Hoxe o alumnado de 5º de Ed. Primaria recibiu un curso de formación de radio coa xornalista Loreto Silvoso de RadioVoz de A Coruña.
Como temos a biblioteca en obras, a charla-presentación e o obradoiro realizouse na aula. Primeiro foi a quenda de 5º A e despois do recreo a quenda de 5º B.
Aprenderon o funcionamento dunha radio e traballaron o estilo do locutor a través dunha serie de exercicios prácticos moi divertidos, seguindo un guión, aprendendo a vocalizar, a improvisar, trucos para non trabarse, como quentar a voz antes de entrar en directo... e finalmente lanzáronse a preparar un noticiero.
Pronto escoitaremos os resultados en RADIO V.I.
Ningún comentario:
Publicar un comentario