Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria recibiron a Germán Padín Prado na nosa biblioteca e coñeceron de primeira man a labor solidaria que se leva a cabo cos refuxiados e os inmigrantes na Comunidade Valenciana.
Germán, nacido no noso Concello e alumno do noso centro nos anos 70-72 estudou a carreira de inxeniería pero a súa vocación levouno a percorrer moitos países do mundo nas misións. Hoxe en día é sacerdote claretiano nunha parroquia e traballa de profesor no colexio Claret de Fuensanta en Valencia. Contounos a labor que están a facer non só dende a Iglesia senón no centro educativo onde dan clase de alfabetización aos inmigrantes e mesmo aos refuxiados de diferentes lugares.
Despois da charla na biblioteca, o invitamos ó noso estudio de RADIO V.I. para facerlle unha entrevista. Podedes escoitala
aquí.