Galería de fotos e vídeos |
O alumnado de 4º de Educación Primaria inventou un xogo para o escornabot baseado no libro que leron no plan lector: "La vuelta al mundo en 80 días"
Entre todos os equipos elaboraron unha plantilla, pasaportes e dous tipos de tarxetas: unhas con ordes e outras con preguntas sobre a lectura do libro. Se programas o escornabot cumprindo correctamente a orde terás que coller unha tarxeta de preguntas e se a respondes correctamente consegues un selo para o "pasaporte de viaxe".
No tempo de lecer ensinan a outros cursos a xogar e está a ter moito éxito, sobre todo estes días de choiva que a biblioteca ten moito movemento.
Na pestana BIBLIOTECA CREATIVA poderás ver todo o que estamos a facer cos escornabots.
Ningún comentario:
Publicar un comentario