luns, 26 de xuño de 2023

PUBLICACIÓN TAREFAS FINAIS DE ALUCINE

 


Nos últimos días lectivos, o alumnado puido disfrutar do visionado dalgunhas das tarefas finais do PDI ALUCINE na nosa sala de Cine. Na casa tamén podedes velas no blog do Proxecto. 

martes, 20 de xuño de 2023

VIDEO MUSICAL RAP Á PACO DEL RIEGO

 


O Equipo de Dinamización da Lingua Galega achéganos o video musical que fixeron os nenos e nenas de 4º B Ed. Primaria para homenaxear a Don Francisco del Riego, o Día das Letras Galegas. Noraboa polo traballo!

Teatro de sombras- Club de lectura

 


Os membros do club de lectura de 5º e 6º de Educación Primaria representaron hoxe na biblioteca Teatro de sombras para os nenos e nenas de Educación Infantil e 1º ciclo de Ed. Primaria. Catro contos foron os seleccionados por estes grandes lectores: comezaron os de 5º co conto "A que sabe a lúa?", logo representaron os famoso contos "Os tres osos", despois os de 6º fixeron o conto clásico de Carapuchiña Vermella e o último grupo a fábula da "lebre e a tartaruga".

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos que mostra todo o proceso: lectura e selección de contos, adaptacións de textos, reparto de papeis, creación de siluetas e finalmente os ensaios e a actuación final co público máis pequerrecho do cole.

Deixamos enlace ao material elaborado polo alumnado para a actividade.

Obra de teatro Romeo y Julieta

 


O alumnado de 6º A de Educación Primaria representou a obra de teatro Romeo y Julieta para os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria. Un longo traballo de ensaios, decoración, vestiario... que finalmente resultou un éxito na xornada do Plan Lector deste pasado luns.

PREMIADOS CONCURSO PASAPORTE LECTOR 2023

 


Os días 19 e 20 de Xuño fixemos entrega dos premios aos máis lectores deste curso onde valórase ademáis do número de préstamos, as fichas de lectura que realizan ó longo de todo o curso. Aos premiados se lles entregou unha bolsa de tea gravada co debuxo da nosa mascota, un conto, un marcapáxinas donado pola Asesoría de Biblioteca de Galicia e un chaveiro realizado coa impresora 3D polo Equipo de Biblioteca Creativa de 6º de Ed. Primaria personalizado co seu nome. Tamén se lle fixo entrega a todo o alumnado dun chaveiro co logo do proxecto deste curso: ALUCINE.

Preme na imaxe para ver a reportaxe fotográfica da entrega de agasallos.

venres, 16 de xuño de 2023

VISIONADO DE TAREFAS FINAIS DO PROXECTO ALUCINE

 


Nestes últimos días de clase, o alumnado de diferentes cursos están a visionar na nosa Sala de Cine as películas que se crearon para o Proxecto Alucine.

Xa están publicadas no canal de Youtube do cole:

"Na pel do resto", unha película creada totalmente polo alumnado voluntario do Equipo de Biblioteca Creativa sobre o acoso escolar e coa participación de todo o alumnado de 6º de Educación Primaria.



"Historia dunha sobreira", unha película basada no libro do mesmo título do escritor Ramón Caride e que foi adaptada polo Club de lectura formado por alumnado voluntario de 5º e 6º de Educación Primaria.



mércores, 14 de xuño de 2023

TEATRO SECCIÓN BILINGÜE

 


O día 9 de Xuño tivemos varias sesións de teatro en lingua inglesa, unha na biblioteca para Educación Infantil na que todos e todas desfrutaron dunha obra adaptada a súa idade. E logo, no ximnasio para todos os nenos e nenas de Educación Primaria cunha temática acorde co proxecto Alucine.

luns, 12 de xuño de 2023

sábado, 10 de xuño de 2023

FINALISTAS NO IX CERTAME DE RELATO CURTO

 


Alumnado de diferentes cursos participaron no mes de Abril no IX Certame de Relato Curto organizado por FANPA. A organización ven de publicar recentemente na súa páxina web os relatos seleccionados que serán publicados nun libro que pronto teremos na nosa biblioteca. Queremos darlle a noraboa a: Uxía e Daniel de 6º A, a Eva, Miriam, Roi e Zaira de 6º B e a Sasha de 3º de Educación Primaria. Tamén ao mestre Gael que participou na categoría de adultos. Todos deberán acudir o día 23 de Xuño ao Auditorio do Pazo da Cultura en Pontevedra ás 18 h. para recibir o seu diploma e o libro colectivo con todos os relatos finalistas. Ademais de entre todos estes finalistas, o día do acto de entrega de diplomas, escollerán un gañador por cada categoría (Primaria, Secundaria, Bachiller, Adultos...) que recibirá un vale de 200 euros, un lote de libros de Kalandraka, un xogo e unha lámina do ilustrador Manolo Figueiras. A ver se hai sorte... estaremos todos pendentes do resultado final ese día!

Preme na imaxe para ver a publicación da FANPA.

venres, 9 de xuño de 2023

CONTACONTOS POLO CORREO DO VENTO- INFANTIL


O alumnado de Educación Infantil tivo a sorte de escoitar un contacontos a cargo da Compañía "Polo correo do vento" sobre o autor a que se lle adicou este ano o Día das Letras Galegas. Escoitaron o conto, mentres observaban os debuxos que ían facendo o ilustrador e coa música de fondo do ukelele. Finalmente aprenderon a debuxar ao protagonista do conto.


 

xoves, 8 de xuño de 2023

RE-UTILIZANDO MATERIAIS

 


O alumnado de 3º de Educación Primaria divididos en equipos crearon coches reutilizando materiais que trouxeron da casa: tapas de plástico, paus de brochetas, cartóns...

ACTUACIÓN DE 4º B POLAS LETRAS GALEGAS

 


Os días 31 de Maio e 1 e 2 de Xuño, o alumnado de 4º B cantou o rap que crearon sobre a vida de Paco del Riego para todos os cursos na sesión do Plan lector.