xoves, 28 de abril de 2022

BIBLIOTECA INCLUSIVA

 A mestra de Audición e Linguaxe amósanos o uso dalgúns dos materiais mercados coa partida de Biblioteca Inclusiva destinada a fondos e materiais para alumnado con necesidades educativas.

 Puzzle de trabadas con l, descubrindo imaxes deste sinfón, articulando e inventando oracións con esas palabras.

"Enséñame a hablar", construcción de oracións con imaxes, ordenar os elementos da oración, distinguir suxeito, predicado e complementos por cores.

Conto "La ratita presumida" con pictos, mascotas do conto e pictogramas con pistas para adiviñar o título do conto que van ler, ordear os pictos despois da lectura...

Conto "A que sabe a Lúa", con pictos e fichas de cartón para manipular e ordear as secuencias.

Xogo de dominó con adiviñas para traballar os sinfóns con r e l, articulación, vocabulario e comprensión lectora.


Creación de historias cos dados dos sinfóns r e l.


luns, 25 de abril de 2022

FORMACIÓN DE RADIO

Hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria recibiu un curso de formación de radio coa xornalista Loreto Silvoso de RadioVoz de A Coruña.

Como temos a biblioteca en obras, a charla-presentación e o obradoiro realizouse na aula. Primeiro foi a quenda de 5º A e despois do recreo a quenda de 5º B. 

Aprenderon o funcionamento dunha radio e traballaron o estilo do locutor a través dunha serie de exercicios prácticos moi divertidos, seguindo un guión, aprendendo a vocalizar, a improvisar,  trucos para non trabarse, como quentar a voz antes de entrar en directo... e finalmente lanzáronse a preparar un noticiero.

Pronto escoitaremos os resultados en RADIO V.I.




venres, 22 de abril de 2022

EPISODIO 8 "QUEN O ESCRIBIU?"

 


Os representantes de 2º de Educación Primaria acudiron ao estudio de radio para gravar o episodio número 8 de Quen o escribiu?

Desvelan o nome do título e autor do conto do anterior episodio e relatan un anaco doutro conto moi, moi actual. Saberedes de cal se trata?

Preme na imaxe para abrir o enlace ao audio. Dalle á Reproducir e espera uns segundos a que rematen os anuncios publicitarios, de seguido comezará o programa.

CLUB DE TEATRO GRAVANDO


Os voluntarios de 6ª seguen coa súa obra de teatro Quen quere ao Lobo Feroz? Hoxe tocou gravación do segundo episodio. Na seguinte sesión tocará editar facendo os arreglos necesarios.

RECURSOS DÍA DO LIBRO

 A pesares de ter a biblioteca cerrada, nós seguimos coas actividades e celebracións. Na entrada á biblioteca dispoñedes dun expositor elaborado por algúns axudantes de biblioteca relacionados con esta data. Tedes dende biografías de Miguel de Cervantes e Shakespeare, diferentes versións do famoso Don Quixote e unha chea de contos onde os libros e a lectura son protagonistas.


Tamén podedes consultar a nosa páxina adicada ao Día do Libro con recursos e actividades que se van facendo.

BIBLIOTECA EN OBRAS

 

Levamos dende principio de curso con obras no cole para mellorar os diferentes espazos da nosa biblioteca, que este ano, ao entrar no PLAN LIA.3 está  transformándose a pasos de xigante. Aproveitamos as vacacións de Semana Santa para pintar o espazo que será destinado aos libros de ficción e as actividades de Animación á lectura, polo que permanecerá pechada ata novo aviso. Os préstamos seguirán facéndose nas aulas co aplicación de xestión KOHA.

martes, 19 de abril de 2022

EPISODIO 7 "QUEN O ESCRIBIU?"

 Publicamos hoxe o último episodio gravado xusto antes de irnos de vacacións de Semana Santa, realizado polo alumnado de 3º A. Recordar facer as vosas respostas no apartado de comentarios.

Preme na imaxe para escoitar o audio.

xoves, 7 de abril de 2022

SAÍDA DE 5º E 6º ED. PRIMARIA

O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria fixo unha saída cultural ao porto de A Coruña, lugar que se acondicionou para acoller a exposición do fotógrafo Peter Lindberg, pioneiro na fotografía de moda. A montaxe da exposión xa fora deseñeda polo propio Peter, antes da súa morte.

O recinto semella un vello porto con contedores de mercancías de cor negro, gardando así, relación coa obra do fotógrafo (a súa maioría está en branco e negro).

Unha vez dentro, nenos e nenas xuntáronse coas guías da exposición para preparar a actividade.

Na primeira parte, despois de facer grupos, entregáronse pedazos de fotografías da exposición e tiveron que buscar a cal correspondía.

Na segunda parte tiveron que escoller unha fotografía e contar a historia que crían que podía haber detrás dela.

Para rematar, xa xunt@s, preguntouselle a todo o alumnado a súa opinión e resolvéronse as dúbidas que podían ter.

Preme na imaxe para ver as fotos da saída


mércores, 6 de abril de 2022

luns, 4 de abril de 2022

EPISODIO 6 "QUEN O ESCRIBIU?"

 


O alumnado de 3º B de Ed. Primaria realiza o conto número 6 do programa de radio "Quen o escribiu?". Xa podes escoitar o audio na nosa canle e participar nos comentarios nesta mesma publicación. Preme na imaxe para acceder ao enlace. 

INVESTIGANDO A GRANDES MULLERES EN 4º DE PRIMARIA

 


Alumnado de 4º Primaria realizou un vídeo sobre as mulleres importantes que estiveron investigando durante o mes de Marzo por motivo do Día da Muller. Revolveron toda a estantería das Biografías para atopar feitos que realizaron mulleres importantes na historia. Unha vez seleccionada a información, elaboraron un vídeo falando das escollidas. Preme na imaxe para ver a tarefa final.

sábado, 2 de abril de 2022

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

 


O 2 de Abril celébrase o Día Internacional do Libro Infantil en conmemoración da data de nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen. Os axudantes de biblioteca andiveron na procura de todos os libros que temos deste autor e atoparon versións nos tres idiomas que estudamos no colexio: galego, castelán e inglés. Búscaos no expositor da entrada á biblio.



venres, 1 de abril de 2022

QUEN QUERE AO LOBO FEROZ? - ESCENA 1

 


E como prometimos publicamos por fin a primeira escena da obra de teatro con marionetas realizada polo alumnado voluntario de 6º Ed. Primaria: Quen quere ao lobo feroz? que traduciron ao galego da obra de José Carlos Andrés.
Preme na imaxe para acceder ao vídeo gravado e editado por eles mesmos.