venres, 23 de decembro de 2022

GUÍA DE LECTURAS E CINE NADAL 2022

O Equipo de Biblioteca despide este primeiro trimestre publicando como todos os anos unha guía de recomendacións lectoras. Este curso vai relacionada co Proxecto Alucine así que ademáis de lecturas atoparedes nela unha selección de películas dalgúns dos libros que temos na nosa biblioteca. Esperamos que a disfrutedes e Felices Festas para tod@s!! 


Esta guía pode darvos algunha pista para resolver o reto das 12 películas. Visita o blog do PDI Alucine e participa escribindo en Comentarios.

CAMPANADAS DO VALLE-INCLÁN E FESTA FIN DE TRIMESTRE

 Para rematar a mañá do día 22 de Decembro, todo o cole celebrou a festa das campanadas no ximnasio. Dous representantes de 6º de Ed. Primaria leron o discurso de despedida deste ano 2022 que elaboraron coa axuda do Equipo de Biblioteca reúnindo nel as ideas e sentimentos que nos transmitiron os nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.

A continuación se escoitaron as campanadas e comimos cada un de nós 12 gusanitos.

Para rematar a festa cantamos e bailamos unha canción baixo a dirección do mestre Bruno e o acompañamento de guitarra do mestre Gael.

Preme na imaxe para ver o álbum de fotos e vídeos


VISITA DE PAPÁ NOEL

 Como todos os anos, o último día de clase antes das vacacións de Nadal tivemos a visita de Papá Noel. Primeiro visitou os cursos dos máis pequenos e logo subiu ata a primeira planta para ver aos máis maiores.



mércores, 21 de decembro de 2022

XOGO DE ESCAPE POLO NADAL

 Dende o venres día 16 de Decembro todos os cursos participaron na busca do Papá Noel desaparecido. Seguindo unhas pistas e resolvendo probas todos os cursos conseguiron descubrir que lle pasara a Papá Noel e que por fin está de novo na súa casa lendo todas as cartas que lle escribimos.

As diferentes probas estiveron adaptadas aos diferentes ciclos. Aquí vos deixamos a Galería de Fotos dalgúns grupos e o vídeo das imaxes que captaron estes últimos días as cámaras de seguridade do cole desvelando o paradero de Papá Noel.

Preme na imaxe




martes, 20 de decembro de 2022

PANEL DAS EMOCIÓNS

 


O alumnado dende 3º a 6º de Ed. Primaria realizou no último obradoiro das emocións un panel onde representan as emocións que sinten nese momento. Ademais fixeron tamén un blob tree, test creado polo psicólogo Pip Wilson experto no campo da formación e o desenvolvemento da intelixencia emocional. O blob tree é unha ferramenta psicoterapeútica que consiste en identificarnos mediante a linguaxe corporal cun ou varios dos debuxos da árbore que representan emocións ou situacións sociais. Deste xeito o blob representará como nos vemos a nós mesmos e onde nos gustaría estar na árbore.

PROXECTO DE AULA CORPO HUMANO (3ª FASE)

 


O alumnado de 4º A remata o seu proxecto de aula sobre o corpo humano compartindo o que investigaron cos nenos e nenas de 6º de Ed. Infantil. Agora son verdadeiros expertos deste tema. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

luns, 19 de decembro de 2022

ACTIVIDADES POLO DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

Na semana do 5 ao 9 de Decembro o Departamento de Orientación dirixido polo mestre Sergio reservou un tempo para falar co alumnado de Ed. Primaria sobre a discapacidade. Aproveitando o PDI Alucine proxectouxe a curta "Lo incorrecto. Una nueva mirada hacia la discapacidad".

O mundo está cheo de persoas, animais e cousas... e non hai ningunha igual. Quizais sexa isto o que o fai tan bonito. Entre todas as diferencias, hai algunhas que fan que cada persoa sexa única. Entender a discapacidade é sinxelo cando somos capaces de identificar en nós mesmos aquelas tarefas que nos supoñen máis esforzo e dificultade para levalas a cabo. Todos temos capacidades diferentes. Nas persoas con discapaciade é igual que nas demais persoas só que en aspectos que dificultan algunhas tarefas básicas da súa vida: a forma de ver, falar, entender, comunicar, camiñar... pero no resto somos igual ca ti. (Diferentes, Guía ilustrada sobre a diversidade e a discapacidade. Fundación ADECCO).

Enlace á curtametraxe:



Por outra banda, o alumnado de Educación infantil fixo unha actividade na que, cos ollos tapados e con axuda
dun compañeiro, debían recorrer un circuíto con obstáculos.


Na pestana adicada a esta conmemoración podedes atopar recursos seleccionados polo Equipo de Biblioteca e as actividades que se fixeron nos anos anteriores.



venres, 16 de decembro de 2022

UNHA MALETA MISTERIOSA

 


Hoxe atopamos no corredor da planta baixa esta maleta. Ten unha nota que di: Se a Papá Noel queres atopar, esta maleta non te atreverás a tocar. 

xoves, 15 de decembro de 2022

ACTIVIDADES REVITALIZA

 


O venres 2 de decembro os cursos de 4º e 5º de Educación Primaria recibimos a visita de
Marcelo e Abel, do Plan Revitaliza.
O alumnado de 4º fixo a actividade de “Microcompostaxe na aula”. Primeiro déronnos una
explicación do proceso, da importancia e beneficios da compostaxe. A continuación
construímos un minicomposteiro que nos deixaron na aula.

Co curso de 5º a actividade xirou ao redor do PH do solo. Con ela aprendemos que a terra das
hortas sexa fértil precisa gran cantidade de nutrintes (Nitróxeno, potasio, Calcio...). os cales
conseguimos mediante a compostaxe. Tamén fomos comprobar o PH da terra da nosa horta
(que resultou moi rica en nutrintes) e revisar o estado do noso composteiro.


NOVA DE ÚLTIMA HORA: DESAPARECEU PAPANOEL

 


No día de onte apareceron misteriosamente estes avisos por todo o cole. Non sabemos moito do tema pero estamos moi preocupados e desexando atopar a Papa Noel. Atentos por se aparecen máis pistas!

venres, 9 de decembro de 2022

EXPOSICIÓNS DE TRABALLOS

 


Outro grupo que estivo traballando contidos científicos en galego foi o curso de 6º B de Educación Primaria. Realizaron murais sobre o aparello respiratorio e logo fixeron e gravaron as exposicións na biblioteca. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

PODCASTS CIENTÍFICAS GALEGAS

 

Galería de fotos

Durante o mes de Novembro, foron varios cursos os que realizaron traballos de investigación relacionados coa Ciencia. Hoxe imos contarvos o que fixeron os alumnos e alumnas de 5º de Educación Primaria. O Equipo de Biblioteca propúxolles investigar sobre científicas galegas.
Na primeira sesión estiveron buscando na sala dos libros informativos e nos ordenadores, seleccionaron a información e prepararon o guión para o programa de radio Aprende con Nós.
Nas seguintes sesións foron por quendas a gravar ó estudio de radio.
O resultado foi o seguinte podcast:


mércores, 7 de decembro de 2022

VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

 


O equipo de axudantes voluntarios de Biblioteca de 5º e 6º de Ed. Primaria non paran de facer tarefas nos tempos de lecer: axudar aos pequenos no uso dos ordenadores e nas tablets, lerlles contos, facer representacións coas marionetas, buscar e colocar libros. Ultimamente non paran de selar libros colaborando no rexistro e catalogación das últimas novidades.

CONCURSO CON BUENA LETRA

 A alumna Noa de 4º de Educación Primaria presentou no pasado mes este estupendo traballo no 7º Concurso Con buena Letra. Esperamos que teña moita sorte!




luns, 5 de decembro de 2022

venres, 2 de decembro de 2022

PROXECTO DE AULA CORPO HUMANO EN 4º (SEGUNDA PARTE)

 As rapazas e rapaces de 4º A continúan a investigar sobre o corpo humano. Facendo uso dos marabillosos libros da biblioteca, tarxetas Montessori, vídeos de Happy Learning, "Érase unha vez o corpo humano"... Murais informativos son fontes das que obtemos tamén a información.

Sabiades que existe un sistema chamado nefrourinario? Sabiades que as encimas actúan no noso estómago para desfacer a comida? Credes que é posible que unha lesión no cerebro nos faga confudir unha muller cun sombreiro? E todo o que nos queda por descubrir... 

Seguiremos informando porque que haberá máis sobre este proxecto de aula tan chulo. 



xoves, 1 de decembro de 2022

ACTIVIDADES DO CLUB DE BIBLIOTECA CREATIVA


XOGOS STEM

Alumnado de 6º de Educación Primaria está a participar no Club de Biblioteca Creativa, que se leva a cabo cada 15 días na nosa biblioteca. A principios de curso repasaron os seus coñecementos de programación e diseño 3D que fixeran o curso pasado e fixeron regletas para os nenos e nenas de Ed. Infantil. 
Logo aprenderon a manexar a máquina de chapas e fixeron unha chea delas co logo do PDI Alucine . 
Agora están a construír pequenos robots para crear algo moi especial... Estade atentos as súas actividades porque non paran de traballar estes voluntarios.

Impresión 3D

Elaboración de chapas ALUCINE

Entrega de regletas a 6º de Ed. Infantil