xoves, 29 de febreiro de 2024

FORMACIÓN DE PROFESORADO


Os mestres e mestras deste cole tamén facemos de alumnos e alumnas cando nos toca. Dentro do plan de formación permanente do profesorado deste ano estamos a preparar novidades para os tempos de lecer do vindeiro curso. Para iso estamos antes facendo un curso de formación sobre patios inclusivos, é dicir, organizar os tempos de lecer para que todos os nenos e nenas participen das actividades de ocio que se poden levar a cabo durante este periodo de tempo tan importante no seu desenvolvemento físico, psíquico e social.

 

mércores, 28 de febreiro de 2024

NOVA DINÁMICA NA BIBLIO de 2º Primaria

 


Na última sesión de biblioteca do alumnado de 2º de Educación Primaria os titores destes cursos propuxéronlles unha nova actividade na que tiñan que atopar os seus libros favoritos e escribir os títulos nesta ficha: unha árbore de libros moi moi especiais para eles e elas. Preme na imaxe para acceder á galería de fotos.

venres, 23 de febreiro de 2024

ENTROIDO 2024


Celebramos finalmente o noso Entroido "50 Anos de historia" o xoves 15 de Febreiro que por motivos da mala climatoloxía tivo que realizarse no interior do ximnasio. Preme na imaxe para ver a galería de fotos e vídeos do desfile e das actuacións de Educación Infantil e as coplas de 5º e 6º de Primaria.

xoves, 22 de febreiro de 2024

PROGRAMA DE RADIO ADICADO A ROSALÍA DE CASTRO

 


O alumnado de 4º de Educación Primaria investigaron sobre a vida e obra de Rosalía de Castro con motivo do Día da súa conmemoración (23 de Febreiro) e coa información atopada prepararon este programa de radio que publicamos na nosa canle de RADIO V.I.

Enlace á gravación:

https://www.ivoox.com/vida-e-obra-rosalia-castro-audios-mp3_rf_124670282_1.html

Preme na imaxe para ver a galería de fotos.

Para máis información sobre esta celebración podedes consultar a pestana adicada a esta conmemoración ROSALÍA DE CASTRO onde publicamos recursos e actividades realizadas o longo dos últimos anos.

xoves, 15 de febreiro de 2024

XOGANDO CON SOGAMA

 O alumnado do 1º Ciclo de Educación Primaria recibiron unha charla sobre a Reciclaxe organizada polo Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares e coa formadora especialista de Sogama. 

Tralo visionado da presentación e unha chea de preguntas, pasaron á parte práctica onde xogaron a sacar lixo dunha caixa e decidir en que tipo de contedor había que botalo.

Preme na imaxe


luns, 12 de febreiro de 2024

VIAXE NO TEMPO COA CIENTÍFICA MARIE CURIE

 Que mellor maneira de celebrar o 11 F - Día da muller e a nena na ciencia que facendo un xogo?

O alumnado de 6º de Educación Primaria ofreceuse voluntario para atopar unha "peza clave" perdida nunha expedición a África no pasado e necesaria no presente para seguir co progreso científico. Eles e elas serán o grupo de sabios e sabias dirixidos pola xefa da expedición Marie Curie para atopar a peza e o regreso a casa.

Xogo ofrecido e financiado polo Concello de O Grove e que non dubidamos en participar unha vez lida a información aportada polos organizadores para traballar a igualdade cos nosos rapaces e rapazas dunha forma lúdica e inclusiva.

Galería de fotos


xoves, 8 de febreiro de 2024

MANDADIÑO DO VENRES

 


Este é o último mandadiño. Cada un pode vir disfrazado do que queira.
Por otra banda, debido ao pronóstico do mal tempo para este venres, o desfile e as actuacións de Entroido quedan aplazadas para o Xoves día 15. Esperemos que saia o sol e poidamos celebrarlo coma sempre no patio do colexio.

venres, 2 de febreiro de 2024

MANDADIÑO DO LUNS DE ENTROIDO

 Este ano o Equipo de Actividades Extraescolares e Complementarias decidiu que o noso meco dos mandadiños fora unha meca. E que nos di? Pois que o próximo luns non hai festa pero vén con algo na testa. Mira para o sombreiro que elexiu a nosa meca!


Recorda que podes visitar a pestana adicada ao Entroido e atopar máis información sobre esta celebración e moitas ideas para crear.



CELEBRACIÓN DÍA DA PAZ 2024

 Un ano máis celebramos o Día da paz cun baile no patio do colexio. Desta vez escollimos a canción titulada Danza da Paz de Mamá Cabra. Aquí deixamos o vídeo montado polo noso Equipo de Tics.


Na pestana adicada a esta conmemoración podedes atopar recursos, contos e outras actividades realizadas ó longo destes últimos anos.


NOVA DINÁMICA NA SESIÓN DE BIBLIOTECA DE 2º PRIMARIA


Novamente compartimos outra dinámica organizada na sesión de biblioteca polos titores de 2º de Educación Primaria: Fotografía e expresión oral. Por parellas ían facendo fotos dos recunchos favoritos da biblioteca coas tablets e logo tiñan que amosarllas aos compañeiros e explicar por qué escolleron eses lugares.