sábado, 28 de marzo de 2020

DÍA DO TEATRO

O 27 de Marzo celébrase o Día Mundial do teatro.
Nós seguimos ofrecendo os recursos que podemos dende a nosa "bibliocasa" co obxectivo de que sigades conectados dalgunha maneira co cole e coa cultura.

Deixamos estes vídeos que explica como facer marionetas con papel. A ver se alguén se anima a facelas e xogar con elas, inventar historias ou o que queirades. Para calquera consulta ou se queredes compartir con nós o que facedes, podedes escribirnos ao correo biblio@vinclan.com 

 

Tamén vos deixamos os enlaces das obras de teatro realizadas polo Club de lectura. 
Seguro que vos divertiredes véndoas en familia.

AS LARANXAS MÁIS LARANXAS DE TODAS AS LARANXAS

RESTAURANTE FARRUCO




luns, 23 de marzo de 2020

DÍA DA POESÍA "EU QUEDO NA CASA"

Bo día familias:
O Equipo de biblioteca anima a tod@s a participar e compartir tempos divertidos e seguir en contacto nestes días a través do blog de tarefas e os diferentes blogs do cole.

O día 21 de Marzo foi o Día Mundial da Poesía e temos varias propostas que facervos.
Os que queirades podedes mandar un poema inventado, un audio ou un vídeo onde recitedes algún poema sexa inventado ou non.
Para facer o vídeo podedes difrazarvos ou ambientar o espazo onde gravades.

Recursos en rede:


Publicaremos neste blog o que nos enviedes ao seguinte correo:
biblio@vinclan.com


Aquí vos deixamos o enlace a un poema que recitaron os alumnos e alumnas de 2º de Ed. Primaria do curso pasado que agora están xa en 3º e é que perfecto para este días de inicio da Primavera.


Para escoitar máis podedes entrar en RADIO VI. (Nos programas POESÍA e Audiolibros VI atoparedes máis audios de poesía)




venres, 13 de marzo de 2020

ACTIVIDADE DE 1º POLO DÍA DA MULLER

Hai un mes aproximadamente chegou dende a Secretaría Xeral da Igualdade, materiais para traballar no 8 de Marzo.
O Equipo de biblioteca distribuíu os contos dos Bolechas en Educación Infantil e nos cursos de 1º e 2º de Primaria. Ademais repartimos tamén uns cadernos de actividades para o alumnado de 1º xunto co material de apoio para os mestres. 
O resto dos niveis que estean interesados poden lelo neste enlace: Bolechas pola Igualdade.



xoves, 12 de marzo de 2020

FORMACIÓN DE RADIO

O alumnado de 5º de Educación Primaria participou o martes 10 de marzo nun obradoiro de radio impartido por Lucía Abarrategui e Sergio Pascual.
A través dunhas dinámicas de grupo repasáronse conceptos básicos sobre o que é facer radio ou cales son os elementos radiofónicos. Pasaron logo a crear unhas historias en equipo, con efectos de son incluídos, que cada grupo grabou como se dun programa de radio se tratase. Ao mesmo tempo, tamén todos os grupos foron pasando pola parte técnica de grabación e edición.

Galería de fotos



E pola tarde foi a quenda dos mestres que tamén participaron nun curso de formación de radio cos mesmos formadores para recordar o seu uso e darle a oportunidade ao profesorado novo de iniciarse no emprego desta ferramenta tan motivadora para o noso alumnado.
 




mércores, 11 de marzo de 2020

AS MULLERES NA VIDA DOS MÁIS PEQUERRECH@S


As mestras de Educación Infantil pediron a colaboración das familias para realizar este estupenda actividade polo Día da Muller. O alumnado levou para casa unha ficha onde poñer unha fotografía dalgunha muller da súa familia que fora importante para el@s e cubrir cos seus datos e os traballos que desempeñan ou desempeñaron na súa vida laboral. 
Galería de fotos

Grazas coma sempre Familias por implicarvos nas tarefas do cole!!

martes, 10 de marzo de 2020

luns, 9 de marzo de 2020

DÍA DA MULLER

Galería de fotos

Todos os cursos dende Educación Infantil ata Primaria participaron na elaboración deste mural proposto polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega para reivindicar os dereitos das mulleres e a igualdade de oportunidades con motivo do Día da Muller.

venres, 6 de marzo de 2020

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Galería de fotos e vídeos
Onte celebramos na bibliteca o Día de Rosalía de Castro, que aínda que xa foi o 24 de Febreiro, nós o pospuxemos por coincidir coas actividades do Entroido. 
O alumnado de 6º de Educación Primaria foron os primeiros en actuar coa canción que lles ensinou a mestra de música Olga: Adiós ríos, adiós fontes.
A continuación o alumnado de 5º de Ed. Primaria recitou poemas que prepararon coas súas titoras Rosa e Cristina.
E para rematar o evento escoitamos os audios realizados na nosa Radio Escolar polo alumnado de Educación Infantil organizado polos Equipos de Biblioteca e Dinaminazación da Lingua galega:
Preme na imaxe para ver as fotos e os vídeos das actuacións.

mércores, 4 de marzo de 2020

FORMACIÓN DE USUARIOS CON 2º PRIMARIA

Galería de fotos e vídeos

Hoxe fixemos unha sesión de formación de usuarios co alumnado de 2º de Ed. Primaria.
Uns verdadeiros bibliotecarios e bibliotecarias que bateron todos os records colocando os libros nos andeis correctamente. Noraboa a tod@s!!