venres, 25 de febreiro de 2022

OLLANDO A ROSALÍA DENDE O GROVE

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega pediulles ás familias do noso alumnado a súa colaboración para  celebrar o Día de Rosalía de Castro

Elaborouse un mural con fotografías que fixeron as familias de diferentes paisaxes de O Grove para relacionalas cos versos dos poemas de Rosalía.

O alumnado fixo gravacións na radio escolar deses versos e o Equipo de D.L.G. creou códigos QR que enlazan con eses audios e que pódense escanear no mural de entrada ao colexio onde están expostas todas as fotos. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.




xoves, 24 de febreiro de 2022

EPISODIO 2 DE QUEN O ESCRIBIU?

 E aquí temos xa o segundo episodio do novo programa de Radio V.I. : Quen o escribiu? Desta vez son alumnos e alumnas de 6º A de Educación Primaria os que presentan o novo reto de adiviñar o conto e o escritor. Atentos porque tamén darán a solución do anterior conto.

Preme na imaxe para ir ao enlace da nosa canle de Radio, dalle a reproducir o audio, agarda uns segundos e despois de escoitar o programa intenta responder no apartado de comentarios desta entrada do blog. Participa!!!




luns, 21 de febreiro de 2022

COMEZAMOS A SEMANA DO ENTROIDO E DOS MANDADIÑOS

 O Equipo de Dinamización da Lingua Galega elaborou os mandadiños desta semana para celebrar o Entroido no colexio. Sigue aos mandadiños na pestana adicada ao ENTROIDO e participa!

GALERÍA DE FOTOS

mércores, 16 de febreiro de 2022

NOVO PROGRAMA DE RADIO: QUEN O ESCRIBIU?

Comezamos un novo programa na radio escolar titulado Quen o escribiu?. 

O alumnado de 6ºB presenta o programa e lanza a primeira proba a resolver. Escoita o conto e escribe en comentarios de que conto se trata e se sabes quen o escribiu.

Preme no seguinte enlace para escoitar o audio.


luns, 14 de febreiro de 2022

SESIÓNS DE XOGOS DE MESA EN 3º PRIMARIA

 


O alumnado de 3º de Educación Primaria son uns expertos en xogos de mesa. Fixeron varias sesións con algúns dos xogos da nosa Biblioteca Creativa: Batalla de Genios, Rush Hour e CubiMag entre outros, un éxito total. 

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

xoves, 10 de febreiro de 2022

DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA NO VALLE-INCLÁN

 Moitas actividades realizáronse para celebrar o Día escolar da Paz e a non violencia:

Mural Colaborativo "Animais da Paz" (Proxecto Animalardia)
Preme na imaxe para ver a galería de fotos

Baile e canción 
(Preme na imaxe para ver o vídeo elaborado polo Equipo Tics)


Tamén realizáronse actividades a nivel de aula:
Caramelos da paz en 6ºA Primaria
Preme na imaxe para ver a Galería de fotos

Símbolo da paz dos corpos en 3ºA Primaria

Colgantes da paz en Educación Infantil




O Equipo de Biblioteca elaborou a Guía de lecturas recomendadas
Podes consultar todos os recursos que temos na biblioteca e outras actividades realizadas en cursos anteriores na pestana PAZ

mércores, 9 de febreiro de 2022

TEATRO NO TEMPO DE LECER

 

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos


Xa comezamos os primeiros ensaios da obra de teatro "Quen quere ao lobo feroz?" co grupo de 6ºB. Primeiro fixemos sorteo dos diferentes personaxes da obra e logo empezamos as primeiras lecturas, posta en escena, entoacións...

xoves, 3 de febreiro de 2022

XA ESTAMOS EN KOHA!

 


Durante o primeiro trimestre o Equipo de Biblioteca estivo a revisar e correxir datos do catálogo do Meiga para facer a migración ao novo sistema de xestión KOHA. 

É moi doado de utilizar, soamente tes que escribir no cadriño de busca o título, o autor, o ISBN... ou simplemente unha palabra clave para buscar unha temática concreta, e darlle a -"ir".

Xa podes consultar o catálogo no seguinte enlace:

https://ceipvalleinclangrove.edubib.xunta.gal