sesión divertida escoitando aos mais maiores do cole: os voluntarios de 6º que ensaiaron durante toda a semana pasada as lecturas, as entoacións, os xestos e sobretodo aprenderon a facer partícipes aos pequenos dos seus contos. Grazas axudantes de biblio! Sodes estupend@s.



luns, 18 de xuño de 2018

FORMACIÓN DE USUARIOS EN INFANTIL

Hoxe os nenos e nenas de 3º de Educación Primaria foron visitar as aulas de Educación Infantil para ensinarlles a facer marcalibros con material de refugallo. Traballo en equipo e aprendizaxe-servizo como metodoloxía de ensinanza coordinado por unha mestra do Equipo de biblioteca e a colaboración das titoras de Educación Infantil. Boa combinación, bos resultados.
  A principios do vindeiro curso os novos axudantes de biblioteca ensinarán a estes pequenos e pequenas o seu uso na biblioteca.

venres, 15 de xuño de 2018

REVISTA ESCOLAR 2018

Recén sacada do forno polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega e co traballo e colaboración de todo o alumnado do centro dende Infantil ata Primaria publicamos a nova revista escolar.

Recorda que na pestana OS NOSOS TRABALLOS podedes ver mais publicacións do cole.

xoves, 14 de xuño de 2018

VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS E ALUMNAS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Hoxe recibimos no noso centro ao alumnado da Escola Infantil de O Grove. Co fin de familiarizarse coas instalacións, as profes da Escola Infantil acompañaron aos seus pequerrechos na gran aventura de coñecer o que será o seu cole para o vindeiro curso. Primeiro fixeron unha visita guiada co noso Director Ramón e despois coñeceron aos nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil, xuntos foron á biblioteca onde os máis maiores do cole tiñan preparada unha sesión de contacontos. De seguro que marcharon contentos e con gañas de empezar con nós en Setembro.
 


mércores, 13 de xuño de 2018

Novo traballo do alumnado para á nosa biblioteca

O alumnado de 3º de Educación Primaria elaborou un libro informativo sobre as mesturas. Nel aparecen recollidos os experimentos que fixeron no laboratorio coa ficha correspondente de cada un deles e unha fotografía do momento de traballo. Grazas pola vosa aportación ao Proxecto Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía. O documento xa está a vosa disposición no expositor das novidades na biblioteca e na pestana OS NOSOS TRABALLOS. 

luns, 11 de xuño de 2018

RECICLANDO POLO DÍA DO MEDIO AMBIENTE


Para conmemorar o Día do Medio Ambiente o alumnado de 4º de Primaria aprendeu a facer papel reciclado no laboratorio e despois foi ás aulas de Educación Infantil para ensinar aos máis pequenos o aprendido. Toda a información no blogue do Proxecto deste curso: Experimento VI.

venres, 8 de xuño de 2018

MELLORANDO O ESTUDO DE RADIO

E continuamos ambientando o noso estudo de radio. Desta vez mercamos estas bonitas cadeiras para os nosos protagonistas: as nenas e nenos do Valle-Inclán. Non deixedes de escoitalos na nosa canle RADIO V.I. 

mércores, 6 de xuño de 2018

ESPAZO MAKER NO LABORATORIO

Hoxe o alumnado de 3º e 1º de Educación Primaria traballaron de forma colaborativa no noso espazo creativo de aprendizaxes. No laboratorio organizamos as catro mesas con actividades diferentes: 


MESA LEGO

MESA DOMINÓ 


MESA LABORATORIO DE MECÁNICA

 

MESA  PEZAS MAGNÉTICAS