venres, 28 de xaneiro de 2022

MOCHILAS VIAXEIRAS PARA INFANTIL TAMÉN!

 


Neste segundo trimestre repartimos as mochilas viaxeiras nos 4 grupos de Educación Infantil que ata o momento era unha actividade que só facían os de Educación Primaria. Por petición de mestras e familias, o alumnado desta etapa educativa poderá tamén disfrutar dos recursos da nosa biblioteca: contos, revistas e xogos chegarán cada semana as diferentes casas. Esperamos que as disfrutedes en familia e nolo conten na Libreta-diario que levan dentro. 

luns, 17 de xaneiro de 2022

NOVA ACTIVIDADE: CLUBE DE TEATRO

 

Galería de fotos premendo na imaxe

Comezamos nova actividade para o alumnado voluntario de 6º de Ed. Primaria: teatro. Todos os venres no tempo de lecer a biblioteca estará reservada para o alumnado do clube de teatro. O primeiro día fixemos as inscripcións, presentacións e xogamos co xogo de cartas "Lo tuyo es puro teatro" onde por parellas as participantes fixeron as súas primeiras representacións seguindo as indicacións das cartas.

sábado, 15 de xaneiro de 2022

PREMIADOS NO VII CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS

 

Unha vez máis somos uns dos colexios premiados neste concurso. Estamos moi orgullosos do traballo feito por toda a comunidade educativa ó longo destes últimos anos e especialmente dende marzo de 2020 pola situación histórica que estamos a vivir coa pandemia. Pese as dificultades, os nosos esforzos son valorados e premiados. O proxecto dos xogos olímpicos, Ardia 2020-2021 está entre os premiados. Premendo na imaxe accedes á publicación no Blog de Bibliotecas Escolares de Galicia, onde podedes ver todas as memorias de todos os proxectos premiados nesta última convocatoria.