luns, 28 de marzo de 2022

EPISODIO 5 "QUEN O ESCRIBIU?"

 Un novo episodio do Programa de Radio "Quen o escribiu?" sae publicado para desfrute de todos e todas. Desta vez escoitaremos a catro compañeiros/as de 4º de Educación Primaria. Seredes capaces de adiviñar o título e autor/a deste novo conto?

Preme na imaxe para entrar na páxina onde se ubica o audio, preme no play para reproducir, espera uns segundos a que remate a publicidade e.... a disfrutar do novo programa!


Non esquezas participar nos comentarios xusto debaixo desta publicación coa túa clase.

FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA: DESEÑO 3D

 O alumnado de 5ºB de Educación Primaria comezou a súa primeira sesión de formación en deseño 3D baixo a dirección do profe Ramón. Hoxe comezaron a familiarizarse co programa Tinkercad. Na próxima sesión será o turno do grupo de 5º A. 

Preme na imaxe para ver a Galería de fotos



FORMACIÓN BIBLIOTECA CREATIVA: CREACIÓN AUDIOVISUAL




 O alumnado de 4º de Educación Primaria recibiu un curso de formación dentro do Programa Biblioteca Creativa sobre a elaboración e creación de Booktrailers. 

Nunha primeira fase, nas clases de lingua galega e lingua castelá, formáronse os equipos de 3 ou 4 persoas, despois cada grupo escolleu un libro que leran todos e comezar a elaborar un resumo e organizar os atrezos e complementos necesarios para traer o día da creación do booktrailer.

O mércores 16 de marzo, viñeron ao noso cole dous formadores, Roi e María, expertos en creación audiovisual e os nenos e nenas de 4º aprenderon como deseñar e crear un booktrailer. Primeiro recibir on unhas instruccións teóricas no espazo creativo todos xuntos, e logo chegou o momento de porse a crear. Cada equipo preparou un guión debuxando unhas viñetas que representaban as escenas que ían gravar. Unha vez feito o boceto pasaron á acción, gravando en diferentes espazos do centro. Finalmente montaron o booktrailer coas tablets.

Deixamos aquí os enlaces á GALERÍA DE FOTOS  e os BOOKTRAILERS elaborados:










luns, 21 de marzo de 2022

EPISODIO 4 DE "QUEN O ESCRIBIU?"

 

Publicamos un novo episodio do Programa de radio "Quen o escribiu?" Nesta ocasión escoitaremos a catro alumn@s de 5º A de Educación Primaria cun novo conto. Intenta adiviñar o título e o escritor ou escritora do conto 4 e participa nos comentarios desta entrada do blog. 

DÍA DA POESÍA NA RADIO ESCOLAR

 O alumnado de 4º de Educación Primaria recita na radio escolar poemas do libro " A lo bestia" da autora Mar Benegas, actividade integrada no PDI Animalardia na Área de Lingua Castelá. 

Preme na imaxe para acceder ao Programa Poesía.


xoves, 17 de marzo de 2022

SAN VALENTÍN EN 5º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 


Polo San Valentín, os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil fixeron un intercambio de Tarxetas-piruleta cos amigos.

ACTUACIÓN DE MARIONETAS EN ED. INFANTIL

 Os profes do Departamento de Orientación, Elena e Sergio, prepararon unha pequena actuación con marionetas para traballar as emocións en Educación Infantil. Acudiron a todas as aulas para representar a obra titulada "Palito y las emociones". Que atentos estiveron todos e todas escoitando a historia!




mércores, 16 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA

 Os alumnos e alumnas de 4º Primaria redactaron noticias para a radio escolar do cole. Primeiro traballaron as partes da noticia na área de Lingua castelá e logo elaboraron diferentes noticias acontecidas no cole para gravar finalmente na radio. Podedes escoitar os audios na nosa canle de NOTICIAS V.I.




GLOSARIO FEMINISTA

O alumnado de 6º A elaborou un Glosario feminista en forma de estrela polo Día da Muller (8 de Marzo). Deixamos aquí o enlace ao documento onde podedes ver o Glosario ao completo.

Preme a imaxe para ver o traballo


martes, 15 de marzo de 2022

VIDEO E FOTOS DA CELEBRACIÓN DO ENTROIDO 2022

 Recén saído do forno, publicamos o vídeo que resume as actuacións do venres de Entroido no Valle-Inclán. Os disfraces elaborados están relacionados co proxecto desde curso: Animalardia. Temos que agredecer as familias a súa implicación na elaboración dos disfraces de Educación Infantil cuxa temática foi os "Animais de conto". 

En Educación Primaria os disfraces foron elaborados polo alumnado nas súas clases e puidemos ver desfilar as vacas cachenas de 1º, as galiñas de Mos de 2º, as centolas de 3º, os ghatiños mecos de 4º, estrelas, medusas e acuarios de 5º e os mariñeiros de 6º.

Despois houbo bailes e actuacións de comparsas dalgúns grupos. Disfrutade do vídeo!


Tamén podedes ver as fotos de grupo que fixemos antes do desfile no seguinte enlace:

venres, 11 de marzo de 2022

EPISODIO 3 DE: QUEN O ESCRIBIU?

 


Preme na imaxe para escoitar o terceiro episodio do programa: Quen o escribiu? 
Os nenos e nenas de 5º B danos a solución do conto do episodio 2 e lanzan un novo reto, un anaco dun conto moi divertido. Seguro que desta vez o adiviñades todos. Participa facendo os teus comentarios!

TEATRO CON MARIONETAS

 O grupo de voluntarios de 6ºB segue cos ensaios da obra Quen quere ao lobo feroz? nos tempos de lecer dos venres. Desta vez fixeron unhas marionetas con fieltro dos personaxes da historia e están a ensaiar co teatrillo que temos na biblio. Esperamos publicar o primeiro acto da obra para o Día do Teatro, así que estade moi atentos as publicacións do blog.



SAÍDA AO OBSERVATORIO DE AVES

A finais do mes de Febreiro, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou a actividade de avistamento de aves que o centro organiza cada ano grazas a colaboración do Concello de O Grove e SEO.

Primeiro recibiron a charla informativa no recuncho creativo onde temos agora a pantalla de proxección e os profesionais da SEO entregáronos unhas guías e unhas revistas que serviron de apoio a actividade de campo no observatorio sito preto do colexio. Alí intentaron identificar as aves e fixeron fichas cos nomes e debuxos delas.

Preme na imaxe para ver a galería de fotos


xoves, 10 de marzo de 2022

GAÑADORES DO CERTAME DE DEBUXO DO LOGO DO PDI

 

Para crear o Logo do Proxecto Documental Integrado deste curso escolar o Equipo de Biblioteca escolleu dous debuxos de entre todos os participantes no Certame coa intención de combinalos e crear un único logo. Os escollidos foron o debuxo do caracol de Maruxa de 2º Primaria e as letras realizadas por Miguel de 6ºA de Primaria. Grazas a todos por participar!

Presentamos o logo que representa o noso PDI Animalardia: