xoves, 29 de xuño de 2017

REVISTA LITERARIA 2017

Xa tedes a revista deste último curso publicada na páxina web do cole. Canto traballamos este ano e que ben o contan os nosos alumnos e alumnas!!!

martes, 27 de xuño de 2017

OPINIÓNS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

O curso 2016-2017 rematou e na biblioteca xa estamos recollendo as mochilas que durante todo o ano viaxaron de casa en casa. Son moitas as opinións dos libros recollidas nestes diarios e a alta participación tanto do alumnado como das familias nos anima a seguir traballando para buscar e mercar máis fondos bibliográficos para a nosa biblioteca e para as mochilas.
Preme na imaxe para ver algunhas opinións dos diarios.

luns, 26 de xuño de 2017

ELECCIÓNS NO VALLE-INCLÁN

Despois de navegar con "Vivir tocando o mar" e de sementar con "Mans de terra", o vindeiro curso 2017-2018 chegará o ano de experimentar coa Ciencia e a tecnoloxía. 
Desta vez, a elección da temática do vindeiro proxecto documental integrado non partiu da decisión do Claustro de mestres senón que quixemos consultar aos nosos protagonistas: os nenos e nenas do Valle-Inclán. Así que, a mediados do mes de maio comenzaron as asambleas nas clases para averiguar que inquedanzas e intereses tiña o noso alumnado. Primeiramente, cada aula propuxo un tema. A continuación, fíxose unha votación na biblioteca de entre os tres máis escollidos: Mecos-Chefs, Arte e Experimentos V.I, resultando este último a temática gañadora.











domingo, 25 de xuño de 2017

XUNTANZA CO ALUMNADO DE 4º DO CEIP ADR CASTELAO DE ORDES

O longo deste curso, o alumnado de 4º de Educación Primaria dentro das actividades do Plan Anual de Lectura escribíronse cartas co alumnado de 4º do CEIP ADR Castelao de Ordes. Nestas cartas contaban como eran física, psíquica e socialmente, comunicaban os seus traballos e proxectos feitos o longo do curso, as súas aficións... 
E como actividade final o día 22 de Xuño recibimos no noso centro a visita destes nenos e nenas acompañados polos seus titores. Coñecéronse en persoa e pasaron unha xornada divertida de xogos e charlas. Houbo algúns que fixeron tan boas migas que confesáronos que seguirían escribíndose.  











venres, 23 de xuño de 2017

GUÍA DE LECTURAS VERÁN 2017

Chegamos ao remate do curso 2016-2017.
Hoxe repartimos as guías de lectura para o verán cunhas pequenas orientacións. Esperemos que vos sexan de utilidade. Podedes atopar máis información na pestana LER EN FAMILIA.

xoves, 22 de xuño de 2017

PARTICIPACIÓN NO I CONGRESO DE EDUCACIÓN AMBIENTAL SOBRE COMPOSTAXE


O alumnado de 6º de Educación Primaria participou no I Congreso de Educación ambiental sobre compostaxe para centros de ensino o 30 de Maio no Pazo da Cultura de Pontevedra. Foi unha xornada na que o noso alumnado reuniuse con moitos centros que estiveron a traballar durante este curso actividades relacionadas coa compostaxe. Preme na imaxe para ver o artigo que publica Pontevedraviva.com na súa páxina web.

Podedes ver no blog do proxecto Mans de terra as actividades que realizou todo o centro dende os mestres ata os máis pequenos para participar neste PLAN REVITALIZA que organizou a Deputación de Pontevedra. 

Ademais, trouxéronos para a biblioteca un agasallo: un pequeno exemplar sobre A Illa das esculturas de Pontevedra con DVD incluído. Moi pronto estará a vosa disposición.


xoves, 8 de xuño de 2017

PREMIADOS NA IV EDICIÓN PROYECTA INNOVACIÓN


Estamos de noraboa! Comunicaros que o noso proxecto "Mans de terra, a por la frambuesa!" foi un dos gañadores na IV Edición de Proyecta Innovación. Dende o equipo de biblioteca queremos felicitar a toda a Comunidade Educativa do noso centro pola súa implicación nas actividades do proxecto.
Grazas a este premio, o vindeiro curso estará cheo de novos retos e novas actividades empregando as novas tecnoloxías. 

martes, 6 de xuño de 2017

TEATRO EN INGLÉS POLO DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Preme na imaxe para ver as fotos.

O día 5 de xuño actúo a Compañía de teatro The Fairy Storyteller para todo o alumnado do centro. A obra titulada Fairy Diana gustou moito porque os nenos e nenas foron tamén protagonistas da obra, participando nela e cantando temas musicais da obra. A temática neste día non podía ser outro que a reciclaxe e o coidado do medio ambiente.


luns, 5 de xuño de 2017

ENCONTRO COA ESCRITORA LEDICIA COSTAS


Esta mañá visitounos a escritora Ledicia Costas. 
Varios foron os grupos que escolleron libros desta escritora para ler dentro do seu plan de lectura. 
Escarlatina, a cociñeira defunta foi o libro escollido por 4º de Educación Primaria, mentras que alumnado de 5º e 6º disfrutaron da lectura de Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta.

Foi una sesión moi divertida na que o noso alumnado puido non só coñecer en persoa á escritora e falar dos seus libros, senón que recordaremos esta experiencia por sempre xa que esta autora tivo a paciencia de firmar tódolos libros dos rapaces e máis os da biblioteca. Querémoste Ledicia, segue escribindo para nós.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos. 

venres, 2 de xuño de 2017

RECURSOS DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O día 5 de Xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. 
Este ano máis que nunca contribuimos co noso proxecto Mans de terra ao traballo en valores que conleva a concienciación de coidar a natureza e o mundo que nos rodea: aprendemos a reducir, reutilizar e reciclar correctamente coas aventuras no composteiro, aprendimos a traballar no noso horto tendo en conta os consellos da agricultora ecoloxista Adelina Padín, a "Patrulla Canina" do patio formada por alumnado voluntario vixiaron que o alumnado fixera un uso correcto dos contedores do lixo para os residuos das merendas no tempo de lecer... Polo tanto, no noso centro celebramos este día durante todo o curso escolar.

Fondos bibliográficos que podes atopar na biblioteca
Entre as novidades que mercamos este ano temos na biblioteca a vosa disposición os seguintes libros. Preme nas imaxes para ver as reseñas dos mesmos.

CONTOS:


LIBROS INFORMATIVOS: