martes, 28 de xuño de 2022

DIARIOS DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

 E un curso escolar máis remata e outra vez recollemos as opinións que nenos, nenas e familias nos deixades nos diarios das mochilas viaxeiras. É sempre reconfortante ler as vosas suxerencias e ver os estupendos traballos que fan tanto pequenos como maiores dos libros e xogos que levades para casa da nosa biblioteca. Aquí vos deixamos a galería de fotos dalgunhas das vosas aportacións. Grazas a todos e todas por participar e implicarvos nesta actividade.

Preme na imaxe para ver os diarios


martes, 21 de xuño de 2022

Cerimonia de entrega de premios aos gañadores do Pasaporte Lector

 


Esta semana fixemos entrega dos agasallos aos premiados no Concurso do Pasaporte Lector. Noraboa a todos os que participáchedes e aos gañadores. Preme na imaxe para ver a Galería de fotos.

ÚLTIMO EPISODIO DE "QUEN O ESCRIBIU?"

 


Alumnado de 5º A de Educación Primaria gravan, editan e publican o último episodio de "Quen o escribiu?" dando a solución do nome do título e autor do conto que fixeron os nenos e nenas de 4º de Ed. Infantil (3anos). Esperamos que vos gustara este programa.
Preme na imaxe para escoitar o episodio.

luns, 20 de xuño de 2022

AXUDANTES VOLUNTARIOS DE 6º PREPARAN OS AGASALLOS DO CONCURSO

 

Os axudantes do Equipo de Biblioteca prepararon todas as mochilas cos agasallos para os gañadores do Concurso do Pasaporte Lector. Mañá remataremos a entrega de premios a todos os cursos e publicaremos as fotos da ceremonia.

sábado, 18 de xuño de 2022

CREACIÓN DE CHAPAS EN 3º PRIMARIA

 


O alumnado de 3º de Edcuación Primaria deseñaron uns debuxos con mensaxe polo Día do Medio Ambiente e logo aprenderon a facer as chapas na sala creativa. 

CONTACONTOS CLÁSICOS EN INGLÉS

 


Seguimos cos eventos de remate de curso. O venres 17, o alumnado de Primaria ao completo asistiu á sala reformada da biblioteca adicada ao mundo dos contos e a ficción. O contacontos que presenciaron en dúas quendas (4º, 5º e 6º Primaria na primeira quenda e 1º, 2º e 3º na segunda quenda) tratou sobre os contos clásicos contados e cantados en galego e inglés.

CHARLA INFORMATIVA SOBRE EDUCACIÓN SEXUAL

 


A semana pasada o alumnado de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria recibiron unhas charlas informativas sobre educación sexual. Antes das sesións pediúselles aos rapaces e rapazas que escribiran as súas inquedanzas nun papeliño que deixaron nun buzón de forma anónima. As sexólogas fixeron unha presentación na nova sala de audiovisuais e contestaron a todas as dúbidas.

venres, 17 de xuño de 2022

OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CHAPAS

 


Os axudantes voluntarios de biblioteca de 6º Ed. Primaria aprenderon a facer chapas para regalar aos gañadores do Concurso do Pasaporte Lector deste ano. Traballaron en cadea, uns recortando o logo do Proxecto AnimalArdia que tiñan impreso en varios folios, outros montando a parte posterior da chapa, outros pegando o plástico protector e por quendas aprenderon a manexar a máquina baixo a supervisión do mestre responsable desta actividade. Fixeron unha chea de chapas!

xoves, 16 de xuño de 2022

GUÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN

 

PREME NA IMAXE

CONTACONTOS MUSICAL

 No día de onte o alumnado de 6º de Educación Primaria representou para o resto do colexio a vida do autor das Letras Galegas, Florencio Delgado. O grupo de 6ºA preparou un contacontos con marionetas e cancións para relatar a vida do autor aos nenos e nenas de Ed. Infantil e os grupos de 1º e 2º de Primaria. O grupo de 6º B realizou unha representación adaptada para os de 3º, 4º e 5º de Primaria empregando diferentes instrumentos musicais.



sábado, 11 de xuño de 2022

APERTURA DA BIBLIOTECA NO TEMPO DE LECER E FORMACIÓN DE USUARIOS

 


Coas obras de ampliación e mellora case rematadas abrimos de novo a biblioteca no tempo de lecer para ensinarlles aos nenos e nenas as novas zonas e a oferta de servicios da biblioteca reformada. 
Os axudantes de 6º de Ed. Primaria foron os encargados de dar as primeiras instruccións ao alumnado de 1º, 2º e 3º que acudiron á biblioteca e supervisar o bo uso das instalacións ofrecendo axuda aos usuarios.

TAREFAS FINAIS do PDI AnimalArdia


Chegando case ao remate do curso empezamos a compartir con toda a Comunidade Educativa os diferentes traballos da fase de creación do PDI AnimalArdia. Aproveitade estes últimos días para disfrutar e aprender das creacións dos vosos compañeiros e compañeiras. 

Visita o blog de AnimalArdia para ver as tarefas finais e recordar o que foi un curso escolar moi "animolado".

Documental Stop Motion Os animais do océano (6ºA Primaria)

Sostenibilidade nos oceános e outras actividades (6ºB Primaria)

Poesía Creativa Animais mariños (5º Primaria)

Corredor-Acuario (5º e 6º Primaria)

Revista AnimalArdia (3º e 4º Primaria)

Mulleres científicas do mundo animal (3º B Primaria)

Maquetas Ecosistemas de costa (3ºA Primaria)

Territorio Galego (1º e 2º Primaria)

Lapbooks "Hasta que podamos abrazarnos" (6ºA- Infantil)

Murais Animais dos nosos contos (6ºB- Ed. Infantil)

Photocall e lapbooks Un lobo de conto   (5º Ed. Infantil)

Investigando os animais (4º Ed. Infantil)

Programa de radio Quen o escribiu? (Infantil e Primaria)

Quen quere ao Lobo Feroz? Teatro de marionetas (Axudantes de biblioteca de 6º Primaria)

Outras actividades levadas a cabo nas especialidades:

Música: O carnaval dos animais

Educación Física: Animais nos deportes

Tarefas na área de Lingua inglesa.

Departamento de orientación: AL e PT


Grazas a tod@s pola vosa dedicación que fai posible levar a cabo un proxecto documental integrado en todas as áreas de aprendizaxe.


AXUDANTES DE BIBLIO- ESCENAS DE QUEN QUERE AO LOBO FEROZ?

 


Despois de varios venres sen poder gravar por mor de diferentes causas (obras, excursións...) os axudantes de biblio volveron ao espazo creativo para seguir gravando máis escenas da obra Quen quere ao lobo feroz?
Neste enlace accedes á pestana do blog de ANIMALARIDIA  onde están todas as escenas publicadas.

venres, 3 de xuño de 2022

Selección de libros para o DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 


Xa temos novo expositor montado polos axudantes de biblioteca de 6º Primaria. Para traballar o Día do Medio Ambiente que se celebra o 5 de Xuño, os voluntarios seleccionaron da sala de libros informativos todos os que tedes neste expositor na entrada á biblioteca. No noso boletín do Medio Ambiente en KOHA atoparás estes e moitos outros coa súa reseña.
Tamén podes consultar a pestana deste blog que adicamos a esta conmemoración e onde atoparás moitas ideas para celebrar este día e unha bitácora actualizada das actividades feitas ata o momento.

VISITANDO O ACUARIO CREADO POR 5º E 6º PRIMARIA

 


O alumnado de todo o cole disfruta do acuacio de AnimalArdia montado polos maiores do cole (5º e 6º de Ed. Primaria) Preme na imaxe para ver o vídeo onde os máis pequenos bucean para atravesar o acuario.

mércores, 1 de xuño de 2022

EPISODIO 13 QUEN O ESCRIBIU?

 

Preme na imaxe para escoitar o audio


E rematamos o Programa de radio "Quen o escribiu?" coa participación da clase de 3 anos. (4º de Ed. Infantil) Seredes capaces de adiviñar o conto? A semana próxima daremos todos os resultados. Participa escribindo nos comentarios!