venres, 28 de febreiro de 2020

FORMACIÓN DE USUARIOS 1º PRIMARIA

GALERÍA DE FOTOS

Hoxe realizamos unha nova sesión de formación de usuarios cos primeiros de Educación Primaria. 
Previamente se lles explica a colocación dos libros nos andeis e despois o poñemos en práctica cun xogo por equipos.
A dinámica consistiu en atopar as etiquetas correctas nos andeis para colocar os libros seleccionados. O equipo que o lograba en menos tempo gañaba o xogo. Na galería podedes ver algunhas fotos e vídeos.


xoves, 27 de febreiro de 2020

CURSO MATES DIVERTIDAS E CREATIVAS


Os profes participamos neste curso escolar en moitos cursos de formación. 
A semana pasada tocaba clase de matemáticas, pero nada que ver coas mates tradicionais.... 
Resultou unha tarde divertida e amena onde algúns profes ademais de aprender novas formas de ensinar as mates o pasaron realmente ben.

martes, 18 de febreiro de 2020

MANDADIÑO DO MÉRCORES

O mércores lembraremos a 
Rosalía de Castro na escola,
e unha imaxe dela
pegaremos na camisola.

(A camisola será a do proxecto de Ardia2020 que cada neno e nena ten do país que representa nas nosas olimpiadas. A pegatina de Rosalía de Castro repartirana o Equipo de Dinamización da Lingua Galega)

luns, 17 de febreiro de 2020

QUÉ É O AMOR?



O alumnado de 2º de Educación Primaria nos explica que é o amor. 
O día 14 de Febreiro, día de San Valentín, os nenos e nenas de 2º atoparon unha chea de corazóns feitos con cartolina enriba das súas mesas. Por equipos tiveron que construir unha oración interrogativa agochada tras os corazóns. Tratábase da pregunta: Que é o amor?
Algúns valentes animáronse a contestar, falouse do sentimento en sí e das diferentes maneiras de querer. 

Logo responderon á pregunta por escrito nuns pos-it de cores que finalmente colocaron na parede da aula en forma de corazón.  Remataron esta divertida dinámica coa visualización do conto dixital co mesmo título.



MANDADIÑO DO MARTES

E mañá martes
poremos unha coroa de loureiro
 por ser moitas veces o primeiro.

Aquí vos deixamos algunhas ideas...



sábado, 15 de febreiro de 2020

MANDADIÑO DO MECO


O luns comezamos a semana dos mandadiños do meco. Este curso escolar estarán relacionados co proxecto Ardia 2020 así que xa podedes ir preparando a vosa medalla para traer o primeiro día. 

Se premes na imaxe atoparás moitas formas de facer a túa medalla.

martes, 11 de febreiro de 2020

NOVO EXEMPLAR DO XORNAL O PAPAGAIO


Xa se repartiron os novos exemplares de O Papagaio do mes de Febreiro nas clases de Primaria. Tamén tedes dous exemplares nos recunchos das familias. 

luns, 10 de febreiro de 2020

AUDIOLIBROS POLA PAZ

Os axudantes de biblioteca gravaron na radio audiolibros dos contos que leron en Educación Infantil polo día da Paz. Preme na imaxe para acceder á nosa canle de RADIO V. I.

RECURSOS PARA O ENTROIDO


Os axudantes de biblio xa colocaron os libros para o Entroido no seu expositor. Algúns xa foron emprestados así date prisa se queres levar algún para levar a túa casa.

Podes atopar máis recursos na pestana adicada ao Entroido. Ademais podes coller ideas para os disfraces deste ano relacionados co proxecto Ardia 2020 no taboleiro de Pinterest.

xoves, 6 de febreiro de 2020

RETOMAMOS REUNIÓNS DO CLUB DE LECTURA


Despois da actuación de teatro, retomamos as reunións do club de lectura para comezar unha nova actividade. Hoxe reunímonos para falar e opinar sobre o último libro lido: Cerrado por fantasmas da colección Familia a la fuga da autora Ana Campoy. 

Toda a información sobre o club de lectura aquí.

mércores, 5 de febreiro de 2020

A BIBLIO NO TEMPO DE LECER

Aprendemos xogando no tempo de lecer.





Aínda que as pantallas dos ordenadores e as tablets son as ferramentas preferidas para xogar... estes últimos días imos descubrindo que os xogos de mesa seguen sendo super divertidos e xogamos todos xuntos: grandes e pequenos.

luns, 3 de febreiro de 2020

MÁIS SESIÓNS DE FORMACIÓN

Os mestres estamos a facer varios cursos de formación, o mércores pasado reúnimos co director do Instituto de Meaño para recibir a nosa primeira sesión no curso de Aproveitamento dos espazos.
O noso obxectivo é seguir na liña de traballo por proxectos e o emprego de metodoloxías activas nas que o alumnado sexa protagonista e estea rodeado de espazos e ferramentas axeitadas a súa idade e intereses. Axiña veremos os resultados do emprego da nosa nova aula maker.