xoves, 30 de novembro de 2017

PARTICIPAMOS NAS VIII XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

Os días 1 e 2 de Decembro celébranse as VIII Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia no Palacio de Congresos en Santiago de Compostela. 
Este ano chamáronos da Asesoría de Bibliotecas para presentar os nosos proxectos  o sábado día 2 ás 11:45 h. Consulta o programa e non dubides en vir a vernos. Aseguramos que a presentación será fantástica. 




SELECCIONADOS PARA O PROXECTO RADIO NA BIBLIO

No mes de Outubro saía publicada a Convocatoria para participar nun proxecto piloto chamado "Radio na biblio" e como no noso centro xa tíñamos pensado facelo dentro das actividades do novo proxecto Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía. o Claustro do centro decidiu solicitalo.

No mes de Novembro recibimos a nova de seren uns dos 20 centros de Galicia seleccionados. Estamos entusiasmados e impacientes por empezar a formarnos para levar a cabo a actividade, mercar os medios técnicos e empezar a grabar.


CONTACONTOS E TEATRO POLO 25 N

O mércores día 29 leváronse a cabo diferentes actividades na biblio para celebrar o 25 N: Día internacional contra a violencia de xénero.

Na segunda sesión da mañá chegaban os máis pequenos do cole, o alumnado de Educación Infantil á nosa biblioteca para escoitar uns "Contacontos". As profes do equipo de Biblioteca, Yoli e Noe, tíñalles preparado unha sorpresiña: o conto de "Arturo e Clementina" e o conto "A cor violeta dos pulpos". Despois dos contos houbo opinións moi diversas sobre o trato que debemos ter cara aos demáis.

Na hora do plan lector, o alumnado de 4º actúo para todos os compañeiros e compañeiras dos cursos de 1º a 4º de Educación Primaria a obra "Déjame en paz" que trata o tema do acoso con un texto rimado e divertido. 




venres, 24 de novembro de 2017

PROGRAMA E RECURSOS PARA O 25 N


Xa temos na entrada á biblioteca os expositores cos libros para traballar a conmemoración do 25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Se queres atopar máis recursos visita a nosa pestana adicada a este día: 25N VIOLENCIA DE XÉNERO.

PROGRAMA DE ACTIVIDADES: 
O martes día 28 despois do lecer cantaremos todos xuntos no patio unha canción que preparou a profe de música titulada "Experimenta coa túa vida" .

O mércores día 29 na segunda sesión da mañá o alumnado de Educación Infantil recibirá a visita de dúas mestras "Contacontos" do equipo de Biblioteca. Escoitarán o conto de Artur e Clementina e o conto A cor violeta dos pulpos.
Tamén o mércores pero despois do lecer, o alumnado de 4º representará a obra de teatro "Déjame en paz" na biblioteca para todo o alumnado de 1º a 4º de Educación Primaria.



sábado, 18 de novembro de 2017

RECURSOS DÍA DA INFANCIA


Xa está na entrada á biblioteca o expositor cos libros seleccionados para o Día da Infancia (20 de Novembro). Para máis información podes premer na pestana 20N INFANCIA.

Este ano celebraremos por terceira vez consecutiva a carreira solidaria SAVE THE CHILDREN. O martes día 21, despois do lecer, comezarán as carreiras no patio. Animamos a toda a comunidade educativa a participar como patrocinadores dos corredores.

Nos seguintes enlaces podedes ver os vídeos dos cursos pasados.


mércores, 8 de novembro de 2017

RECURSOS PARA O MAGOSTO

Xa está a vosa disposición na entrada á biblioteca o expositor cos libros relacionados coa celebración do Magosto que o equipo de axudantes de sexto estivo seleccionando durante esta semana.


Recordar que na pestana MAGOSTO  podedes atopar moitos máis recursos.

Ademais, o martes día 14 celebraremos esta festa todos xuntos no patio coa degustación das castañas primeramente e despois faremos unha chea de xogos tradicionais. Preme na imaxe para ver as instrucións dos mesmos.



martes, 7 de novembro de 2017

"CONTACONTOS POR UN DÍA" SAMAÍN 2017

E un ano mais as familias prestáronse para levar a cabo a semana dos "Contacontos por un día" na etapa de Educación Infantil.
Dende o día 26 ata o 31 de Outubro, varias nais acudiron ao noso centro para contarlles  contos de medo aos seus fillos. Ao finalizar os contos, os nenos e nenas entregaron as súas mamás uns diplomas cunhas apertas moi emotivas.









 










BUSCA E SELECCIÓN DE INFORMACIÓN

O alumnado de 3º de Educación Primaria acudiron á biblioteca na procura de información para o seu proxecto sobre a Lúa. O equipo de biblioteca seleccionou os fondos bibliográficos e os protagonistas desta investigación fixeron unha filtración da información recabada. Para saber mais sobre esta aventura visita o blog do novo proxecto: Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía.

SELECCIÓN DE FONDOS BIBLIOGRÁFICOS







INFORMACIÓN RECABADA
FILTRADO DE INFORMACIÓN

domingo, 5 de novembro de 2017

XORNADA PORTAS ABERTAS 2017



O día 3 de Novembro celebrouse a II Xornada de Portas abertas do noso centro.
Para comezar o evento nenos e nenas de 4º de Educación Primaria representaron a obra de teatro "Déjame en paz". A temática da obra era o acoso. Fixérono moi ben e o público disfrutou moito da actuación.

ver vídeo aquí


De seguido e como presentación do proxecto documental deste curso: Experimento VI: Ciencia e tecnoloxía, alumnos e alumnas de primeiro fixeron un experimento: Arroz de colorines.
 

Mentres esperabamos que os colorantes fixeran o seu efecto no arroz, pasamos a presenciar o experimento e explicación do alumnado de 5º : Densidade dos líquidos.
 
E para rematar a xornada fixemos un sorteo no que se repartiron varios agasallos entre os asistentes.